Nos tres últimos anos Galiza perdeu 100.000 empregos netos, aumentou 107.000 parados e nos últimos dous mesmo perdeu activos. A prolongación da destrucción reflicte o fracaso absoluto das políticas postas en marcha nestes anos. As españolas e as galegas, porque neste sentido carece de fundamento ese xogo floral destes días no que Feijóo culpa a Zapatero e o PSdeG culpa a Feijóo. O problema real é que son exactamente a mesma política, centradas en atender ao recorte do gasto e dos servizos públicos –cada un nos seus–, reducindo impostos ás rendas altas –o central Patrimonio e Sociedades e a Xunta o de transmisións patrimoniais–, aumentando os prezos dos servizos básicos que dependen de cada un deles –o central a electricidade e a Xunta a auga.
Ningunha delas son políticas anti-crise senón máis ben pro-crise. Atendendo aos intereses dunha minoría –a banca e os perceptores de rendas financeiras– adóptanse medidas de recorte dos ingresos da maioría da poboación que lastran a demanda e prolongan o estancamento: reducción do gasto público, reducción do salarios dos funcionarios, das pensións ao tempo que se aumentan os impostos indirectos (IVE e tabaco) e os prezos dos servizos básicos de consumo regulado (electricidade, auga, etcétera).
Todas estas políticas agravan as tendencias á recesión, reducen a demanda e, polo tanto, destrúen emprego. O singular de Galiza é que alí onde outras CC AA adoptaron medidas máis activas de gasto e dinamización, aquí somos, paradoxalmente, os alumnos avantaxados de Zapatero nas políticas de recortes. En rigor, á orientación da política engádeselle un notable desleixo e pobre acción de goberno, que máis alá da propaganda só deixa tras de si unha inactividade clamorosa. Os datos de execución orzamentaría de 2009 e 2010 mostran os niveis máis baixos en moitos anos e como última mostra a presentación a bombo e pratiño do Plan de I+D, agora chamado I2C, “aínda sen rematar”, como di Feijóo, e cheo dun listado de obxectivos e liñas xenéricas sen ningunha concreción, propio dun pobre traballo de consultoría –iso si, ben pago– que podería presentar de igual xeito en Santiago de Compostela ou en Chechenia.
Di Feijóo que Galiza non ten competencias en políticas de emprego. Poida que as ignore e poida que sexan insuficientes pero o que el e todos os demais deberían saber é que as verdadeiras políticas de emprego non son esas malchamadas “políticas activas” coas que entreteñen aos parados en cursiños de formación senón que a creación de emprego impúlsase coa política industrial –inexistente–, coa dinamización do crédito e as axudas do IGAPE –paralizado–, coa promoción exterior –graciosamente delegada na CEG con cartos públicos–, coas compras públicas, coas inermes políticas agraria ou pesqueira. Iso é o que un goberno podería aportar e non aporta á creación de emprego.
Para acabar de redondear a faena empezou agora campaña de adoutrinamento para impoñer a “deflación salarial”. Coa prístina doutrina Díaz Ferrán de “traballar máis e cobrar menos”, santificada de xeito máis elegante pola nosa acreedora Ángela Merkel como “salarios por productividade” –ou competitividade, que non é o mesmo–, estase a afrontar a negociación colectiva con propostas de recortes salariais xeralizados. Máis aínda, os máis ousados lanzan a idea de que os salarios se negocien empresa a empresa, tentando rematar de facto coa negociación colectiva e así poder entrar nunha espiral salarial depresiva que nos devolva ao século XIX ou aos anos corenta. Así até conseguir que mesmo as empresas de “fuso e roca” poidan chegar a ser rendíbeis, no camiño cara o ansiado cambio de modelo produtivo! Alguén terá que explicarlle a eses xenios que os salarios tamén son a base da demanda interna e que a súa caída xa se levou por diante máis das tres cuartas partes do emprego perdido nestes tres anos.

Sem comentários:
Enviar um comentário