Non é preciso ser un avezado economista para comprender que Galiza afronta un escenario económico particularmente incerto, como corresponde a un momento de cambios profundos. Pero non é esa a principal ameaza que pendura sobre o noso futuro.
O auténtico motivo de preocupación é a ausencia de estratexia para facer fronte á situación ou, peor aínda, a cada vez máis clara evidencia de que as institucións están a sufrir un esvaecemento acelerado das competencias e capacidades para dar resposta aos retos que como sociedade temos diante.
Pouco a pouco os instrumentos esenciais para exercer a soberanía, a vontade democrática da cidadanía, van sendo cedidos a intereses económicos particulares ou a estruturas de poder distantes, opacas e descontroladas. Son moitas as vías e innumerábeis os exemplos.
Xa hai tempo que o Estado español cedeu o control de instrumentos esenciais sen os que a dirección da economía é unha quimera (o comercio externo e a moeda e, polo tanto, o tipo de cambio e o tipo de xuro); pero non foron cedidos a unha instancia gobernamental elixida e controlada democraticamente senón a axencias internacionais opacas e que facilmente caen cautivas dos grandes poderes económicos e financeiros. Iso é hoxe o BCE, a Comisión Europea, o FMI pero tamén as diferentes Comisións Nacionais (Enerxía, Telecomunicacións, Competencia, etcétera) e tantas outras.
Pero que dicir de Galiza. Ao esvaecemento das competencias estatutarias ao fío da integración comunitaria e do rampante proceso de recentralización de competencias posto en marcha polo neocentralismo na última década engádese agora un calculado plan de centrifugación da man de Feijóo e o seu goberno.
O ostensible desestimento no uso das competencias autonómicas para poñer en marcha iniciativas propias e en positivo fronte á crise só pode ser interpretado como resultado dun cálculo. É de tal calibre que sería difícil atribuílo a unha extrema incompetencia. A utilización do poder autonómico como plataforma na confrontación bipartidista estatal e non como oportunidade para a xestión eficaz das competencias revela unha absoluta supeditación dos intereses de Galiza á estratexia de oposición e desgaste levada a cabo polo PP a nivel central.
O coidado disimulo co que Feijóo xestionou, no asunto das caixas, o difícil equilibrio entre xogar á oposición do goberno do PSOE e os inocuos acenos á galeguidade ao tempo que respecta o sagrado compromiso do PP coa gran banca, evidencian que o problema non é de habilidades senón de cálculo. Pero o certo é que a complicidade de facto no proceso de desmantelamento das dúas caixas de aforros supón a laminación da principal competencia económico-financeira do Estatuto. Ese impulso privatizador camiña en todas as frontes, conducindo a que a xestión do orzamento público se execute a través dunha miríade de contratos ou concesións a empresas. Isto, ademais de alimentar xenerosos beneficios privados, dan ocasión para todas as formas imaxinábeis de corrupción (porque non esquezamos que o groso da corrupción dáse no interface privado-público) e, para rematala, poñen aos usuarios inermes nas mans dos xestores privados e dos seus intereses.
Na mesma estratexia inclúese a entrega á explotación privada e, en moitos casos, á especulación, dos bens públicos e colectivos, os recursos e espazos naturais máis sensíbeis. O coidado posto en mudar o concurso eólico en favor de grandes empresas, a xenerosa entrega de espazos da rede natura para discutíbeis proxectos acuícolas, a apertura dos montes veciñais ás grandes empresas forestais son só algúns exemplos dunha liña que se impón sen miramentos.
Diante dese panorama, que nin a complicidade mediática permite disimular, a cidananía empeza a reclamar das institucións solucións aos auténticos problemas, que non fan máis que multiplicarse. Vigo foi un clamor demandando solucións para o naval e detrás irán vindo os demais. Na hora da verdade non vale botar balóns fóra. Redescubriremos que, máis alá dos espellismos ou delirios globalistas, a sociedade non sobrevive sen institucións fortes, con capacidade e vontade para tomar decisións. Con soberanía.

Sem comentários:
Enviar um comentário