O mundo enteiro saudou onte a presentación por parte do presidente da Autoridade Nacional Palestina da solicitude de estado de pleno dereito. Os aplausos na ONU foron abrumadores e son, de seguro, compartidos polos corazóns da práctica totalidade dos seres humanos que hoxe habitan este planeta. Mesmo moitos xudeus comparten esa petición. Porén, e este é o primeiro paradoxo dun mundo impostado, os medios dirán inmediatamente que “a comunidade internacional” non acepta unha declaración “unilateral” de independencia. Estados Unidos e Israel dirán que non e xa todos os demais teremos que entender que esa é a “comunidade internacional”.
Aínda que non fora por razóns políticas e fose tan só por razóns humanas, humanitarias, de básica dignidade, os palestinos son realmente acreedores do recoñecemento de todo o mundo. Non só porque ao longo dos últimos 63 anos foron expulsados das súas casas e expropiadas as súas terras ás que teñen prohibido voltar. Non só porque lles foi tamén expropiada a súa persoalidade até o punto de carecer de dereitos civís, de maneira que non tendo identidade propia nin pasaporte israelí só poden viaxar ao exterior con pasaporte xordano. Non só porque Israel incumple sistematicamente o acordo –ben inxusto por certo- polo que Inglaterra e Estados Unidos decidiron crear sobre terras palestinas o Estado Xudeo de Israel senón que desde a súa creación foron ocupando polas armas cada vez máis novos territorio palestinos, sen cumplir ningunha das resolucións dictadas pola ONU e mesmo sen cumplir o núcleo central dos acordos bilaterais asinados, coma o asinado en 1978 en Camp David con Exipto, como recordaba fai poucos días no Herald Tribune o propio Jimmy Carter, presidente á sazón dos EE UU e impulsor de tais acordos. Non só por toda a crueldade que viñeron soportando nas sucesivas incursión e razias do exército hebreo sobre Cisxordania, Gaza ou perseguíndoos nos campos de refuxiados situados en países viciños como o Líbano (baste recordar as crueis matanzas de entre 2000 e 3000 refuxiados de Sabra e Shatila perpetradas impunemente por milicias apoiadas polos comandos de Ariel Sharon). Non só por todo iso que marca a lume a vida de varias xeneracións de palestinos que veñen vivindo nas súas carnes unha dose de crueldade e violencia que parece destinada a revivir diante dos nosos ollos de civilizados as máis crueis escenas bíblicas. Non só por iso, non só polo pasado, senón sobre todo polo presente e o futuro.
O mundo non pode tolerar a violencia e marxinación que soportan os palestinos dia a dia nesa enorme cárcere ao ar libre que é Gaza nin tampouco nos cercados ciscados ao longo dun territorio que se lle chama Cisxordania. Non pode tolerar que en pleno século XXI se erga un enorme murallón de cemento armado de 5 metros de alto, aramios, cámaras e control militar para encerrar aos palestinos en campos de concentración dos que só poden saír para traballar por xornais de miseria nas obras israelís, sen ningún dereito laboral nin civil, facendo colas de 3-4 horas nos postos de control e soportando o desprezo e as máis vexatorais actitudes duns prepotentes soldados, sicoloxicamente preparados para destruír moralmente aos transeuntes dia si e dia tamén. Non se pode tolerar que a dia de hoxe continuen construindo novos asentamentos, que son verdadeiras cidade-fortaleza amuralladas, convertendo o territorio supostamente palestino nun gruyere, no que acaba habendo máis núcleos de poboación xudea –normalmente fanáticos ortodoxos e ultraortodoxos- que núcleos de poboación palestina. Non pode tolerar que os escasos acuíferos sexan controlados polos israelís para o seu exclusivo beneficio. Non pode tolerar que a chave de abastecemento de auga das poboacións palestinas estexa en mans israelís, que poden pechar o grifo sempre que consideren oportuno e asi o fan a miúdo. Non pode tolerar que co abastecemento eléctrico ocorra iso mesmo. Non pode tolerar que iso mesmo ocorra coas estradas, o transporte aéreo ou o marítimo (como ben evidencia o veto á chegada das “flotillas” a Gaza). Non pode tolerar que o acceso a internet ou aos satélites pasen tamén polo filtro israelí.
Non é humana unha vida na que apenas está libre de control alleo o ar de respirar.
Pero cando a todo iso se lle suma o desprezo absoluto que se deriva dunha visión do mundo na que para os israelís só eles contan e o resto do mundo é apenas un decorado, decorado no que os palestinos nin tan sequera existen, entón a vida ao seu lado é realmente un inferno. Porque na ideoloxía nacional israelí, que empapa real e efectivamente o ser dunha grande parte da poboación –afortunadamente non toda- o desprezo cara os palestinos alcanza o seu grado máis extremo que é ignorar a súa propia existencia como seres humanos, vivir coma se non existiran.
Polo tanto, a declaración do Estado Palestino posiblemente non é a mellor solución pensando nun mundo no que non deberían ter cabida estados relixiosos –e o de Israel é un estado xudeo-. Nin Palestina é hoxe un estado realmente viable se a comunidade internacional non obriga a Israel a levantar os asentamentos, os cercados e a apertura de vías de comunicación terrestres e aéreas. Pero, dadas as circunstancias, é un paso imprescindible para poder poñer aos israelís a negociar en serio unha saída e cortar esta estratexia de feitos consumados que busca apropiarse da práctica totalidade de Cisxordania até chegar a un punto no que a situación sexa irreversíbel.
Pero nese sentido, ninguén mellor que os xudeos para entender que nada hai na historia realmente irreversíbel no que se refire a fronteiras. Por iso ten razón Abbás cando onte lles dixo aos israelís que ao mellor esta era a última oportunidade que tiñan para negociar unha paz duradeira, que garanta o propio futuro de Israel como estado xudeo. Porque unha queda da hiperhexemonía americana, un novo equilibrio xeoestratéxico e a desaparición deses gobernos árabes corruptos que aceptaron a “realidade” israelí, podería acabar significando a creación dun único estado pluriétnico e laico ou plurirelixioso. E iso, que seguramente sería o máis normal desde un punto de vista democrático, suporía o fin do soño sionista.
Vaya antisemitismo más trasnochado. Lea un poco, a ver si dice menos tonterías. Le aconsejo por ejemplo "La tierra más disputada" (Joan B. Culla). Y si le resulta muy denso siempre puede leer los artículos de Doña Pilar Rahola, más sencillitos y didácticos.
ResponderEliminarUn anónimo non merece resposta. O activismo sionista é moi activo até o punto de deixar recado anónimo nun blog. Mesmo o Mosad podía dispoñer de xente máis intelixente e educada. Non che vou contar o que lin nin mostrache as fotos que teño de moitas das cousas que tiven a oportunidade de ver cos meus propios ollos (mesmo as tomadas acompañado polo responsable do centro de estudos da cidade de Jerusalem, excombatente do exército hebreu na guerra dos seis dias e na expulsión dos xordanos).
ResponderEliminarPero si que, a modo de botón de mostra, podes leer esta pequena reportaxe sobre a auga nos territorios palestinos recentemente publicada en Le Monde (un periodico non antisemita nin tan siquiera antisionista):
http://www.lemonde.fr/proche-orient/article/2012/01/20/israel-palestine-le-rapport-francais-explosif-sur-la-question-de-l-eau_1631311_3218.html#xtor=EPR-32280229-[NL_Titresdujour]-20120121-[titres]
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
ResponderEliminarVaya, censurando la disidencia, qué democrático... (he ahí otra cosa que debería aprender de la señora Rahola, que en su página mantiene todo tipo de comentarios).
ResponderEliminar¿Qué le ha molestado tanto de mi aportación para borrarla? ¿Que defienda a Israel o que lo haya hecho recurriendo a correligionarios suyos?
Eu tamén admito todo tipo de comentarios, como ben pode comprobar. O que non admito é que desde o meu blog se faga publicidade de links externos de web racistas ou de propaganda sectaria.
ResponderEliminarAnonadado me deja: ¿llama racistas a compañeros de partido suyos por ser pro-judíos? Eso es una "contradictio in terminis".
ResponderEliminarEntonces, aquellos que atacan al estado judío permenentente, obsesivamente, y sobre todo parcialmente... ¿qué son? Ahí no hay ni gota de racismo, claro.
Y ya que es tan sensible al racismo y a la situación del pueblo palestino, ¿por qué no escribe un artículo sobre el feroz racismo anti-palestino que han de soportar los palestinos que viven en Jordania, Líbano o Siria? Buf, qué pereza ¿no? Si no está Israel de por medio para atizarle (que es lo único que presta) ¿a quién le importan los palestinos?
Pero luego los racistas son otros.
Israel es un estado tan racista que en él hay parlamentarios árabes; hubo ministros árabes; presidente en funciones árabe; militares de alto rango árabes; cantantes y actrices famosas árabes; jugadores de la selección de fútbol árabes; jueces de la Corte Suprema árabes; y cualquiera que visitase un hospital, centro comercial, restaurante, universidad o autobús israelí puede ver a judíos y árabes mezclados. Incluso el juez que condenó al antiguo presidente de Israel Moshé Katsav era árabe.
¡Menudo Apartheid!