Discursos
- autogoberno (2)
- Banca Pública (26)
- Caixas de aforro (24)
- ciencia (3)
- Crise (79)
- Crise e conflitos de clase (62)
- Crise ecolóxica (3)
- Discursos (23)
- Economía galega (2)
- Estado do benestar (29)
- Galiza (101)
- innovación (5)
- medios de comunicación (4)
- Nacionalismo (75)
- Política europea (44)
- recentralización (1)
- Soberanía (89)
segunda-feira, 28 de outubro de 2013
terça-feira, 22 de outubro de 2013
A soidade dun traidor
O debate do estado da nación e o proxecto de orzamentos para 2014 certifican a renuncia de Feijóo a liderar un proxecto de futuro para o país. No debate vimos a súa estratexia de camuflaxe e ocultación dunha realidade que continua degradándose a pasos acelerados, con máis paro, pobreza, caída xeral do nivel de vida, recortes dos servizos públicos básicos, etc. O recital de mentiras non pode tapar as estatísticas e o que a cidadanía vive nas súas carnes día a día. Pero, o máis preocupante é ver un Presidente empecinado en seguir a mesma senda suicida que lle marca o PP estatal. Submiso a todas as consignas que lle envían de Madrid e carente de ideas e proxectos para saír da crise e levantar o país. O resultado é descorazonador: un país sen temón, sen goberno, sen compromisos de futuro e, polo tanto, sen capacidade para chegar a acordos. Porque ninguén pode dar carta branca, desde logo o BNG non o vai facer, a un goberno tan cativo, submiso a Madrid e falto de iniciativas para reactivar a economía e crear emprego. Máis aínda a súa renuncia a defender posicións esenciais para o futuro de Galiza convérteo nun verdadeiro traidor ao país. A súa submisión ao proxecto centralizador do PP está dándolle a puntilla ao xa limitado autogoberno. A súa solemne e inaudita declaración de “satisfacción porque NGB sexa o primeiro banco intervido en ser vendido” é a constatación da súa irresponsábel frivolidade e submisión aos ditados de De Guindos e da gran banca española. A súa aceptación silenciosa do recorte adicional dos recursos autonómicos e municipais en 17.470 millóns de euros para permitir máis gasto e máis déficit ao goberno central nos dous anos vindeiros significa aceptar que Madrid engorde a costa de encoller Galiza. O mesmo se deduce do seu seguimento da estratexia do PP estatal de reducir o trama autonómico do IRPF –aínda sexa modesto- ao tempo que o goberno central decidiu aumentar o tramo estatal. As contas para 2014, que en termos reais nos devolven ao ano 2002, póñenlle cifras ao empequenecemento do país. Só dentro desa estratexia de achicamento do autogoberno se pode entender a súa proposta de reducir o tamaño do Parlamento, reducindo a súa capacidade lexislativa, a pluralidade e a democracia. Que ninguén se equivoque, reducir o autogoberno é cargarse os servizos públicos que dependen del –sanidade, educación e servizos sociais- e fanar os instrumentos para impulsar o crecemento económico e o emprego no noso país.
Artigo publicado en La Voz de Galicia (co título A soidade de Feijóo)
Artigo publicado en La Voz de Galicia (co título A soidade de Feijóo)
domingo, 13 de outubro de 2013
C.Naval, Eleccións europeas (Anova,IU), debate estado da nación, propostas. Entrevista en ABC
Entrevista en ABC, domingo 13.10.2013: C.Naval, Eleccións europeas (Anova,IU), debate estado da nación, propostas.
http://www.abc.es/local-galicia/20131013/abci-entrevista-vence-201310131054.html
http://www.abc.es/local-galicia/20131013/abci-vence-feijoo-entrevista-201310131116.html
http://www.abc.es/local-galicia/20131013/abci-entrevista-vence-201310131054.html
http://www.abc.es/local-galicia/20131013/abci-vence-feijoo-entrevista-201310131116.html
Feijóo: I+D ou Q+D?
Con Feijóo a
política de I+D quedou reducida a un “Que máis Da”. Non hai máis que ver os
datos oficiais disponíbeis. Os últimos datos
publicados polo INE revelan unha caída do gasto en I+D en Galiza dun 10% entre
2009 e 2011. Uns 58 millóns de euros menos en apenas tres anos. Caída que
afecta tanto ás empresas como ás universidades. O esforzo en I+D baixou dun xa
exíguo 1,04% a un 0,93% do PIB; expresado doutro xeito, pasamos de gastar 213
euros per capita en 2008 a
192 euros en 2011. Unha merma moi considerábel, mesmo sen ter en conta o efecto
da inflación.
Os
datos do INE poñen en evidencia que o recorte do esforzo en I+D foi moito máis
intenso en Galicia que na maioría das CCAA. Como consecuencia o noso esforzo en
I+D (0,93%) retrocede e volve situarse moi lonxe da media estatal (1,33%), a
unha distancia sideral a respecto de Madrid, País Vasco ou Navarra que superan o
2%; tan só superamos a Baleares, Canarias, Murcia, Castela A Mancha e
Extremadura, os páramos da ciencia e a innovación ibérica. Nestes anos mesmo
nos adiantaron Andalucía, Aragón, Asturias e Cantabria. Iso significa, en
esencia, que ningunha outra CCAA foi tan lonxe como nós á hora de cargar na I+D
a espada da austeridade.
Isto
resulta especialmente grave e preocupante se temos en conta que Galiza está
entre o “selecto” grupo de CCAA que ten á súa disposición o Fondo Tecnolóxico
2007-2013, dotado con 300 millóns de euros concedidos pola UE e xestionado polo
CDTI, que está orientado exclusivamente para as rexións converxencia (ou
obxectivo 1), é dicir, para Galiza, Extremadura e Andalucía.
O que
acontece con este fondo é grave, por non dicir escandaloso, porque no presente
ano 2013 remata o seu período de vixencia e Galiza está desaproveitando
irresponsabelmente eses fondos únicos e estraordinarios. É -case habería que
dicir foi- unha oportunidade perdida –ou moi infraaproveitada- xusto dun fondo
que pola súa orientación podería ser clave e estratéxico para renovar a
capacidade científico-tecnolóxica e o tecido produtivo do noso país. O certo é
que ese desaproveitamento deriva tanto dunha clamorosa falla de iniciativa da
Xunta de Galicia como da súa miopía á hora de aplicar -tamén neste ámbito- unha
política de recortes que impide dispoñer do 30% necesario para cofinanciar os
proxectos que se acollen ao Fondo Tecnolóxico, como ocorre con outros fondos
europeos.
O
dobre estrangulamento da investigación
O parón e retroceso da
actividade científica nas universidades galegas ven por dúas vías diferentes.
Por un lado, a caída de recursos nas convocatorias de proxectos de
investigación e de recursos humanos e, por outro lado, a imposición dunha
insidiosa “taxa de reposición cero” que obriga a amortizar todas as prazas que
quedan vacantes por xubilación ou baixa e que afectan tanto á docencia como á
investigación. A primeira vía de retallo, o recorte das axudas, é obvio e
explícito porque se reflicte nas partidas orzamentarias correspondentes. Nestes
últimos anos caeron de xeito acelerado –máis de 500- investigadores e técnicos
de investigación de diferentes tipos de convocatorias (dos que os das
convocatorias de Parga Pondal ou Ramón y
Cajal son apenas unha punta do iceberg). Os datos máis fragmentarios dos que
podemos dispoñer neste momento indican que nos anos 2012 e 2013 prodúcese unha
deterioración aínda máis marcada, porque se van esgotando proxectos plurianuais
concedidos en anos anteriores e a Xunta de Galicia paralizou as convocatorias
de proxectos de I+D e as de persoal de apoio á investigación. Isto unido aos
considerábeis recortes dos fondos estatais está facendo que moitos
laboratorios, moitos grupos e moitos investigadores vaian esgotando os recursos
que viñan arrastrando de anos anteriores e van véndose abocados a reducir
actividade e prescindir de investigadores –ou precarizándoos aínda máis.
e
reducíronse os cadros de persoal de profesorado universitario como consecuencia
da amortización masiva das prazas de xubilados e prexubilados.
O segundo método –taxa de reposición cero- é máis
sibilino pero de consecuencias igualmente graves que se traduce nunha mingua
continua dos cadros de persoal docente e investigador. Na medida en que iso se
converte nun criterio estrutural nas universidades –ao igual que na
Administración e outros niveis de ensino medio- vai ir provocando un diezmo
progresivo do seu persoal, reducindo capacidade tanto para a investigación como
para a docencia. O ano pasado a taxa de reposición era do 10% (por cada dez
xubilacións podía crearse unha praza) pero o primeiro real decreto de axustes
do Goberno de Rajoy puxo a guillotina na “reposición cero”, criterio que de
continuar co plan de axuste anunciado diante de Bruxelas prolongarase durante
varios anos. Este proceso pode adquirir niveis realmente estranguladores se
temos en conta que, por razóns históricas, unha grande parte do persoal das
universidades está en idades próximas á xubilación e non poderá ser remprazado
por seiva nova. Especialmente na Universidade de Santiago, porque as outras
dúas universidades ao ser máis novas teñen un persoal algo máis xove.
A
reducción do orzamento para as universidades, en xeral, e para investigación,
en particular, foi moi intensa nos últimos exercicios, facendo que algunhas das
convocatorias de axudas anuais non chegaran xa a publicarse. Ao tempo, o peche
de exercicio en 2011 e 2012 deixaron moitos dos recursos orzamentados sen
executar.
Recortan futuro
Máis
alá das cifras compre facer algunha reflexión para entender até que punto os recortes
en investigación son un moi mal negocio para o país. É o mellor exemplo de como
a falsa virtude da austeridade pode ser un pecado mortal que leva o país á
condena por largo tempo.
O
investimento en investigación e en formación das novas xeracións é un tipo de
gasto moi particular non só pola importancia do seu impacto a curto prazo e por
ser crucial para o futuro do país, senón por ser un proceso de creación de
recursos e capacidades que se extende ao largo dun lapso de tempo moi
prolongado, de xeito que a interrupción dese proceso non só ten efectos inmediatos
senón que corta unha secuencia que destrue todo o esforzo feito até entón. A
creación de ciencia é o mesmo que a creación de investigadores de xeito que
cando cortamos a carreira dun investigador destruímos un potencial e, ademais,
estragamos o esforzo feito para formalo e para dotalo de medios e para apoiar a
súa actividade investigadora até ese momento.
Compre,
polo tanto, tomar as decisións non a cegas senón priorizando as áreas que
poidan responder a necesidades da sociedade, do tecido produtivo realmente
existente no país, daquelas nas que haxa apostas estratéxicas claras e sólidas
de cara ao futuro ou daquelas nas que haxa necesidades docentes futuras nas
propias universidades ou noutros centros de investigación.
Salvo
para aqueles que renuncien ao futuro e á dignidade, para todos os demais isto
non pode seguir así. Non é só cousa da crise, é o fracaso dun modelo e, se non
hai reacción para preservar o construído, mellorando tamén a xestión, en poucos
anos corremos o risco de ter universidades que non só non melloran senón que
non serán nin a sombra do que hoxe son.
Gastos internos totais en I+D (miles de euros correntes).
Galiza. Fonte: INE
Total
|
Sector empresas (1)
|
Sector Administración Pública
|
Sector Ensino Superior (2)
|
||
2001
|
240265
|
67186
|
37114
|
135965
|
|
2002
|
293195
|
113415
|
..
|
179780
|
|
2003
|
338446
|
135562
|
41010
|
161874
|
|
2004
|
366290
|
137692
|
58584
|
170014
|
|
2005
|
405196
|
176035
|
63976
|
165185
|
|
2006
|
449522
|
198290
|
75306
|
175926
|
|
2007
|
555626
|
307668
|
72879
|
175078
|
|
2008
|
584213
|
281033
|
77511
|
225669
|
|
2009
|
524125
|
232792
|
84926
|
206407
|
|
2010
|
531601
|
239588
|
84742
|
207271
|
|
2011
|
526471
|
254781
|
..
|
195454
|
Publicado no suplemento AFONDO de Sermos Galiza (10.11.2013)
Subscrever:
Mensagens (Atom)