Para moitos políticos o discurso da innovación, a educación, a economía do coñecemento non é moito máis que iso, un discurso. Un discurso que, por estar de moda, serve para declarar que el tamén está ao día, é moderno e pensa no futuro. Non coñezo ningún que tivera o atrevemento a poñer en causa ese tipo de ideas, cando menos en público. Cousa ben distinta é o que se observa ao cotexar a acción de goberno e as prioridades reflectidas nos orzamentos.
Algúns gobernos gardan certa correspondencia entre o que din e o que fan, para outros calquera parecido coa realidade é pura coincidencia. Desde o ano 2002 Asia supera a Europa en gasto en I+D e está a punto de alcanzar a Estados Unidos. Alemaña estableceu en 2005 como obxectivo estratéxico situar o gasto en I+D nun 3% do PIB.
A pesar da crise e dos recortes en moitos capítulos de gasto público mantiveron intacto o obxectivo en I+D e, de feito, en 2009 xa acadaron o 2’8% e van camiño do 3%. Ben diferente é o panorama no noso país. O nivel de esforzo en I+D de Galiza apenas é un terzo do alemán pero o máis grave é que retrocedemos nestes dous últimos anos: a caída desde o 1,05% de 2008 a 0,96% en 2009, segundo os dados do INE, continuará cando coñezamos os datos definitivos deste ano que remata. Ese dato xa nos sitúa no furgón de cola das autonomías españolas, nin máis nin menos que no posto número doce, xusto antes que Estremadura, Canarias, Baleares, A Mancha e Murcia. No canto de reaccionar en positivo, os plans e orzamentos da Xunta para 2011 anuncian un severo estrangulamento do sistema de I+D. A redución dun 20% en I+D+i vai supor unha minoración de moitos programas e mesmo a eliminación dalgúns destinados á incorporación de novas xeracións de investigadores e tecnólogos. Ao mesmo tempo, impónselles ás universidades un Plan de Financiamento a cinco anos que non incrementa recursos, nin os conxela como di Feijóo, senón que os reduce significativamente (uns 25 millóns de euros) con respecto ao ano 2009.
Con toda razón esta a cundir a alarma na comunidade científica e, especialmente, entre os investigadores novos; á súa precariedade actual ven engadirse agora a anguria sobre o seu inmediato futuro. E que dicir deses licenciados excelentes que remataron carreiras ou másteres neste ano e que agardaban unha oportunidade para encetar unha tese de doutoramento ou unha carreira como investigador ou tecnólogo. Non é só un drama persoal por unhas ilusións e expectativas frustradas senón tamén un desbalde enorme de recursos colectivos e un curtocircuíto no proceso de rexuvenecemento do sistema nun momento particularmente delicado. Ese proceso de renovación xeracional de científicos e técnicos, necesariamente lento e acumulativo, vese colapsado xusto nun momento no que por razóns demográficas está achegándose á idade de xubilación unha cohorte moi voluminosa de investigadores e profesores que se incorporaran ao traballo no boom dos sesenta-setenta.
Resulta descorazonador a frivolidade coa que Feijóo está a encaixar unhas decisións orzamentarias tan graves. Como se se tratase de xogos frorais é quen de falar para a prensa de cifras que non teña que ver que coas que sosteñen os seus papeis, coma se fosen igual 200 millóns que 155; coma se ás universidades lles fose igual con 25 millóns máis ou menos... O desleixo que transmite hai que supoñer que se deriva da súa ignorancia sobre os efectos reais que estas medidas van ter. De non ser así habería que supoñer que o futuro do país ocupa un lugar moi secundario na súa escala de prioridades.
Non vale seguir botando balóns fóra, nin cargando as culpas ao goberno central e a crise mundial. É un problema de claridade sobre as prioridades estratéxicas. Resulta inexplicable que se paguen 4,7 millóns de euros por licenzas de software a Microsoft –empresa amiga mediante– ou se encargen millonarios informes inúteis para plans estratéxicos predefinidos e logo se racaneen recursos para bolsas e universidades; por non mencionar longas listas de obras perfectamente prescindibeis ou aprazábeis.
Tampouco é de recibo ese discurso neoliberal que tenta descargar toda a responsabilidade nos individuos, insistíndolles aos mozos que teñen que formarse máis. E eles fan unha carreira, un master, outro master, un curso, un cursiño e así indefinidamente até que, desesperados diante dun sistema de I+D raquítico e un mercado de traballo precario, acaban emigrando. Xa levamos anos exportando licenciados, enxeñeiros e tamén doutores e o escenario que Feijóo nos debuxa vai agrandar o éxodo gris. Mesmo poida que tamén el aspire a realizar esa viaxe. Pero o país non pode aceptar ese sacrificio.
Só unha sociedade que renuncia ao futuro pode aceptar de xeito conformista a degradación das súas universidades e o estrangulamento do seu modesto e incipiente sistema de innovación.

Sem comentários:
Enviar um comentário