Atracar un banco é delito. Atracar unha caixa non, coa única condición de que se faga ao grande e cun lexislador obediente á beira. Pode parecer unha brincadeira pero, poñendo a un lado toda a farrapada seudotécnica, é o que estamos vivendo en directo.
Cunha firmeza digna de mellor causa, o Goberno Zapatero acaba de aprobar o decreto lei que pon as condicións leoninas necesarias para forzar ás caixas a autoliquidarse, bancarizarse e entregarse a fondos de investimento e bancos españois ou foráneos.
Por se algunha fora quen de cumprir os requisitos para seguir sendo caixa, impónselle unha ratio de capital básico do 10% que a sitúa en inferioridade de condicións para competir coa banca, con menor capacidade de crédito e menores marxes. É o golpe de graza ao sistema de caixas e, polo tanto, ao que elas representan en canto a patrimonio colectivo da comunidade de orixe, proximidade financeira e crediticia para pemes, particulares e obra social. No noso caso supón entregar, grosso modo, nin máis nin menos que o 50% do noso sistema financeiro, a metade do aforro e do crédito que move o país. É a aurícula e ventrículo dereito do corazón que activa o noso sistema sanguíneo. Coa particularidade de que, mesmo que de xeito imperfecto e mellorable, é de todos nós. Por iso cómpre tentar a súa salvación, aínda que sexa na prórroga e con fondos públicos.
A súa colocación en bolsa, aínda que sexa de xeito parcial, non implica únicamente ceder unha parte do capital e beneficios a accionistas foráneos –seguramente a prezo de saldo– senón e sobre todo que conleva unha mudanza definitiva na súa lóxica de funcionamento. A lóxica de creación de beneficios para o accionista no curto prazo mudará radicalmente a ponderación de calquera outro compromiso, sexa co desenvolvemento do territorio sexa social. Se estes foron cuestionabeis nos últimos anos tamén é certo que eran opinábeis e reorientábeis; o escenario da bancarización deixará en fora de xogo calquera pretensión nesa dirección e –aínda que a súa plasmación se vaia producindo paseniñamente– será un proceso irreversible. Por iso non é de recibo que se aduzan problemas conxunturais e transitorios para desmantelar un modelo cunhas características e unhas potencialidades tan importantes. Especialmente nun escenario no que, fronte ao que parecen crer os ignorantes que están á fronte do Ministerio e do Goberno, o sistema financeiro terá que volver asentar cada vez máis na súa capacidade para captar aforro; e niso as caixas demostraron ser un modelo moito máis eficaz que a banca, por iso lle impoñen un colchón do 10% en vez do 8% para restarlle capacidade.
A grande incógnita é por que un goberno dito socialdemócrata se responsabiliza de desmantelar esa incrustación social-cristiana que quedaba dentro da selva financeira neoliberal. Non pode insinuarse que son Europa ou os mercados abstractos os que obrigan a dar ese paso. Son intereses ben máis concretos e próximos os que pulan ese irresponsable proceso. A grande banca española –que si ten problemas aínda que os seus medios non os ventilen– e os grandes fondos buscan tres grandes obxectivos neste lance: eliminar unha grande parte da competencia e gañar cota de mercado co que mellorar as súas posicións e valoración; apropiarse a prezo de saldo dun fabuloso capital e patrimonio social –histórico, cultural e inmobiliario e, ademais, entrar no accionariado para tomar decisións estratéxicas e facer caixa no reparto anual de beneficios.
Tamén sabemos que esta é unha das operacións de maior envergadura impulsada polo movemento neocentralista. Uns fan histrionismo antiautonomista pero uns e outros practican un silandeiro programa de desmantelamento do pouco que de substantivo podían ter as autonomías. As caixas eran –e son aínda– unha das ferramentas estatutarias con maior potencial para o desenvolmento do país. Os neocentralistas non se equivocan ao meterlles a man. Tamén é certo que nisto –coma no demais– o neocentralismo adapta a súa estratexia á correlación de forzas. Con Cataluña e País Vasco páctase –porque se dan por perdidos– pero o resto enténdese que é agra madrileña e, polo que a complicidade de Feijóo deixa ver, non se equivocan de todo. É certo que o PP participa plenamente do proceso pero tamén é certo que a responsabilidade é de quen goberna. O que raia na inmolación é Pachi Vázquez e os seus, coa súa irresponsable submisión ás decisións madrileñas, cando non caen no esperpento de reavivar outra vez a podremia localista con tal de disimular que desta Madrid róubanos a carteira e a alma.

Sem comentários:
Enviar um comentário