Discursos
- autogoberno (2)
- Banca Pública (26)
- Caixas de aforro (24)
- ciencia (3)
- Crise (79)
- Crise e conflitos de clase (62)
- Crise ecolóxica (3)
- Discursos (23)
- Economía galega (2)
- Estado do benestar (29)
- Galiza (101)
- innovación (5)
- medios de comunicación (4)
- Nacionalismo (75)
- Política europea (44)
- recentralización (1)
- Soberanía (89)
Mostrar mensagens com a etiqueta Política europea. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Política europea. Mostrar todas as mensagens
domingo, 1 de março de 2015
sábado, 31 de janeiro de 2015
Sete anos de vacas fracas. Que facer para que non sexan outros sete?
Sete anos de vacas fracas. Que facer para que non sexan
outros sete?
(Véspera
do aniversario do nacemento de Castelao en Rianxo un 30 de xaneiro de 1886, fai
129 anos)
Bos días a todos e a todas e
moitas grazas por asistir a esta charla-coloquio organizada, unha vez máis,
polo Forum Europa Tribuna Galiza.
Vou aproveitar a miña
intervención para facer unha radiografía de como vemos a situación do país
desde o BNG e cales son as nosas alternativas para frear o devalo actual e
aproveitar as nosas potencialidades. Tratarei de convencelos de que
Galiza é un país con futuro pero hai que construilo e facelo sobre outros
alicerces.
Levamos sete anos de profunda
crise. Pero non se cumpre aquí o ciclo bíblico de sete anos de fames e sete
anos de abundancia. Tal como se formulan as cousas desde o establisment podemos
ter outros sete anos máis de vacas fracas.
Postos a empezar mentando as
regras económicas do “libro de libros” habería que recoñecer que tampouco se
respecta o precepto do “ano sabático” que, entre outras cousas, obrigaba á
“remisión das débedas” cada sete anos, tal como establecía o Deuteronomio.
No mundo de hoxendía as cousas
son diferentes.
Aquí levamos en crise 7 anos,
con políticas centradas en salvar e rescatar as finanzas especulativas e as grandes
empresas a costa do empobrecemeno da maioría da sociedade: levaron a ruína a
milleiros de pequenas empresas, traballador@s e autónom@s; espoliaron @s
contribuíntes medios co aumento do IVE, IBI, IRPF, impostos especiais;
aumentaron os prezos dos bens básicos como enerxía e transportes; reduciron os
salarios, a capacidade de compra, o nivel de vida medio e a calidade dos
servizos públicos. De feito hoxe o Estado Español é o segundo país máis
desigual da UE.
Estamos nun mundo certamente
moi asimétrico, moi desigual. Para as familias non hai “remisión de débedas”
nin reestruturación, hai execución de hipotecas, desafiuzamentos e condena á
indixencia de miles de familias que quedarán de por vida coa lousa das débedas
impagábeis. Pola contra, hai uns seres especiais que son os grandes financeiros
e especuladores que fixeron da débeda o seu negocio e aos que non só lles
aplicamos a graza dun ano sabático senón que levan sete anos seguidos de ano
sabático, de condonacións. Levamos rescatándoos 7 anos e pretenden que sigamos
rescatándoos de por vida
E non é unha metáfora, é unha
realidade, porque as súas débedas son agora débedas de todos nós a 10-15 anos
vista.
Liberámolos a eles das súas
débedas ao tempo que nós nos escravizamos.
Somos reféns da gran finanza
endebedada que conseguiu aquilo que dicia Bertolt Brecht: “un home que ten
débedas realmente grandes inspira respeto. Xa non é el só o que treme polo seu
creto; tamén tremen os seus acreedores. Hai que arrimalo aos grandes negocios
para evitar que sucumba á desesperación... ese home convértese nunha potencia”.
Iso que Brecht escribía n’Os negocios do
señor Xulio César, permítenos de paso ver os paralelismos de tres momentos
históricos nos que as montañas de débedas dinamitaron o sistema: a caída da
república romana, a crise do capitalismo liberal dos anos 30 -cando empeza a
novela- e a crise actual do neoliberalismo.
Hoxe non imos facer historia,
imos acercarnos ao presente, pero farémolo cunha perspectiva alonxada do
curtopracismo que domina o discurso económico e político actual.
Para os que mandan todo o seu
afán parece reducirse a ir matando as malas noticias cun “barullo” de datos
mensuais ou trimestrais, comparacións trucadas mesturadas con previsións que
nunca se cumpren, etc etc que só teñen como fin atordoar a xente.
Eu propóñovos ver os cambios
con perspectiva de longo prazo. Non se trata só de onde estamos senón de cara a
onde imos.
Hoxe xa temos claro que a
crise non foi só un estourido da burbulla inmobiliaria senón que é o resultado
dun modelo neoliberal dominado polas finanzas e crecentemente desigual.
Que leva ocorrendo ao longo
destes 7 anos de crise?: pois paradoxalmente non unha reconsideración crítica
dese modelo senón que o que estamos vivindo en directo é unha acelerada
radicalización do neoliberalismo. Non de recuperación de nada senón de tránsito
cara unha versión máis descarnada do capitalismo, pilotado, iso si, polos
mesmos que nos trouxeron até aquí: as finanzas globais.
O proxecto de radicalización
neoliberal xa levou por diante moitas conquistas, pero de continuar por máis
tempo, como pretenden, levará por diante moitas conquistas de civilización e
devolveranos a unha sociedade de miseria, violencia e gobernos autoritarios.
O que está pasando non nos
colleu desprevenidos a algúns economistas. Permitídeme un pequeno exercicio de
inmodestia.
No 2005 eu publicara un libro
que se titula O fracaso neoliberal na
Galiza e o seu contido foi por desgraza premonitorio. Ao estourar a crise,
en 2008, escribin que o neoliberalismo só podía manterse se a poboación
aceptaba un empobrecemento dun 30-40% (e cara aí imos). No 2011 publiquei Crise e radicalización neoliberal onde
destripaba todos os pasos que se ían dando nesa dirección e as consecuencias
desastrosas que traerían.
O pior é que, como xa dicía
daquela, a pesar dese sacrificio social e humano de proporcións históricas, o
modelo neoliberal non funcionará porque é inviábel e chegou ao seu límite: con
máis diñeiro ficticio dos Bancos Centrais e máis débeda non hai gran futuro.
Non son pouc@s @s economistas
crític@s que levan tempo falando do estancamento
do capitalismo e mesmo do seu colapso. Agora empeza a haber economistas
oficiais, próximos a Wall Street, como Larry Summers ou Robert Gordon etc que
falan dun horizonte de “estancamento secular” (secular stagnation). Máis pedagóxica, a literatura acompaña, con ese libro de George Packer que leva por
título The Undwindding, que nos ofrece unha estarrecente reportaxe da desfeita
da sociedade americana.
Non hai recuperación nin a vai haber: horizonte de
estancamento secular
Porén, @s predicador@s
ideolóxicos e os políticos cómplices están a outra cousa. Instalados na miopía
do curto prazo tentan manter amansada a
poboación.
Empecemos, pois, polo curto
prazo. Vexamos brevemente que está pasando no último ano?
Aproveitando unha leve
melloría dos mercados de débeda, derivada da primeira gran inxección de 1
billón de Euros do BCE desde 2012, o goberno leva uns meses lanzando as
campanas ao vóo cunha suposta recuperación no estado español. Máis aínda,
pretende atribuírse o mérito da mesma.
Quixera deixar claras tres
cousas. A primeira, unha melloría puntual con esas bases non significa unha
verdadeira recuperación económica e saída da crise; segundo, a melloría
circunscríbese sobre todo aos balances da banca e as rendas financeiras,
rescatadas con recursos públicos (uns 180 mil millóns) e tsunami de liquidez
monetaria do BCE, pero vai acompañada de destrución de capacidade produtiva e
emprego, empobrecemento e desigualdades (se algún de vós participa en certos
fondos de investimento pode estar sacando rentabilidades astronómicas dun 20,
un 50 ou mesmo dun 100%, pero a maioría da poboación perde e moitos caen na
privación até facernos o segundo país máis desigual da UE); e terceiro, o que cun
certo rigor se poida dicir do Estado español, non pode afirmarse nin de lonxe
de Galiza, que segue no rodopío do devalo económico e demográfico.
Unha cousa é evidente: Se
houbera recuperación non faría falta tal despregue de medios para pregoala.
Porque atordoan a poboación co
salmo da recuperación, da saída da crise?
Saben que a desesperación da
xente xa non pode agardar máis e pode estourar en calquera momento.
Teñen que acalmar os ánimos
con recorrentes promesas de recuperación.
En realidade cómpre recordar
que levan así desde o segundo ano da crise. Dende que en 2009 Zapatero empezara
a falar dos “brotes verdes”, non pararon de soar as trompetas da recuperación.
Cada ano anunciábase o seu advenimento. A verdadeira miragre sempre chegaría o
ano seguinte.
Pero bon, o que si cabe dicir
é que a nivel de estado freouse a pendente de caída e o PIB mostra signo
positivo que pode alcanzar o 1,2% no conxunto de 2014. Coa caída da factura
petroleira, o tsunami monetario e a mellora da prima de risco e as condicións
do financiamento, a conxuntura mellora algo pero non porque haxa crecemento da
base produtiva ou porque resultase eficaz algunha política do goberno, as
chamadas “reformas”, senón porque o BCE decidiu darlle a manivela da liquidez a
esgalla para os bancos desde 2012, co tipo de xuro a 0,05% e tamén porque os
conflitos xeopolíticos levan a tirar a baixa os prezos do petróleo.
Pero, aínda asi, iso non
garante un crecemento a medio prazo e a economía non tira en Europa; por iso
xogan a última carta do BCE con esta nova bomba de 1,1 billón de euros
ficticios que acaban de aprobar para inundar os mercados a partir de xaneiro de
2015 até 2017. Pero tampouco esa bomba monetaria resolverá os problemas da
economía produtiva, que é o verdadeiro miolo do problema e cuxo mal está na
falta de mercados solventes, mercados que, pola contra, está perdendo aqui e en
Europa como consecuencia da liberalización e o empobrecemento. Ese é o
verdadeiro problema para o futuro, a produción de bens e servizos en condicións
rendíbeis que é a que crea emprego e sostén os ingresos públicos.
Pois ben, o problema é que en
Galiza a situación é moito máis delicada aínda; non hai agora recuperación de
verdade, nin vai habela, pero é que nin sequera chega a melloría conxuntural.
Porque non a hai?
Parémonos un chisco en Galiza.
O PIB en Galiza é hoxe un 7%
menor que no ano 2008 e os datos dos últimos trimestres apenas mostran un paso
do signo negativo da recesión para un signo positivo, pero son tan baixos
(+0,4%) que só revelan o estancamento económico. Apenas se move a demanda de
consumo (+0,5%), non hai investimento (+0,2%).
Caen as exportacións e a
produción industrial, aumenta o déficit exterior outra vez.
A cifra de negocios da
industria caeu en 2014 un 3,2%.
O noso agro e a nosa pesca
esmorecen estrangulados por prezos de oligopolios e por cotas que limitan a
produción.
Iso si, recupéranse os bancos
con cartos públicos (uns 185.000 Millóns), reínflase a especulación cos
rescates e o diñeiro regalado do BCE (1 billón ao 0,25%) .
Así apenas se crea emprego, e
o pouco que se crea é ultraprecario, con salarios de miseria. O 16,5% dos
empregos son semanais. A tempo parcial, por días no terciario e na construción
con salarios por debaixo do salario mínimo, pero abondosos en horas, mesmo
superando a xornada laboral legal ou de convenio.
As pequenas e medianas
empresas que producen para as grandes ou que son subcontratadas sofren un
estrangulamento nos prezos que acaba cos marxes de negocio e mesmo obriga por
veces a traballar a perdas para ter carga de traballo.
O certo é que en Galiza
estamos en mínimos históricos. Movémonos arredor de 1 millón de ocupados, menos
que hai 30 anos. Desde fins de 2008 hai 196.000 ocupados menos, un 16,5% menos.
Nos 4 últimos meses segueu aumentando o paro ao tempo que no resto do estado se
freou .
A afiliación á SS caeu no mes
de decembro en 13.088 persoas (cos datos a 31 de decembro).
O máis grave en termos
tendenciais é que non só perdemos ocupados senón que perdemos poboación activa:
unas 19.000, que emigran fóra do país. Sería irresponsábel ocultar as
consecuencias dramáticas deste feito para o futuro económico e demográfico de
Galiza. Afonda o círculo vicioso de declieve que é preciso romper con urxencia.
Claro que hai diferenza de
pulso entre Galiza e o resto do estado, e iso hai que poñelo no debe do
centralismo e de Feijóo, do seu entreguismo obediente a Madrid (“Galicia non é
un problema para España”), do seu radicalismo neoliberal campión dos recortes e
no feito reiterado de que as políticas que se aplican desde Madrid, con toda a
paixón recentralizadora penalizan e pexan moi particularmente a nosa economía.
Recortes asimétricos do déficit, balanza fiscal negativa para Galiza, negocio
dos lobys madrileños co noso orzamento…
Por que non a vai haber recuparación?
Non hai futuro
se no canto de corrixir as eivas profundas que a crise puxo ao descuberto o que
fan é impulsar un “capitalismo confiscatorio” para tapar os buratos d@s
auténtic@s responsábeis co suor, sufrimento e espolio das vítimas:
traballador@s, contribuíntes, usuari@s e aforrador@s (ou @s emigrantes
retornad@s).
Pero… é que
noso caso, no caso de Galiza, ademais dun ultraliberalismo inviábel, sufrimos
tamén o efecto do centralismo madrileño.
Aos problemas xerais deste
modelo engádense estes problemas estruturais e diferenciais do noso país é o
que parecen incapaces de entender e recoñecer tantos as dereitas como as
esquerdas españolas.
Centralismo
que pretende seguir espremendo o noso aforro e a nosa fiscalidade para encher o
burato da súa débeda: 180.000 millóns do rescate bancario e da burbulla
(Bankia, Sareb; avais,…); 38.000 millóns da débeda das empresas de defensa;
28.000 do déficit tarifario; 5.000 millóns das autopistas radiais madrileñas;
AENA (cos 6.000 millóns da T4)…
Porque
pretenden seguir someténdonos a unhas relacións de intercambio inxustas, con
prezos de auténtica colonia: baixos para o que producimos (leite, carne, peixe,
electricidade, madeira, etc) e altos para o que consumimos (tarifa eléctrica
común, gasoil-gasolina, tren, transporte aéreo, peaxes elevadísimos para a nosa
conexión interna, etc).
A nosa
industria, a nosa agricultura e os servizos soportan uns custes de
electricidade e de transporte que pexan a competitividade, o que fai
especialmente difícil saír adiante cando a competencia é tan desigual.
Co noso
mercado dominado pola súa gran distribución comercial oligopólica é difícil dar
saída en condicións randíbeis á nosa produción primaria e reter as rendas das
marxes comerciais.
Así non hai
maneira de saír do burato.
E naquilo que
podemos levantar cabeza deseguida nos poñen novos atrancos, vetos,
reconversións forzosas, limitacións a produción, cotas leiteiras e pesqueiras,
supertaxas, etc.
O resultado é
paro, emigración e devalo demográfico.
O futuro é
realmente negro e hai que facer algo, temos que facer algo. Non podemos
resignarnos a que todas a conquistan se veñan abaixo.
Pero, entón, hai solución?
Si, claro que hai. Non é sinxela. Pero haina.
O primeiro requisito é ter claro o tipo de
país e de sociedade que queremos porque do contrario, como dicía Séneca, “non
hai ventos favorábeis para quen non sabe a onde quere ir”. Polo menos hai que
ter claro o que non queremos. O que non queremos é este escenario de
empobrecemento cara o que pretenden levarnos.
Para darlle a volta a todo isto precisamos un
proxecto. Galiza precisa que o proxecto do nacionalismo avance na sociedade e
avance electoralmente.
Empezando polo
máis sinxelo.
Hai que romper
de inmediato coas políticas de recortes e apostar con decisión por políticas
expansivas de gasto, non gasto improdutivo ou ineficiente, pero si investimento
en recursos de futuro: investigación, innovación, educación, servizos públicos
avanzados…
O investimento
e os empregos creados en todas esas actividades terán a doble virtude de crear
riqueza de cara o futuro e de actuar tamén como factor dinamizador da demanda a
curto prazo, esencial para reactivar o sector privado, en particular das PEMES
industriais, comerciais e dos servizos.
Claro que ese
incremento de gasto hai que financialo. E como facelo?.
Hai que mudar
o actual marco de financiamento autonómico que está estrangulando as nosas
contas públicas. Sendo unha das CCAA de menor nivel de renda per capita resulta
que estamos a ter unha balanza fiscal negativa. Precisamos soberanía
financeira, recadar nós os tributos todos e ter plena capacidade normativa.
Hai que
aumentar ingresos e iso pode facerse con impostos ás grandes rendas -en
particular as rendas financeiras- e as grandes fortunas.
Queremos que o
aforro e as ganancias empresariais se invistan aquí e non nos paraísos da
evasión fiscal ou na especulación financeira global. Queremos que os moi ricos,
as grandes fortunas e as grandes empresas paguen impostos, paguen aquí e paguen
máis para contribuír a financiar un gasto público que dinamice o investimento e
a demanda, un gasto público que financie bos servizos públicos e un orzamento
público redistribuidor que reduza as desigualdades insoportábeis e a pobreza
galopante.
Velaí un dato
que por si só di todo: Galiza recadou polo Imposto de Patrimonio en 2013 278
mil de euros, é dicir nada!. Pero se as 9 maiores fortunas galegas pagasen
realmente polo seu Patrimonio total (57.500 M €, equivalente ao noso PIB) as
nosas contas públicas serían outras completamente diferentes. Só cos 9 grandes
poderiamos facer cousas ben grandes en educación, sanidade educación, loita
contra a exclusión, cantos tratamentos contra a hepatite C, canto persoal máis
para Urxencias!!
Claro está que
para conseguir iso que parece tan sensato precisamos soberanía fiscal e
políticas fiscais progresivas.
Dito isto
tamén quero insistir en que a proposta do BNG non é só aumentar o gasto
público, tamén creemos que hai ámbitos onde se pode reducir gasto socialmente
innecesario. E sobre todo propoñemos un gran paquete de aforro suprimindo parte
deses 6 niveis administrativos que resultan caros, ineficientes e fonte
distorsións. Por iso propñemos suprimir as Deputación Provinciais e as
delegacións do Coberno Central e a propia dimensión dese Goberno Central. Aí si
que poderiamos conseguir aforros significativos e melloras da eficiencia, pero
para iso temos ir na dirección inversa á que hoxe están promovendo desde o PP e
as forzas recentralizadoras.
E, sobre todo,
temos que mudar as políticas:
Non podemos
ver estragados os nosos recursos por imposicións miopes ou intereseiras de
Bruxelas ou de Madrid como ocorre co cerco, co xeito, ou como ocorre tamén no
agro ou no naval.
Non podemos
aceptar que os nosos recursos naturais, os eléctricos ou o aforro emigren sen
crear riqueza no país.
Temos que
investir en novas actividades, baseadas tamén no coñecemento e na innovación.
Cunha estratexia de especialización intelixente –de verdade e non ese
“powerpoint” feito pola Xunta- centrada sobre todo na diversificación a partir
daquilo no que temos vantaxes, experiencia acumulada, capacidade comercial,
etc. Non se trata de apuntarse nun papel á última moda dos gurús estrela do
momento, non se trata de crear bonsais artificiais que logo consumen todo o
noso esforzo sen deixar de ser un eterno bonsai. Trátase sobre todo de
incorporar coñecemento, diversificar bens ou servizos ao redor daquelas
actividades ou sectores nos que temos unha base produtiva, tecnolóxica e
investigadora minimamente sólida.
Compre
investir en talento e aproveitalo produtivamente. Abandonar a retórica e ir aos
feitos.
Non podemos
aceptar esa política miope de recortes que está estragando os esforzos de I+D
última década. Nos primeiros catro anos de Feijóo retrocedemos a un nivel de
esforzo de I+D do 0,86% do PIB, un retroceso dunha década, 1.500 investigadores
(en Equivalencia de Xornada Completa, realmente son moitas máis persoas)
expulsados do sistema e nulas espectativas para a maioría dos que permanecen.
Cómpre volver poñer a I+D e a innovación nos orzamentos e non só nos discursos.
Indo un paso
máis alá. É preciso un novo modelo de inserción na economía internacional,
tanto no relativo ás finanzas como ao comercio internacional. Ese cambio de
marco regulatorio require, sen dúbida, soberanía e vontade de exercela nesta
dirección.
Para poñer a
banca ao servizo da economía produtiva necesitamos Banca Pública Galega e outra
regulación.
Para frear a
desindustrialización e recuperar a industria precisamos frear a liberalización
. Desde logo temos que impedir a ameaza que supón o TTIP que se negocia na
trastenda entre a UE e EEUU.
O ciclo da
hiperglobalización, da globalización neoliberal trouxo esta situación de
profunda crise estrutural que non ten solución nese marco. A hiperglobalización
é insostíbel económicamente e insoportábel socialmente. Pouco a pouco van
abríndose camiño outras opcións para reconstruír os equilibrios básicos. Iso
devolve ao centro da escea a cuestión da soberanía dos países, como vén facendo
Latinoamérica desde hai unha década e como afirma Grecia desde este domingo.
Dun xeito ou doutro, que nunca será idéntico a como foi noutros períodos no
pasado, pero a soberanía será o concepto arredor do que xirará o novo
paradigma.
Noutra
dimensión e dado que o noso problema máis agudo e evidente é o emprego resulta
necesaria unha reflexión adicional sobre o impacto das novas tecnoloxías e, en
particular, do dixitalismo, sobre o traballo na sociedade que vén. Na era
dixital mudan moitos aspectos da vida das persoas, das relacións entre elas, o
tipo de bens e servizos que consumimos e a forma en que os consumimos.
Todo iso
obriga a pensar novas formas de traballo pero tamén a xestionar socialmente a
reducción de postos de traballo e do tempo de traballo global.
Está claro que
cómpre abordar unha estratexia de reparto do traballo cohesionador, que garanta
a inclusión laboral e social e que contribúa a unha sociedade máis igualitaria.
Iso é posíbel pero require un cambio de paradigma.
Ao mesmo tempo
cómpre abrir novo nichos de actividade que creen novos empregos. Exemplos
claros no noso caso serían todos os ligados a calidade, en particular a
calidade alimentaria sustantiva (non a das etiquetaxes), con produción de
alimentos sanos, saudábeis, ecolóxicos, que poden crear novos empregos e mellor
calidade de vida (aínda que implique menor produtividade); actividades
vencelladas ao coidado e aproveitamento do medio ambiente en parámetros de
sustentabilidade; investigación; creación cultural propia; ocio de relación
social, etc.
Nese novo
paradigma guiado pola sustentabilidade vai de seu a reducción do gasto en
transporte (moi intensivo en enerxía fósil) e adquiren preeminencia os
criterios de producción local (alimentaria, servizos, etc) En Francia os
circuitos curtos de comercialización representan o 21% dos ingresos das
explotacións, aqui apenas un marxinal 0,05%. De igual xeito, cómpre pensar na
producción e consumo local da enerxía (renovábeis); comercio local e de
proximidade (modelo urbano compacto e evitando fuga de rendas da intermediación).
En todos eses
eidos os nosos concellos teñen un
papel moi activo a desempeñar. Alí onde gobernamos xa estamos facendo cousas e
seguiremos facendo máis se a reforma local mutiladora e centralizadora do PP
non o impide.
En síntese,
soberanía enerxética, soberanía alimentar, soberanía financeira son principios
orientadores de futuro, que enchen de contido práctico a nosa aposta pola
soberanía política.
E non falei de
corrupción, porque a corrupción é un cancro asociado a unha sociedade en
descomposición. Feijóo dí que “Imos ser a rexión máis transparente de Europa”:
si, cos bolsillos limpos e baleira de xente!
É non falei da
débeda. Porque en realidade o problema da débeda non se arranxará se non hai
crecemento económico e creación de rendas.
Por todo o dito
afirmo que no marco actual e coas políticas actuais non hai recuperación
posíbel nin saída da crise, por moito que a maquinaria da propaganda mentirán
do PP español e de Feijóo pretenda atordarnos.
Pero, amigas e amigos, hai
saída, hai alternativa.
Non vou dicir que o que vos
propoño sexa fácil ou sexa para mañán. Pero ese é o norte e canto máis nos
aproximemos nesa dirección mellor nos irá.
Por todo iso é polo que afirmo
que o nacionalismo, o soberanismo, é unha alternativa necesaria e non un adorno
retórico, nin unha elucubración ideolóxica nin tan sequera unha fixación
identitaria: o soberanismo é a vía práctica para ter as ferramentas que
permitan resolver os problemas concretos dos galegos e galegas, os máis
importantes no seu día a día: ter emprego, salarios dignos, ter recursos para
facer fronte ás súas necesidades vitais, ter sanidade, educación e outros
servizos públicos de calidade.
Esa é a política do posíbel
pola que tamén aposta o BNG.
E para iso queremos contar con
tod@s vós,
empezando polas preguntas que
teñades agora.
Moitas grazas
Compostela, 29 xaneiro de
2015-01-29
Xavier Vence
segunda-feira, 15 de setembro de 2014
Escocia, Catalunya, Galiza: dereito a decidir para construír o futuro
Unha pantasma recorre Europa: a vontade dos pobos de decidir por si
propios. A vontade de romper as dependencias alleas. De todas, tanto dos grandes poderes
económicos e financieros como dos estados que son o seu instrumento.
O movemento polo dereito a decidir está en 2014 no centro da axenda
política en Europa, na UE e nos arredores.
En realidade, os últimos 25 anos foron anos de remuda completa do mapa
europeo e o proceso segue en marcha.
Desde principios dos anos 90 crearonse en Europa uns 15 novos estados.
Agora, con Escocia e Cataluña, é o momento da creación de novos estados dentro
das propias fronteiras da UE.
Cada proceso soberanista tivo o seu motor, as causas e as alianzas foron
diferentes en cada caso, por veces mesmo a historia escribíuse con renglóns
tortos, pero a realidade histórica, incontrovertíbel, está aí: 15 novos
estados, en xeral pequenos e medianos, adornan hoxe o mapa europeo e están
plenamente ogullosos e decididos a preservar os dereitos conquistados.
Ese proceso segue en marcha e é imparábel, porque hoxe máis e máis pobos en
Europa queren tomar o futuro nas súas mans: Escocia, Cataluña, Euskadi,
Flandres, Valonia, Córcega e tamén Galiza.
Somos pobos con historia e sentímonos non só maiores de idade para rexer os
nosos destinos no mundo senón mesmo moito máis: sentimos que ou tomamos o
futuro nas nosas mans, baixo a nosa propia responsabilidade, ou podemos vernos
conducidos ao esmorecemento en mans de poderes alleos.
Queremos vencer o risco do esmorecemento cultural e dos nosos sinais de
identidade colectiva pero tamén queremos conxurar o risco do esmorecemento
económico e mesmo demográfico.
E, por suposto, temos plena vontade de impedir a perda de vigor democrático
das nosas institucións como consecuencia da supeditación e dependencia a
respeito de poderes alleos. Sabemos que o vigor democrático precisa de
soberanía para que as decisións populares poidan efectivizarse realmente.
Hai un telón de fondo que explica o vigor da reivindicación soberanista e
do dereito a decidir.
A Globalización e os poderes neoliberais arrasan co sistema produtivo,
destruen emprego e rompen os equilibrios básicos para soster os servizos
públicos e o benestar.
Os grandes poderes económicos e financieros instrumentalizan as grandes
institucións internacionais, o FMI, o BCE, a Comisión Europea e os grandes
estados arrasando o sistema produtivo, o emprego e os recursos de países como o
noso.
Os pobos que non nos resignamos ao esmorecemento provocado por esa
globalización reaccionamos. Reacciona Escocia, Cataluña, Euskadi, Córcega, e
reaccionamos Nós. E temos que reaxir con máis forza e con máis decisión que
nunca.
Esta crise obriga a reaxir con urxencia.
É o futuro vital como pobos o que está en xogo.
Os pobos con vontade de futuro reaccionan, reaximos.
Esa á razón do empuxe dos movementos soberanistas en toda Europa e agora en
particular dentro da UE. Esa vontade de non ser varridos pola galerna
neoliberal ou por imperialismos egoistas é o que obriga aos pobos a constuír
ferramentas para defenderse e xestionar os seus propios asuntos de xeito
soberano. Curiosamente, iso que algúns estados da UE por veces promoven fóra
das fronteiras UE non o aceptan nin respectan cando ocorre dentro.
Escocia e Catalunya son hoxe a vangarda nese movementos soberanista pero
detrás van outros moitos: Euskadi, Flandres, Valonia, Córcega e, desde logo,
irá Galiza. Porque Galiza non renuncia ao futuro.
O Estado español é un estado falido e hoxe cobran especial significado aquelas
verbas de Castelao cando lles zoupaba aquilo de “sodes uns imperialistas
fracasados”.
O Estado español nunca conseguiu os obxectivos de destruír os nosos sinais
de identidade, nin a lingua nin a cultura, aínda que o intenta e ten aquí un
exército de peóns mercenarios traballando arreo. Pero seguimos en pé, seguimos
aí. Como di a canción de Mini e Mero “seguimos estando por aquí, sempre estamos
por aquí”. As aspiracións do pobo seguen aí e o nacionalismo estamos aquí para
facelas realidade.
A reacción centralista puxo en marcha un vasto e sistemático proceso de
recentralización, do poder político e do económico, as dúas caras da mesma
moeda. É unha reacción desesperada para seguir mantendo a hexemonía madrileña,
a oligarquía española, que é esencialmente madrileña. Porque a oligarquía e a
casta teñen unha xeografía, aínda que teñan ben esparexidos os seus emisarios e
servidores.
Pero iso xa non é tolerabel. Non podemos aceptar que todas as nosas
enerxías vaian ao sumidoiro do burato negro madrileño. Non podemos aceptar o
espolio do aforro e dos recursos, da enerxía; agora tamén o espolio fiscal para
rescatar bancos, eléctricas, grandes concesionarias e construtoras. O último
son eses 4.600 millóns do estado para rescatar o despropósito das autoestradas
radiais madrileñas, ou os 3.600 millóns de creditos extraorzamentarios para
defensa nos tres últimos anos. Estes días anda o goberno Rajoy preparando de
tapadillo o rescate millonario do lobby madrileño de samesugas do orzamento
público. Pero non recatan as autoestradas crebadas madrileñas con recursos da
Comunidade de Madrid, aínda que fora a Esperanza Aguirre a que puxera en marcha
a súa construción a beneficio dos seus amigos especuladores. Pretenden
rescatalos con recursos do estado, con axudas de estado, cos nosos impostos,
actuais e a trinta anos.
Non, non estamos dispostos a decir amén.
Non podemos tolerar que ese mercenario de Feijóo diga amén a costa de
sacrificar os noso investimentos e o noso futuro. Cantos diques flotantes se
poden facer con eses 4.600 millóns?, nin máis nin menos que 46, pero négannnos
até o primeiro, que sería clave para o futuro da industria naval de Ferrolterra.
Cántos empregos na industria alimentaria, cantos empregos na promoción da
agricultura, na eólica, cantos centros de innovación, cantas camas de hospital,
etc, etc. se poderían crear?.
O pobo catalán viuno claro. Ten a decidida vontade de cortar o cordón
umbilical que alimenta o monstro madrileño. Romper definitivamente con esa
insoportable vocación hexemonista de Madrid e do Estado.
Nin a manipulación máis burda, nin a ignorancia fanática, nin a chulería do
españolismo máis rancio van poder parar o proceso catalán.
Hai dous días compartimos en directo esa inmensa maré democrática e cívica
da Diada, con esa impoñente V de Vitoria e de Vontade de Votar. Poidemos ver a
ese pobo catalán en pé, todo el, decido a avanzar pase o que pase.
Desde a pletórica xente moza até as velliñas e velliños con caiado, desde a
clase traballadora até a elite profesional, desde os nacidos en Cataluña aos
inmigrantes, desde a esquerda a dereita, todos camiñaban xuntos, co
convencimento de que unidos son imparábeis. E estou convencido que esa vontade
absolutamente maioritaria acabará alumbrando un estado catalá. Máis pronto que
tarde, dun xeito ou doutro.
Desde aquí nós partillamos os anceios do pobo catalán e os dos escoceses.
Porque os seus anceios son tamén os nosos e porque sabemos que o seu éxito
será unha Vitoria que dará folgos e ilusión para que o pobo galego avance.
Avanzaremos, recorreremos o noso propio camiño, ao ritmo que as galegas e galegos
decidan. Pero recorrerémolo, sen dúbida.
Para iso precisamos erguer a autoestima desta sociedade, a confianza nas
nosas propias forzas e capacidades. Temos que vencer o derrotismo, veña de onde
veña. Vencer os discursos cos que queren infundir inseguranza ou medo.
Precisamos organización, autoorganización. Para romper a supeditación a
forzas alleas.
Necesitamos achegar a maioría da sociedade ao proxecto soberanista.
Precisamos conquistar as institucións de autogoberno para convertelas en
aliadas do proceso. Temos que quitar de aí a ese mercenario de Feijóo, hooligan
e chulapote de barrio entregado servilmente aos lobbies de Madrid.
Desde logo, non imos tolerar que muden as regras de xogo para prevalecer
mesmo sen ter a maioría social. Non imos tolerar que recurten o Parlemento
Galego para desvalorizalo e para deturpar a representación igualitaria de toda
a cidadanía galega.
Precisamos unha organización potente e ilusionada. O BNG é hoxe o motor ilusionado
para construír o futuro para esta nación.
As Asembleas abertas son unha aposta de alcance para ensanchar a base
social do nacionalismo, para organizar esa pluralidade que busca mudar unha
realidade e que debe ter no proxecto nacionalista a ferramenta e o referente
para facelo. Teñen que ser foros para conectar coas arelas e angueiras
concretas da nosa cidadanía sometida ao empobrecemento, a precariedade, a
emigración e a loita pola supervivencia. Temos que empezar por expoñer a nosa
experiencia na xestión local e recoller as ideas e iniciativas para levar aos
concellos nas vindeiras municipais.
As leccións do proceso escocés e catalán teñen que ser ben aprendidas. Hoxe
son procesos sociais transversais pero chegouse aí grazas a anos de
autoorganización e tamén de conquista das institucións de autogoberno.
Nós saberemos facelo coas nosas receitas saídas da nosa realidade concreta,
“á moda da casa”.
Construiremos entre todos unha Galiza con futuro, con emprego e vida digna
nesta terra. Porque nós somos os do SI, si a Galiza, si ao emprego, si ao
futuro. Si ao dereito a decidir.
Viva Escocia, viva Catalunya. Viva Galiza Ceibe.
Compostela, 13 de setembro de 2014.
sábado, 30 de agosto de 2014
A Galiza que Merkel ignora
Sra Chanceler:
Vén vostede e o seu nutrido séquito pasar revista de preto e marcar as liñas mestras a un Estado fallido dentro da UE. A matraca da “marca España” vai quedando reducida a unha versión metafórica e ampliada daquela histórica “Marca Hispánica” do imperio medieval de Carlomagno. Daquela, Galiza non formaba parte da Marca Hispánica e hoxe tampoco nos aporta un marco de futuro para o noso país.
A Galiza que lle vai mostrar o sr Rajoy estes días posiblemente vai ter ben pouco que ver coa Galiza real. Nin a realidade dos galegos e galegas se corresponde con esa fantasiosa recuperación que só disfrutan os bancos, os especuladores financeiros e os grandes oligopolios do IBEX35. Nin a cidadanía deste país é tan sumisa coas decisión da troika e dos bancos como veñen sendo Rajoy e Feijóo, por iso queren mudar as regras de xogo para manter de xeito truculento o poder. A mayoría d@s galeg@s estamos abertamente en contra das políticas da troika, que tanto vostede como Rajoy defenden e impoñen con cruel desprezo do sufrimento que provocan na inmensa maioría da sociedade. As centos de miles de persoas paradas, as ultraprecarias, as falsas autónomas, as enfermas e dependentes, as estudantes sen bolsa e esa multitude nova obrigada a facer as maletas de novo, para ir maltirando na emigración, entre outros lugares nesa Alemaña que fai todo o posíbel por defender a súa industria pero que arrasa coa dos demais e tamén cos sectores primarios e o comercial, todas elas son unha acta de denuncia do súa política. Hoxe temos que recordarlle a vostede que o noso país non pode soportar máis o desbalde do noso naval, da pesca, do agro, do noso aforro.
Ben sabemos que Alemaña ten nas súas mans a batuta para marcar o ritmo da orquesta desafinada da UE e por iso non podemos acoller a Chanceler con simpatía. Pero tamén sabemos que se hai un goberno entregado ás receitas crueis e suicidas da troika ese é o do sr Rajoy.
Os galegos non podemos ignorar que as políticas de espolio da sociedade para rescatar unhas inviábeis finanzas especulativas -as españolas, as alemanas, as europeas e as americanas- están levando a unha severa pobreza actual: os recortes van acompañados de aumentos de impostos regresivos e mesmo do espolio dos aforradores. Pobreza actual que non é o preludio dunha bonanza futura senón dunha creba social aínda maior.
Máis aínda, que saiban Merkel e Rajoy que a maioría dos galegos non queremos esa UE supéditada á estratexia imperial americana en todo o mundo pero, en particular nos espazos sensíbeis que circundan Europa. E, como en todo hai graos, sentimos especial noxo –si indignación e noxo- pola sempre incondicional supeditación do Estado Español a esa estratexia imperial, en Irak, Siria, Ucraína ou en Palestina.
Vén vostede e o seu nutrido séquito pasar revista de preto e marcar as liñas mestras a un Estado fallido dentro da UE. A matraca da “marca España” vai quedando reducida a unha versión metafórica e ampliada daquela histórica “Marca Hispánica” do imperio medieval de Carlomagno. Daquela, Galiza non formaba parte da Marca Hispánica e hoxe tampoco nos aporta un marco de futuro para o noso país.
A Galiza que lle vai mostrar o sr Rajoy estes días posiblemente vai ter ben pouco que ver coa Galiza real. Nin a realidade dos galegos e galegas se corresponde con esa fantasiosa recuperación que só disfrutan os bancos, os especuladores financeiros e os grandes oligopolios do IBEX35. Nin a cidadanía deste país é tan sumisa coas decisión da troika e dos bancos como veñen sendo Rajoy e Feijóo, por iso queren mudar as regras de xogo para manter de xeito truculento o poder. A mayoría d@s galeg@s estamos abertamente en contra das políticas da troika, que tanto vostede como Rajoy defenden e impoñen con cruel desprezo do sufrimento que provocan na inmensa maioría da sociedade. As centos de miles de persoas paradas, as ultraprecarias, as falsas autónomas, as enfermas e dependentes, as estudantes sen bolsa e esa multitude nova obrigada a facer as maletas de novo, para ir maltirando na emigración, entre outros lugares nesa Alemaña que fai todo o posíbel por defender a súa industria pero que arrasa coa dos demais e tamén cos sectores primarios e o comercial, todas elas son unha acta de denuncia do súa política. Hoxe temos que recordarlle a vostede que o noso país non pode soportar máis o desbalde do noso naval, da pesca, do agro, do noso aforro.
Ben sabemos que Alemaña ten nas súas mans a batuta para marcar o ritmo da orquesta desafinada da UE e por iso non podemos acoller a Chanceler con simpatía. Pero tamén sabemos que se hai un goberno entregado ás receitas crueis e suicidas da troika ese é o do sr Rajoy.
Os galegos non podemos ignorar que as políticas de espolio da sociedade para rescatar unhas inviábeis finanzas especulativas -as españolas, as alemanas, as europeas e as americanas- están levando a unha severa pobreza actual: os recortes van acompañados de aumentos de impostos regresivos e mesmo do espolio dos aforradores. Pobreza actual que non é o preludio dunha bonanza futura senón dunha creba social aínda maior.
Máis aínda, que saiban Merkel e Rajoy que a maioría dos galegos non queremos esa UE supéditada á estratexia imperial americana en todo o mundo pero, en particular nos espazos sensíbeis que circundan Europa. E, como en todo hai graos, sentimos especial noxo –si indignación e noxo- pola sempre incondicional supeditación do Estado Español a esa estratexia imperial, en Irak, Siria, Ucraína ou en Palestina.
domingo, 25 de maio de 2014
Intervención no mitin de peche das europeas en Vigo (23.5.2014)
Amigos e amigas
de Vigo, desta cidade que como dixera Cunqueiro “naceu á beira dun verso de
Martín Codax”:
Agora que se
pecha a campaña comprobamos o que xa sabiamos, que aos que mandan neste país
non lles interesa que se fale de Europa, nin das políticas europeas, nin
tampouco das políticas de aquí. A ningún dos dous da gran coalición.
É unha guerra
sicolóxica!! É a guerra da propaganda!! É a guerra da intoxicación!!
O que lles
interesa é que a xente se rinda, que a xente aborreza todo, que a multitude que
está cabreada perda calquera esperanza de mudar as cousas.
Propaganda a
eito, sen tasa, lixo para enmerdar a vida pública e ocultar aos que, como o
BNG, somos unha incómoda alternativa.
A Falange rosa de
UPyD presentou até 4 recursos contra o BNG e a Xunta Electoral Central acordou
marxinar ao BNG na cobertura informativa dos medios públicos galegos, da Radio
e Televisión de Galicia. Deixaronnos nunha cota de 18 segundos que non da nin para dar as boas noites.
Calquera diría
que as 24 horas de RTVG están repletas de programas imprescindíbeis.
Ben sabedes que a
metade é lixo, pero é que diso se trata, de encher de lixo o tempo libre e a
cabeza da nosa xente.
Onte, falando
cunha compañeira, eu dicialle, temos que pelexar polos escasos segundos que
legamente nos corresponden por dignidade, pero que son 18 segundos do BNG ao lado
dos 1.800 segundos dos telexornais cheos de publireportaxes desvergonzados da
Xunta e do Goberno??.
100 contra 1.
Eses son os
termos da guerra: 100 contra 1. 100 contra 1. E para as estatais xa nin
existimos. É un simulacro de democracia.
Úlo dereito á
información da cidadanía??
Si desde Madrid
deciden a cobertura informativa que teñen que facer os medios públicos
autonómicos, que queda do que un día nos dician que era a autonomía?
A censura ao BNG
nos propios telexornais é a pinga que reborda o vaso, un intento de
silenciarnos pero
Non nos calarán,
non nos calarán!!!
Ao PP sóbralle
tanto tempo que Feijóo dedica máis a demonizar o BNG nun día que todo o tempo
que ten o BNG en toda a campaña.
Pero aínda así
non lles chega, non lles chega cos publireportaxes do que nun futuro será un
fantástico flotel cuxa maqueta parece que xa flota, ou dunha Ponte de Rande que
parece xa executada a ampliación....
Non, non lles
chega, teñen que empachar a xente con bazofia podre para que a xente algo sensíbel
fique na casa aborrecida,
os deles xa
sabemos que tragan con todo, para eles non hai data de caducidade!!!, coma os
iogueres de Cañete.
De feito, lévano
a el de candidato, que é máis rancio que unha morcilla do pleistoceno!
Minten todos os
días coa propaganda da imaxinaria recuperación que só se nota nas contas das
grandes fortunas e da gran banca, a costa de todos nós!!!
Feijóo minte máis
que fala, é capaz de dicir que “Galicia es el país más próspero de Europa” e
non lle cae a cara de vergoña!!
Si a mentira fose
delito estarían todos en cadea perpetua !! E haberá que pedir que se incorpore
ao Código Penal a mentira dos gobernantes.
Son mentiráns
compulsivos que teñen na mentira e na manipulación dos medios a súa arma para
dominar á xente, para narcotizar ao país e que siga votándoos aínda que iso
signifique un suicidio colectivo.
Diciao con
lucidez Manolo Rivas cando describiu a Galiza do PP dicindo que “Galicia está
suicidándose e non o sabe”.
En realidade queren “suicidala” e non o conseguen porque
este país ten fondo de granito e porque ...estamos nós.
Está o nacionalismo, está o BNG
Nós non podemos resignarnos ao esmorecemento.
O BNG non se rende!!!
Tratan de ocultar
todos os días os seus gravísmos casos de corrupción do PP na Gürtel, Barcenas,
Pokemon, abrindo a mangueira do xurro para ocultar os seus casos máis graves.
Mesmo inventaron
un suposto ingreso de Vendex nas contas do BNG, o que era un ingreso do propio
BNG
Queren enzoufar
tamén ao BNG para poder dicir que todos somos iguais
Pero os do BNG
non somos iguais!!!. Non somos iguais!!! Somos diferentes!! Nós non nos
vendemos!!!
A nosa campaña é
modesta, modestísima, obra do sacrificio de centos e centos de militantes e
simpatizantes, aos que hoxe quero agradecer o seu xeneroso esforzo:
GRAZAS!!!, sodes
o corazón deste país!!
Como dicía Uxío
Novoneira, “a forza do noso amor non pode ser inútil”.
Ao BNG non nos
van tapar, non nos van calar!!
Somos inimigos a
bater porque nós estamos aí, sempre activos, na resposta organizada día a día
contra todas as agresións da banca, contra o roubo das preferentes –batalla que
estamos gañando-, contra o atraco indigno de Montoro aos emigrantes retornados,
contra os peches delictivos de empresas, contra os oligopolios eléctricos e
enerxéticos, contra os cazadores de privatizacións corruptas, contra os
recortes irresponsábeis de Rajoy e de Feijóo
porque o BNG si
está aí, na rúa, de verdade e non coma outros aos que lles enche a boca cos
movimentos sociais!!.
E estamos nos
concellos e no parlamento plantando cara a esta dereita disposta a arrasar
todas as conquistas, todos os dereitos e o propio futuro da xente con tal de
salvar os intereses sagrados da banca especulativa e das grandes fortunas.
O BNG leva moitos
anos facendo frente a esas políticas europeas que esganan os nosos sectores
produtivos, no agro, no mar, na industria ou no comercio.
Hoxe temos na
Galiza case 300.000 parados e outros 30.000 que non contabilizan como tais pero
que tamén o son. E outras 100.000 mozas e mozos que tiveron que emigrar.
Que máis ten que
ocorrer para recoñecer que este modelo de Unión é un fracaso?
Que máis fai falta
para recoñecer que as políticas neoliberais da troika son un fracaso?
Que máis fai
falta para recoñecer que por ese camiño este país non ten futuro?
A necesidade
dunha profunda mudanza é evidente!!
Pois nós
decimoslle aos galegos e galegas que o BNG está aqui non só para responder e
manifestarnos, estamos aqui para avanzar, estamos aquí para conquistar
posicións, estamos aqui para mudar e sacar o país adiante, para termos
futuro na terra.
Ímolo facendo día
a día con rebeldía, con paciencia pero sen resignación nin derrotismo.
Por iso, para o
25 pedimos o apoio dos galegos e galegas
Para traballar
por outra Galiza e outra Europa
Hai que vencer as
forzas do retroceso, as forzas da gran coalición submisa á banca e os 30.000
lobbistas que dominan Bruxelas e Madrid, sumisa a eses 18 capitostes cos que se
reune Rajoy e cos que antes se reunía Zapatero.
Ninguén elixiu a
eses 18 plutócratas que se erixen no auténtico directorio do Estado.
Se mandan eles, a
democracia é un mero simulacro!!
Hai que poñer
coto a liberalización total do comercio e das finanzas,
hai que acabar
cos paraísos fiscais, para que o aforro se invista no país e para que poidamos
desenvolver a nosa economía produtiva e crear emprego
Hai que mudar o
Banco central Europeo para poñelo ao servizo da economía produtiva e da
sociedade
Hai que vencer ás
forzas que queren arruinar as conquistas sociais de décadas, que queren acabar
coa negociación colectiva, impoñer salarios de pobreza, cargarse a seguridade
social pública
Hai que vencer as
forzas que queren frixirnos a impostos inxustos para rescatar a banca e logo
minguar os servizos públicos, impoñer copagamentos e aínda por riba privatizar
e converter a saúde e os servizos sociais nun negocio
Hai que vencer as
forzas empeñadas en negar o noso futuro como nación soberana, para podermos un
día negociar directamente os nosos intereses
Hai que vencer as
forzas que queren negarnos e ocultarnos.
Imos derrotalos,
paso a paso
Para empezar imos
gañar o vindeiro domingo unha representación para Galiza, para o nacionalismo
galego, no Parlamento Europeo. Para defender os intereses deste país e das
nosas xentes todos os días.
Para iso
precisamos un último impulso, para levar a Ana Miranda ao Parlamento Europeo,
para que continue a brillante labor que veu realizando na última lexislatura,
ao servizo de Galiza e todos nós.
Adiante! Animade
ao voto ao BNG a todas as persoas da vosa contorna.
As daquí e as de
fóra, as que falan galego e as que non, as nacionalistas e as que non, as de
esquerdas e as que simplemente queren a este país
A todas!
Porque se o BNG
está, Galiza está!!!!
Viva Galiza ceibe!!
domingo, 27 de abril de 2014
Intervención no Encontro Nacional Eleicións Europeas do 27 abril en Compostela
Compañeiros e
compañeiras
Estes son os
nosos e as nosas!! Son os/as 19 da lista que o 25 de maio os galegos e galegas
escolleremos para zumbarlle á troika e levantar o ánimo do país.
Aquí temos o
corazón que vibra con entusiasmo para erguer a bandeira da xustiza e do futuro
na terra.
Son 19 corazóns
desa resposta organizada día a día contra todas as agresións da banca, contra
os oligopolios eléctricos e enerxéticos, contra os cazadores de privatizacións
corruptas, contra os recortes irresponsábeis de Rajoy e de Feijóo
porque o BNG si
está aí, na rúa, nos concellos e no parlamento plantando cara a esta dereita
disposta a arrasar todas as conquistas, todos os dereitos e o propio futuro da
xente con tal de salvar os intereses sagrados da banca especulativa e das
grandes fortunas.
Co BNG van as que
loitan no agro, no mar e na industria contra esas decisións que esganan os
nosos sectores produtivos, a únicas que lle coñecemos a ese Cañete bravo.
Connosco van
representados os verdadeiros movementos sociais que están na vangarda da
defensa dos intereses colectivos. A empezar polos compañeiros e compañeiras da
CIG que representan a ese sindicalismo combativo e solidario que nin se vende
nin se corrompe. Cousa que non poden dicir outros!.
Enfín, neses 19
están tamén os que loitan por unha vida digna, individual e colectiva, os que
se esforzan por producir cultura, cultura propia, cultura libre, “non serviam”
amigo Suso, amiga Isabel.
Agora veñen as
eleccións e os que levan anos arrasando con todo, os do PP e os seus amos,
acenderon os altavoces da propaganda para anunciar unha recuperación.
Falan de que si a
macro, de que si a micro, coma aquel doutor Pangloss de Voltaire. Son
falabaratos.
Non!, miren, as
cousas polo seu nome, en roman paladino, as rendas financeiras, os bancos e as
grandes fortunas están en recuperación, si, espoliando ao resto da sociedade,
aos traballadores e aos aforradores. As rendas salariais perderon 4 puntos no
PIB a beneficio das grandes fortunas.
Iso é o que eles
chaman recuperación, iso é engorde da bolla financeira coa dopaxe do diñeiro do
BCE a beneficio duns poucos e empobrecemento de todos os demais.
Úlos empregos,
úlos salarios, úla calidade dos servizos?
O barco afundiu e
petou no fondo pero non vai reflotar só. Úlos plans para crear emprego?, en que
actividades de futuro se van crear eses 300.000 empregos que precisamos en
Galiza?, en que condicións? A 600 euros e sen seguridade social?
Non teñen nin a
máis mínima proposta de futuro, nin en Europa, nin no Estado, nin aquí!! Só obscena
propaganda e cinismo a esgalla!!!
Si a mentira fose
delito estarían todos en cadea perpetua !!
Só hai cartos
para propaganda e para comprar propagandistas panglossianos!!!
E para máis
indignación tamén hai cartos para desguazar barcos, pechar explotacións e
privatizar residencias, hospitais, servizos públicos e mordidas.
E Rajoy está
contento, Feijóo está contento. Os mercenarios cumpren o seu papel.
Feijóo está feliz
recortando todo até deixar o país reducido a altura da súa cativeza.
Pero que non
esqueza que ao final Roma non paga a traidores!
A submisión é
tanta que nin sequera leva candidatos galegos nas listas do PP, iso si… para
compensar deciden anexionar o barrio madrileño de Aravaca. Que tome nota o
compañeiro Lores, ao mellor podemos aumentar a recadación!
Amigos e amigas,
As cousas están
moi mal pero se as deixamos nas mans desta xente acabaremos rematadamente mal.
A nosa vida e a da xeración moza pode acabar nunha dramática desfeita.
Ou non!!, se
somos quen de reaxir
O BNG reaxiu hai
moito tempo!
Todas e todos os
que estades aquí sodes o corazón desa Galiza que non se somete, que non se
resigna, que non acepta esmorecer, que non se entrega rendida.
Somos o corazón
afouto que confía nas nosas capacidades, que confía na nosa xente e que bombea
confianza e orgullo polo país adiante.
Temos que
convencer tamén aos nosos compatriotas que é preciso reaxir, reaxir antes de
que sexa tarde!
Temos que parar a
involución social e democrática que as finanzas e a dereita están tratando de
impoñer en Europa.
O 25 de maio os
galegos e galegas temos que zouparlle unha malleira á Troika e o seu plan de
desguace, temos que darlles un NON aos corruptos mercenarios que obedecen aos
amos económicos, a cuxa selecta corte pertencen, coma ese terratenente Cañete
ou os Millán Mon ou os que aspiran a ser admitidos nelas a través das ben
engraxadas portas xiratorias.
A nós non nos
vale esta Unión Europea. Esa Europa que estrangula a economía produtiva nin é
viábel nin o noso país pode sobrevivir nela.
Nós non queremos
vernos condenados ao paro pola desaparición dos nosos sectores produtivos, nós
non queremos ser pobres escravizados por esa débeda ilexítima, polo espolio o
noso aforro e pola evasión de impostos fuxindo cara paraísos fiscais.
Pero o 25 M non
só queremos darlles un sopapo ao PP e á troika, o BNG pon, ademais, enriba da
mesa unha alternativa: para romper de verdade coa hiperglobalización neoliberal
é preciso conquistar soberanía para poder controlar minimamente os fluxos
económicos esenciais e só así poderemos ter ferramentas para poñer en marcha
políticas de esquerda. A soberanía é unha precondición esencial para garantir o
futuro do país, o futuro digno para a nosa xente, a ferramenta para poder crear
emprego e manter unha calidade de vida digna.
Outros parecen
perden o “norte” falando de baleiras alianzas dos pobos do sur ou buscando a
redención na pasarela madrileña.
O noso norte está
aquí e na colaboración con todos os que loitan contra a globalización.
Aplicando un
internacionalismo responsábel e solidario, colaborando con todos os que
compartimos ese norte. Por iso organizamos aquí hai dous meses, neste mesmo
local, a XII Asemblea das 40 organización europeas que conforman a ALE. E por
iso traballamos man con man no Parlamento Europeo coa ALE, cos Verdes e tamén
coa Esquerda Europea para parar os plans máis reaccionarios desa “grosse
koalition” de facto que forman o PP europeo, os liberais e gran parte dos mal
chamados socialdemócratas, que en realidade son apenas social-liberais.
Eses que agora
veñen pedir o voto poñendo como mérito que son os maioritarios, os que queren
mandar de novo: vaia mérito!!, así nos vai!
Da man desa
“grosse koalition” os poderes económicos están querendo voltar ao século XIX,
desigual e pobre, sen sindicatos nin negociación colectiva.
Unha democracia
liberal decimonónica, a tempo parcial, de fin de semana, teledirixida polos centros de poder
tecnocrático e autoritario centralizado, privando a vontade popular de decidir
sobre os asuntos esenciais da vida económica e social.
Pero, iso si,
queren dominarnos coas ferramentas do século XXI, co control absoluto da
información para adoutrinar, meter medo e negar ou invisibilizar as
alternativas, coa espionaxe masiva desde o grande poder imperial
americano. Pero que dignidade queda en
Europa?, que democracia é esa?, así queren dominar os negocios e mesmo
manipular os movementos políticos e sociais en todo o mundo.
A nós non nos
vale esta Unión Europea que está cada vez máis sometida e submisa á estratexia
americana. Esta Europa na que as grandes decisións as toma o FMI, Goldman Sachs
e o Pentágono, é dicir América, se acaso coa complicidade desa Alemania que
aspira ao IV Reich e os peóns que ambos comparten no Banco Central Europeo. Iso
é a Troika, e os homes de negro.
Quen está
negociando ese Tratado Trasatlántico de Libre Comercio e Investimentos entre a
UE e EEUU na máis absoluta nocturnidade. Que están negociando, para qué, a
beneficio de quen?
Nós non queremos
esa Unión Europea de aventuras imperiais e das guerras, como en Ucraína.
Nós queremos
outra Europa e iso empeza pola soberanía, para construír unha Europa dos pobos,
solidaria e democrática. Por iso a nosa coalición se chama “os pobos deciden”
Por iso o 25 de
Maio queremos que Galiza lle zumbe unha malleira na urnas á Troika.
O dia 25, temos
que conseguir que os galegos e galegas de corazón voten co corazón e coa
cabeza, polo futuro, polo dereito a traballar e vivir na propia terra e para
facelo con dignidade e en democracia.
É vital para o
proxecto nacional, é vital para a xente, é vital para o BNG.
Hai que mobilizar
a todo o mundo. Temos que vencer o desprestixio dereitista da política.
Co BNG, con Ana,
esta nación estará con voz propia, directa e sen intermediarios no Parlamento
Europeo para defender outra Galiza noutra Europa.
Avante Galiza
Avante BNG
Xavier Vence
Portavoz Nacional
BNG
terça-feira, 18 de março de 2014
segunda-feira, 3 de março de 2014
domingo, 16 de fevereiro de 2014
Tempo de autodeterminación-ALE
Amigos e amigas
das 40 organizacións nacionalistas participantes na XII Asemblea xeral da
Alianza Libre Europea,
Compañeiras,
compañeiros
Quero empezar agradecendo
aos 150 compañeiros e compañeiras chegadas das diferentes nacións sen estado de
Europa pola súa compañía estes tres días de reflexión e de convivio. Tanto as
organizacións políticas como as súas organización da mocidade, semente desa
Europa nova pola que batallamos todas e todos os que aquí estamos.
Estes días
partillados son importantes para consolidar esa rede de solidariedade
imprescindíbel entre todos o pobos negados de Europa, entre todas as nacións
sen estado, que reclamamos o noso pleno recoñecemento como suxeitos políticos
na escena internacional.
O avance de cada
un de nós depende do impulso dos nosos respectivos pobos.
Agora ben, cada
avance dun pobo europeo cara a soberanía constitúe un estímulo e un impulso
para todos os demais. De cada experiencia aprendemos todos. Os actuais camiños
percorridos por Escocia ou Catalunya cara os seus referendos son un laboratorio
no que todos aprendemos. A complexa e complicada construción dun estado novo no
marco europeo por vías totalmente pacíficas é un fantástico proceso social,
político e institucional, tanto cara dentro como de cara a comunidade
internacional.
Neste ano as
experiencias de Escocia e Catalunya son un estímulo para todos as nacións sen
estado de Europa. Desde aquí desexámoslles éxito no respectivos referendos. O
de Escocia está convocado. No caso de Catalunya temos que sumar todas as voces
dos demócratas para esixir ao Estado Español que respecte o dereito a celebrar
o referendum con todas as garantías.
O dereito a
decidir é un dereito democrático que non pode ser negado por ningún demócrata
europeo. Porén, o estado español e outros estados europeos negan o seu
exercicio. Tamén a Comisión Europea e o seu presidente conservador, sr Barroso,
actúan como cancerberos dos estados negacionistas.
Por iso é moi
importante que unamos as nosas voces para reclamar unha Europa que recoñeza na
práctica o dereito de autodeterminación.
En maio temos eleccións
ao Parlamento Europeo. Temos que conseguir unha potente representación das
nosas forzas no Parlamento Europeo para avanzar cara unha Europa dos Pobos e converter
o dereito a decidir nun principio institucional básico.
Temos que camiñar
cara unha nova arquitectura europea.
Este ano temos
unha oportunidade para empezar a construír outra Europa.
Desde logo, o BNG
aspira a unha representación potente e directa de Galiza en Europa da man da nosa
eurodeputada Ana Miranda. Temos que levar alí a voz da nosa nación, dos nosos
sectores produtivos destrozados por políticas europeas e españolas inxustas.
Das experiencias
Escocesa e Catalana, pero tamén da flamenca ou a vasca aprendemos que os pasos
cara a autodeterminación requiren a previa
conquista das institucións de autogoberno polas forzas nacionalistas. Desde
elas construímos a nación política e preparamos o país para a soberanía.
Moitos de nós
temos, polo tanto, a prioridade de acadar unha maioría social e política que
permita ese escenario.
Temos que facelo
a partir dos problemas que preocupan a maioría social.
Esta crise económica, social e institucional
que estamos vivindo é unha oportunidade para as opcións soberanistas.
O fracaso dunha UE neoliberal, dominada
polos mercado liberalizados e desregulados, evidencia a necesidade de
instrumentos de regulación e políticas que preserven as condicións de
desenvolvemento e benestar de cada territorio.
O fracaso de certos estados, como o
español, que está nunha fuga cara adiante que o conduce a implosión
centralista, é unha oportunidade para as nacións para afirmarse.
Non só para as nacións ricas, apoiadas en argumentos
de transferencias fiscais, senón tamén para as nacións menos ricas, como Galiza, que precisan instrumentos
políticos para impulsar a súa economía produtiva e o emprego que eviten a
desertización demográfica, a emigración masiva e o brain drain.
Desde logo o centralismo e a dereita conservadora do PP
non ten un proxecto de futuro para o noso país. Só ten como meta colaborar de
xeito submiso no proceso recentralizador do PP estatal.
Feijóo e os seus
ocupan as institución do noso país asumindo un rol subsidiario, actuando como
auténticos mercenarios ao servizo da estratexia madrileña e dos lobbyes
económicos madrileños: gran banca, eléctricas, grandes construtoras e empresas
de servizos.
Feijóo e os seus
colaboran entusiastas no espolio do país,
o espolio dos seus recursos e do seu aforro e entregan directamente o orzamento
dos galegos as empresas madrileñas coas que contratan os servizos públicos
privatizados.
A corrupción que sufrimos non é só a da Pokemon, na que vemos
a dúas empresas foráneas como Vendex e Aquagest cun modus operandi corruptor
para apropiarse dos servizos públicos dos nosos concellos.
A maiores, a
corrupción grosa –a big corruption- está
nas grandes contratas de infraestruturas, na regulación do sector eléctrico a
favor dos grandes oligopolios do sector,
na entrega das nosas institucións financeiras, na legalización do roubo
e a estafa aos nosos aforradores, etc, etc.
Agora tentan
poñer o ventilador para construír o discurso de que “todos somos iguais”. Pois
temos que dicir ben alto NON SOMOS IGUAIS. Nós estamos en contra das
privatizacións e é evidente no sumario –como hoxe recoñece algunha prensa- que
os de Vendex non entraron en Pontevedra, onde gobernamos desde 1999, porque non
encontraron ninguén disposto a corromperse, porque o BNG non se corrompe. Non
somos iguais!
A corrupción está
asociada a ese modelo de economía desregulada e de privatizacións que veñen
impulsando as políticas neoliberais europeas e, en particular, esa Directiva
Bolkestein que impulsa as privatizacións de servizos e arrasa cos dereitos
laborais, e que neste país aplica con paixón e entrega a dereita española e
tamén os socialiberais do PSOE.
Pedimoslle a
Feijóo que cese aos corruptos pero, en realidade, como vai facelo?, se el e o
xefe dun partido corrupto de arriba abaixo, que goberna en contra da maioría
social e do país. Poñendo o Diario Oficial de Galicia e o orzamento do país ao servizo de todas
esas empresas que nos vampirizan e financian ao PP.
Con eses
gobernos, con esas regras, con esas políticas, non é posíbel saír da crise. Non
é posíbel impulsar a economía produtiva e o emprego. Non é posíbel preservar as
conquistas do estado dos servizos públicos avanzados como a sanidade,
educación, servizos sociais, etc.
Aplican as crueis
e inútiles políticas da troika pero
non por ser ningunha imposición. Son as súas políticas. O seu proxecto é o
proxecto de toda a dereita, española e europea.
Un proxecto de
radicalización neoliberal que se leva por diante o outrora chamado modelo
social europeo, o dereito laboral e as conquistas de décadas do estado do
benestar.
Con ese obxectivo
traballaremos nos meses que veñen.
Moito ánimo, “bon
courage”, para todas e todos.
Intervención no
acto de clausura das XII Asemblea da Alianza Libre Europea, celebrada en
Santiago de Compostela. 15.2.2014.
Subscrever:
Mensagens (Atom)