Escrebo estas liñas nun agosto singularmente neboento ao pé do monte Pindo, encastrado no Castro de Miñarzo, nesa punta de Lira exposta a todos os ventos e vendavais, quer o infatigable nordés quer a metrallante treboada do sur. É un punto que non está criado para as comodidades senón para aprender a gozar da beleza infinita reservada aos que non devecen polo sol que máis quenta. Nestes días aprecio ademais esa estratéxica posición do castro de Miñarzo, chantado case no medio do océano, posto xusto aí como vixía para que ningún inimigo nos pillase desprevidos. Nin os peores ventos nin as imprevisíbeis ameazas do mar aberto son quen de arreguizar estas xentes.
Tampouco imos arreguizarnos os amigos do Xornal de Galicia. Os que contribuímos con ilusión a erguer cabeceiras valentemente inconformistas e comprometidas co cultivo creativo do noso ser estamos a vivir un tépedo golpe de mar. Unha tras outra van caendo as pezas que, cada unha ao seu xeito, pretendían unha hercúlea tarefa: poñer o mundo en galego e poñer Galicia na cabeza dos galegos. Interpretarmos o mundo e interpretármonos a nós mesmos sen intermediarios é a vital tarefa que precisamos para sermos un país de seu, unha sociedade libre que mira polo seu, con autoconfianza, e aporta con dignidade a súa creatividade e a súa cultura a avenza global dunha humanidade rica grazas á súa diversidade. O sistema comunicacional propio é o ligame moderno que permite darlle cohesión á sociedade e continuidade á tea invisíbel da nosa historia, manter o substrato que fai posíbel a continuidade creativa da nosa cultura milenaria.
Para os que só son quen de ver todo a través do filtro do económico, normalmente reducido a algunha estatística mal entendida, cómpre insistir que todo iso é riqueza. Non só porque nunha sociedade rica a produción inmaterial adquire un crecente protagonismo, cuxos vimbios son en boa medida a cultura, a lingua, o imaxinario colectivo e a capacidade simbólica, coas que se nutre a creatividade dos individuos e apórtanlle singularidade propia nesa diversidade mundial que se recrea a cada paso.
Pero, ben máis alá diso, é o devir do país enteiro, da sociedade no seu conxunto, o que acaba dependendo da existencia dun xenuíno sistema comunicacional. A comunidade simbólico-comunicacional, o debate crítico dentro dela, é o que lle da fortaleza a unha sociedade para establecer as grandes estratexias compartidas e construír un discurso no que os intereses económicos colectivos se fagan valer no concerto das cada vez máis complexas relacións entre os países.
O que en principio foi a aposta valente dun empresario singular desexoso de devolverlle ao país certa autoestima ao tempo que reforzaba as posicións do seu grupo en Galicia e fóra dela acabou dobregada polas circunstancias moito máis adversas do que calquera podería intuír alá por 2007-2008. José Luis Gómez, María Val e todos os demais souberon identificar un espectro informativo amplo e plural que a prensa existente está moi lonxe de satisfacer. Un proxecto dese alcance precisa moito fol para consolidarse en calquera circunstancia pero as que marcaron o despegue do Xornal distan moito de ser normais. O Xornal naceu nun momento pouco propicio; visto con perspectiva habería que dicir que case fatal. En plena crise económica –con especial virulencia no sector da construción- e colapso do crédito, no marco dunha crise xeneralizada dos medios escritos e, para rematala, o asedio -silandeiro de cote e por veces aberto- dunha dereita desarraizada, radical, piji-pailana e provinciana que chegou ao poder en Galicia cun programa pregado ao discurso rabiosamente españolista do neocentralismo madrileño. E para pechalo círculo, se as vítimas da crise non reaccionan con intelixencia nas urnas, pode chegar tamén ao goberno central.
Hai que ser claros. Hoxe por hoxe a crise dos medios é tal que nin un só en Europa presenta as contas equilibradas; por suposto, nin pensar en obter beneficios. O problema é tremendamente complexo: polo lado do lector, hai pouco tempo para ler e é moito máis sacrificado que os medios audiovisuais; polo lado da oferta, internet é unha fonte alternativa, en boa medida máis barata e con moitas máis opcións para “picar” en diferentes fontes, tanto para percorridos superficiais como para opinións de máis calado e mesmo para chegar directamente a certas fontes de información e documentación. Está claro que internet é o futuro pero no momento actual aínda non está estruturada para permitir a reinvención do xornalismo informativo e de calidade. O que tamén parece claro é que desde a perspectiva da empresa xornalística vai ser difícil facer rendíbel un produto de 60-100 páxinas impresas que se vende –despois de sumar gastos de produción, impresión, transporte e quiosco...- por 1,10 euros ou 1,20 (o prezo dun café). Só a publicidade permite cadrar as contas, o que acaba convertendo a información nun colateral cuxa calidade se resinte sen remisión. A maximización das tiraxes que demanda a publicidade masiva acaba criando a prensa lixo, os deostados tabloides do imperio Murdoch, cuxo modelo a escala enche hoxe tamén os quioscos galegos e españois. Cando, como agora, esa publicidade escasea até o extremo o modelo toca o seu final.
O Xornal naceu e morreu sen morder a mazá da publicidade. A menos que muden moitas cousas –algo que a curto prazo parece pouco plausíbel- moitas outras cabeceiras acabarán seguindo o mesmo camiño que Xornal.
Como explicar, entón, a plétora de medios en circulación, case todos da dereita ou a extrema dereita? Esa moi aparente plétora de medios, cunhas composicións moi particulares da súa propiedade, deriva do feito de que para moitos promotores o investimento no negocio xornalístico é como un colateral: o importante non é a ganancia que o negocio que en si mesmo reporta senón a súa capacidade para ser utilizados como instrumentos para mover outros tipos de negocios, moi diversos -entre eles outros segmentos máis rendíbeis do negocio mediático- pero que todos teñen en común a busca de posicións de poder e influencia política directa. En moitos casos trátase de prensa militante soportada por fondos e fortunas que traballan directamente no adoutrinamento da sociedade. Claro está que ese modelo de prensa mercenaria é hoxe por hoxe unha peste que está a poñer contra as cordas a propia democracia.
Fronte a iso que é algo máis que unha ameaza -é unha realidade- cómpre seguir apostando con forza, amplitude de miras e intelixencia –e tamén co modesto pecunio- en todos os soportes posíbeis. Se non pode ser en papel que sexa na nube, pero que sexa. Pola liberdade, pola democracia e polo país. Por iso, ánimo a todos os amigos de Xornal.com e ánimo tamén a todos aqueles que aínda resisten no papel, coma os tamén amigos de Tempos Novos ou Novas da Galiza.

Sem comentários:
Enviar um comentário