Discursos
- autogoberno (2)
- Banca Pública (26)
- Caixas de aforro (24)
- ciencia (3)
- Crise (79)
- Crise e conflitos de clase (62)
- Crise ecolóxica (3)
- Discursos (23)
- Economía galega (2)
- Estado do benestar (29)
- Galiza (101)
- innovación (5)
- medios de comunicación (4)
- Nacionalismo (75)
- Política europea (44)
- recentralización (1)
- Soberanía (89)
sexta-feira, 30 de março de 2012
29-M, a gran inflexión
O clamoroso éxito
da Folga Xeral en Galiza e no estado español marca un punto de inflexión no estado
de ánimo da maioría social. O desconcerto e a resignación ante unha sucesión de
medidas presentadas como sacrificios inevitábeis para saír da crise van abrindo
paso á sospeita de ter sido vítimas dunha estratexia equivocada ou mesmo
deliberadamente enganosa. O medo a desconfiar das medidas oficiais vai abrindo paso
ao medo a un abismo real de paro prolongado e privacións.
quinta-feira, 22 de março de 2012
Fusións locais: un plan serio ou só barullo político?
Que dúbida cabe que
a Administración local precisa un repaso e non só por causa da crise económica
e os apuros orzamentarios. A revisión da estrutura e xeografía da
administración local é algo que moitos, en particular desde o nacionalismo,
levamos demandando desde hai moito tempo. Sobre todo pola necesidade de
racionalizala, poñer ao día unha estrutura que ven do século XIX e que estaba
feita desde a perspectiva dun estado centralista e nunhas circuntancias en que
o tipo e cantidade de servizos públicos prestados non ten nada que ver cos de
hoxe en día. E tamén porque mudou radicalmente a distribución territorial da
poboación e o habitat no noso país. O fulminante abandono do rural interior e
os procesos de urbanización e periurbanización concentrada na faixa atlántica
(nunha franxa de 20 km a cada lado da autostrada e das autovías está hoxe máis
do 85% da poboación do país) son hoxe unha realidade tan dramática como
insoslaiábel.
Subscrever:
Mensagens (Atom)