Nos anos 2009-2011 a economía
móvese entre a recesión e o estancamento (o PIB amosa taxas negativas ou nulas
en máis da metade dos trimestres), cae lixeiramente o consumo das familias e
afúndese o investimento (Formación Bruta de Capital) de xeito continuado nestes tres anos; o índice de produción industrial
caeu fortemente no trienio (con excepción do primeiro semestre de 2010). A caída é igualmente intensa na industria que na construción
ou na produción enerxética; é algo máis moderada no sector primario e nos
servizos, onde a tónica é o estancamento.
Discursos
- autogoberno (2)
- Banca Pública (26)
- Caixas de aforro (24)
- ciencia (3)
- Crise (79)
- Crise e conflitos de clase (62)
- Crise ecolóxica (3)
- Discursos (23)
- Economía galega (2)
- Estado do benestar (29)
- Galiza (101)
- innovación (5)
- medios de comunicación (4)
- Nacionalismo (75)
- Política europea (44)
- recentralización (1)
- Soberanía (89)
segunda-feira, 28 de novembro de 2011
¿Gobernos técnicos ou Golpe de palacio das finanzas?: unha UE en malos pasos
O omnímodo poder estruturado arredor da alta finanza, os bancos centrais
cinicamente cualificados como “independentes”, as servís institucións
internacionais, as grandes corporacións globais dos sectores oligopolísticos e
os grandes grupos mediáticos globais actúa como o verdadeiro poder que se impón
e ningunea os demais poderes da sociedade, singularmente os que emanan da representación
democrática da cidadanía, provocando unha inédita deslexitimación das
institucións, da política e dos partidos gobernantes.
Sacrificados no altar das finanzas
Nos últimos tempos é tan trepidante o
ritmo das noticias económicas catastróficas que resulta difícil non perder a
perspectiva da secuencia que van describindo os feitos, esquecendo onde
residían as causas e esquecendo tamén as medidas que foron adoptadas, as razóns
dos que denunciaban o seu previsible fracaso, os motivos polos que a pesar de
todo se adoptaron e como acabaron efectivamente en fracaso real. Do mesmo xeito
pérdense no barullo todas aquelas medidas anunciadas pero que, sen que se diga
e se explique por que, acaban non aplicándose nunca (control dos paraísos
fiscais, control dos movementos especulativos dos fondos, das posicións curtas
e en descuberto, das remuneracións dos directivos, etc., etc.). Europa, a
cámara lenta, escenifica o fracaso catastrófico dun proxecto urdido sobre molde
neoliberal; a lentitude da secuencia permite vivir con dramatismo e tensión
cada paso, sancionado con roldas de prensa dunha Merkel e un Sarkozy que
decidiron erixirse no comité central da eurozona ou... da grande banca e fondos
da eurozona e, particularmente, da súa. Cada día que nos anuncian a bancarrota
definitiva de Grecia é un día máis en que se nos escamotea a referencia á causa
real e verdadeira da crise da débeda que non é outra que a burbulla de débeda
acumulada durante anos por unhas finanzas especulativas así como por ter
construído un euro e un Banco Central Europeo á medida das necesidades desa
banca e non dos países da área euro, nin dos seus cidadáns, nin tan sequera do
seu tecido produtivo.
Subscrever:
Mensagens (Atom)