Entramos no 2011 con tres longos anos de crise ás nosas costas, dous deles gobernados por Núñez Feijóo. Fomos vivindo as sucesivas fases dunha crise estrutural na que novas dimensións desta vanse engadindo ás anteriores, antes de que as primeiras atoparan solución. Ao inmobiliario foi engadíndose a crise do crédito, a financeira, a da demanda, a recesión da economía produtiva e o paro, a crise fiscal do estado, a da débeda pública e todo apunta a que neste ano imos vivir unha profunda crise social e política.
O malestar social acumulado nos dous últimos anos vaise facendo a cada paso máis insoportable: suba drástica da taxa de paro até situármonos no 15% da poboación activa e unha taxa de ocupación que cae perigosamente por debaixo do 47% da poboación adulta; os prezos aumentan un 3% no último ano ao tempo que traballadores públicos perden entre un 5-7% do salario nominal, o resto dos asalariados ven estancados ou minguados tamén os seus salarios, os parados ven reducidos os seus ingresos, os agricultores ven caer os prezos e unha grande parte dos autónomos ven reducida a actividade e os ingresos. Todos eles sometidos á presión dun elevado endebedamento das familias (que equivale ao 90% do PIB) e á espada de Damocles do embargo e o desafiuzamento a pouco que se rompa o delicado equilibrio entre ingresos e pagos.
A situación empeza a volverse explosiva. Até agora a poboación veu soportando estoicamente a causa dunha mestura de desconcerto, temor e esperanza de que sairíamos rapidamente disto, agarrándose ao discurso oficial. Os pequenos aforros, a venda de activos e unha boa dose de solidariedade familiar permitiron “ir tirando”.
Non é difícil albiscar que esas liñas vermellas da resistencia pasiva están a un paso de ser vencidas. A sangría do emprego continúa, os soldos públicos e pensións conxélanse, os prezos seguirán a subir de xeito importante (o 10% da tarifa eléctrica arrastrará subas noutros bens e servizos), a eliminación do último colchón dos 420 para os parados de longa duración deixará miles de fogares sen ningún ingreso, a redución do orzamento público (Xunta e Concellos) reducirá emprego en multitude de servizos (sanidade, educación, concesións, obra pública, etcétera), reducirá axudas a sectores produtivos nos que estas constitúen unha contribución vital para a súa viabilidade (agro, pesca, audiovisual, cultura, edición, artesanía, etcétera).
A inacción de Feijóo fixo que perderamos o que se dera en chamar o “plus de resistencia” da economía galega, que se deixaba ver no crecemento do PIB e menor aumento do paro e que, en parte, procedían do activismo do goberno anterior. A falta de iniciativa e de sentido institucional levou consigo non só o recorte de servizos públicos, a parálise do plan eólico, de solo industrial clave (Plisan), o desbalde da dependencia ou da I+D..., senón mesmo contratas a empresas foráneas, unha política de pagos aos provedores que levou á asfixia a moitos deles, pagos de axudas e subvención adiadas até o indicible poñendo en risco a viabilidade de moitos proxectos ou a saúde financeira de moitas empresas e explotacións (industria, Igape, Inega, agricultura...).
Feijóo optou pola estratexia de gañar nos medios en vez de na xestión. Coa “xenerosa” cobertura dos medios amigos e o férreo control dos públicos aplicouse a un discurso de “goberno-de-oposición”, desviando a responsabilidade de todos os problemas cara ao goberno central ou aos seus predecesores. Mesmo a costa de deslexitimar e esluír a relevancia práctica da institución que representa. O discurso da austeridade permitiu disimular a falta de iniciativa e, coa axuda deses medios amigos, mesmo a converteron nun valor positivo, no ben entendido de que iso é así cando a austeridade afecta os demais e permite agrandar a ración propia.
Tal como pintan as cousas para 2011, cos previsibles efectos devastadores do orzamento da Xunta de Galicia para servizos e sectores clave, así como as nefastas consecuencias das reformas introducidas polo Goberno central, cabe aventurar un estourido social. Esluídos moitos dos parapetos de protección, cabe agardar o agromar dunha conflitividade social e laboral bastante extensa. Diante dese previsible escenario, se Feijóo desexa renovar o crédito creo que non lle vai ser suficiente seguir perfeccionando as habilidades comunicativas do Ministerio da Verdade orwelliano nin a cobertura dos medios amigos.

Sem comentários:
Enviar um comentário