Estamos no mes da sega. Isto semellará raro aos urbanitas que non tiveron a sorte de vivir un mundo no que os meses estaban popularmente rebautizados de acordo coa festividade máis sobranceira (mes de san xoán, mes de santiago, mes de santos, mes de nadal) ou pola súa significación no ciclo das colleitas (mes da sega, mes da vendima). Eran outros tempos; tempos nos que as celebracións festivas, asimiladas pola Igrexa católica ao seu santoral, e os ciclos naturais do traballo agrícola marcaban a vida da inmensa maioría do país. Eran tempos nos que ninguén podía permitirse a lixeireza de esquecer o esencial.
Todo paisano tiña por forza que saber que despois da sega e da malla compría separar o gran que ía pasar pola moega dos muíños –albeiros ou de maquía- e o gran que había de conservarse, posto a bon recaudo de ratos e rateiros, para poder sementar na primavera vindeira. A sabiduría ancestral deixounos ben aprendido que cómpre combinar ben o curto e o longo prazo, por algo o presente e o futuro son tempos verbais diferentes. Non van moi lonxe os que aguilloados por uns fillos esfamiados caen na trapela de creer que o mellor é levar ao muíño todo o gran posible. Ninguen responsábel pode deixar as uchas baleiras por moito que aprete a necesidade.
Esta sabiduría segue contando tamén hoxe, nos tempos modernos do século XXI. E conta non só na agricultura senón tamén na xestión pública e na loita política.
Suxíreme este exordio ou introito o título do manifesto asinado por dúcia e media de alcaldes do BNG no que fan un chamado a “facer o país gran a gran”.
É louvábel que os militantes dunha organización se reunan para dar o seu parecer sobre a situación política, para facer un chamado sobre aquilo que consideran máis acuciante da realidade presente. Neste caso resulta particularme relevante que nun país mediaticamente bipartidista aparezan un feixe de alcaldes do BNG pronunciándose xuntos. Sería unha gran idea que apareceran todos, transmitindo á sociedade o modesto pero nada desprezábel poder municipal do nacionalismo.
Nese sentido, a moita xente pode resultarlle curioso que o primeiro manifesto de alcaldes nacionalistas non sexa para denunciar a situación de asfixia económica na que se atopan os concellos que foron chamados a gobernar; asfixia que deriva tanto da situación de crise como do implacable sectarismo aplicado polo PP desde a Xunta de Galicia ou desde as Deputacións que goberna. O certo é que nin están todos nin é para fixar posición nos grandes asuntos que atenazan a política municipal ou nos que constituen a preocupación da inmensa maioría dos veciños e familias, agobiados por unha crise que pon contra as cordas o seu presente e o seu porvir. O pragmatismo do que parece facerse portavoz este manifesto seguramente podería ter aconsellado unha priorización distinta da escollida para falar públicamente ao país como alcaldes nacionalistas, por primeira vez. Pola contra, deciden facelo para dirixirse á parroquia nacionalista. É unha opción pero permítanme que diga que esa opción non fai máis que prolongar un dos vicios que menos ten favorecido ao BNG en moito tempo: o autoreferencismo ou falar en exceso de si mesmo, o que na maior parte dos casos resulta ser falar con pouco aprecio de si mesmos.
Todo o mundo é libre de pronunciarse publicamente do que considere oportuno e no sentido que lle dicte o seu entender. A mesma liberdade da que todos facemos uso para opinar sobre elas. Comparto co manifesto dos alcaldes moitas cousas, como non podía ser doutra maneira habida conta do alto grao de xeneralidade e ambigüidade das escasas frases do texto dado a coñecer. Creo que é un lugar común amplamente compartido dentro do BNG que estamos nun momento singularmente importante e crítico e que iso ten que substanciarse en decisións de alcance para que o nacionalismo avance na sociedade. Dito iso, comprirá concretar o discurso ideolóxico, os cambios organizativas e as iniciativas políticas para conseguilo. O manifesto non permite albiscar con clareza cais son as propostas nas que están pensando os asinantes. O máis claro é o ton que parece apostar por un esforzo de pragmatismo centrado nos problemas diarios dos cidadáns e aberto a sociedade. Que dúbida cabe que iso é necesario e importante, do mesmo xeito que é obvio que iso non se verifica só a través das institucións locais senón tamén dos sindicatos, asociacións veciñais, ecoloxistas, etc. En todo caso, volvendo ao principio, o futuro do país e do nacionalismo non está só na xestión -eficiente e honesta, por suposto- senón nunha incansable batalla de ideas. Sabendo da abafante campaña ideolóxica da dereita conservadora e neocentralista -prolongada, permanente, agresiva e simplona- seria inxénuo descoidar esa faceta por parte dunha forza nacionalista e de esquerdas. E menos autodeclarala dogmática. Outra cousa é que reclamemos que se faga con intelixencia, con medios e con capacidade de adaptación. Para dicilo de xeito máis directo, nin os alcaldes poden ser predicadores ideolóxicos nin a nación se constrúe sen unha inmensa e prolongada loita de ideas. Por iso, mentras uns levan o gran ao muiño outros teñen que coidar da sementeira. Nin unha sen a outra nin a outra sen a unha.

Sem comentários:
Enviar um comentário