Resulta comprensible que os que acreditaron nas razóns esgrimidas polo Goberno e o Banco de España para impulsar as fusións se sintan agora burlados. Provocan tenrura os argumentos tecidos coas virtudes do tamaño, garantía de solvencia, superación dos localismos miopes, visión de futuro... Unha vez cerrada en prazo a primeira fase –antes de fin de ano– deciden lanzar a segunda e definitiva fase de desmantelamento das caixas, con novos argumentos. Facendo abuso das súas competencias e ignorando as competencias autonómicas impoñen unhas condicións ostensiblemente arbitrarias cuxa única razón é obrigar a bancarización. O que vemos estes días evidencia que a fusión era tan só un paso táctico e o auxilio do FROB unha trampa, como algúns denunciamos desde o inicio.
Non hai improvisación, como finxe Feijóo. Está moi ben planeado e, ademais, desde hai moito tempo, como ben saben Montoro, Rato e Rajoy, desde os pactos de 2006, o apoio ao FROB en 2009 e á reforma da LORCA en 2010. Se eles non o avisaron, vímolo facendo nós desde as páxinas de Xornal de Galicia desde hai ano e medio.
O que si podemos constatar é que na execución da folla de ruta cara a bancarización o Banco de España xogou coas cartas marcadas e malas mañas: primeiro forza fusións que implican elevados custes e obriga a sanear activos aumentando provisións e reducindo reservas, para case inmediatamente pedirlles uns ratios de core capital moi superiores aos que require Basilea III e, a maior escarnio, maiores para as caixas (10%) que para os bancos (8%). Cada punto porcentual representan moitos centos de millóns de euros que teñen que quedar no colchón da entidade e non poden converterse en créditos –xusto o contrario do argumento gobernamental. Trátase dunha condición difícil de cumprir a curto prazo pero, se se cumprise, colocaría ás caixas en inferioridade de condicións para competir coa banca.
Con todo, quixera enfatizar que a principal consecuencia da bancarización é o vaciamento de contido do Estatuto de autonomía. Nel establécese a competencia exclusiva sobre as caixas de aforros (art. 30.5), pero non temos ningunha competencia sobre a banca. Iso significa que perdemos capacidade regulatoria e de decisión sobre máis da metade do aforro e crédito galego, quedando privados dunha das competencias económicas de maior potencialidade do noso Estatuto. Non me cabe a menor dúbida que ese é un dos obxectivos centrais da estratexia de desmantelamento do sistema de caixas, xunto cos intereses da gran banca en acabar cunhas competidoras que lle ían gañando a cada paso maiores cotas de mercado e mesmo coa ousadía de empezar a compraren elas bancos.
Fronte a certos discursos rapidamente acomodaticios aos ventos dominantes, o realismo non consiste en renderse a estratexias equivocadas que van lastrar o futuro da nosa economía productiva, cunha entidades cada vez máis viradas ao negocio global e cada vez menos cara as Pemes e eliminando rapidamente a obra social. Fronte á estratexia financista global e antiprodutiva de España debemos ir a contracorrente e apuntarnos á liña exitosa das caixas públicas alemanas, comprometidas co tecido produtivo local.
É o momento de mobilizar a conciencia cidadá para a defensa dos nosos intereses colectivos, defender xudicialmente as nosas competencias e, sobre todo, deseñar estratexias alternativas viabeis para salvar dentro do posible os nosos intereses estratéxicos. A Xunta ten que asumir a súa responsabilidade e ben podería aprender da experiencia alemana.
Na medida en que o Goberno central plantexa a posibilidade de “nacionalizar” as caixas a través do FROB, parecería bastante razoable que a súa representación no consello da entidade fora atribuído á comunidade autónoma. A falta desa xenerosidade cooperativa, as institucións galegas deberían asumir a responsabilidade estratéxica de aportar en forma de cotas participativas o capital necesario para, xunto con outras medidas, cumprir os requisitos do regulador. Obviamente, ese paso ten que ir acompañado dunha nova representación da sociedade galega nos seus órganos de dirección, que a lei galega contempla. É a “quinta opción” que formulara nestas páxinas hai máis dun ano.

Sem comentários:
Enviar um comentário