Son tempos de crise e tempos de remuda. A profunda crise social e política que abrolla detrás da crise financeira muda moitos dos parámetros que definían a loita política hai tan só uns anos atrás. A dialéctica dunha burbulla financeira expansiva que aumentaba as desigualdades pero xeraba a ilusión de progreso e enriquecemento rebentou e deixou paso a un panorama sombrizo, cargado de ameazas que atinxen as febras máis sensíbeis dunha poboación que vive a crúa realidade da exclusión. Unha sociedade acostumada a que as estresantes tensións das mutacións estruturais acababan sendo amortecidas por mecanismos compensatorios dalgún tipo empeza a confrontarse á certeza de que desta vez as forzas que pilotan o sistema, que pilotan Europa ou o Estado español, xa non sosteñen o compromiso da inclusión e a cohesión.
A constatación da ruptura unilateral dese pacto de progreso está provocando un virulento espertar de todas esas camadas que ven todas as esperanzas e promesas truncadas. O 15-M non é un movemento romántico é tan só a expresión da indignación provocada polo descubrimento da propia inxenuidade, por ter aceptado tanto tempo ser vítimas dun engano cómplice, a ilusión comprada cunha temeraria burbulla de débedas. O xogo acabou, a banca arrastrou con todos os trunfos gardados e os demais... para a casa –iso co café pago– e os de fóra dan tabaco. Para os excluídos non hai vela no enterro.
O BNG conformouse e medrou como forza política nestas tres décadas da éxida neoliberal. Desde unha confrontación radical ao sistema conseguiu ampliar e consolidarse como unha forza política e social de primeira orde no país. Ese longo camiño fíxose a través de sucesivas adaptacións e aggiornamentos que lle permitisen ser forza de goberno nese contexto, mais tentando preservar a súa vontade transformadora e crítica. Ese equilibrio, difícil e inestábel, permitiulle chegar a liderar a oposición no noso país a fins dos anos noventa. Unha vez acadadas posicións de goberno –bipartitos– nas grandes cidades e mesmo na Xunta de Galicia –nun contexto de euforia neoliberal– foi perdendo parte do seu atractivo para unha parte da súa base social, non só para a tradicional –que algunha vez fora apoio activo– senón tamén para unha parte das novas xeracións.
A crise actual é un desafío e unha oportunidade para construír unha nova síntese, capaz de axuntar a todos os sectores sociais desafectos ao neoliberalismo, desenganados dunha globalización que pon os mercados por riba da sociedade e as súas institucións, persuadidos de que a democracia non pode ter substancia se non hai soberanía e que os sinais de identidade colectiva son base e panca para o benestar de todos. O BNG actual creo que ten unha bagaxe acumulada de experiencia que lle pode permitir tecer esa nova síntese, unha vez constatada a imposibilidade de xuntar auga e aceite e unha vez crebada a impostura neoliberal.
Esa nova síntese conta hoxe co contexto favorable. Ten que ser quen de converterse na armazón orgánica do descontento emerxente e para iso ten que ofrecer non só un programa como o que ten e que xa recolle esas aspiracións senón tamén facer as súas estruturas máis permeábeis e amigábeis para as novas xeracións. Para iso precisa un novo cemento. Non para pegar pezas separadas –que a cada golpe de calor ou arrefriamento propenden á separación– senón para fundilas nunha única peza multicolor. O certo é que ese cemento xa está aí. Está dentro conformando ese magma que impide calquera tentación de converter as gretas en fendas. E está tamén fóra agardando sinais ilusionantes.
Visto con perspectiva resulta sorprendente que trinta anos non fosen suficientes para provocar esa fusión. Sen dúbida, as condicións están dadas e así deberían entenderse. Non para refundar por ensamblaxe de pezas senón para fusionar. Só cómpre saber se as rutinas son quen de deixar paso ao sentido común. O país precísao.

Sem comentários:
Enviar um comentário