Algúns economistas –máis dos que parece– levamos manifestando o completo desatino da resposta do G-20 e da UE á crise que estourou en 2007-08. Os resultados están a vista. Case catro anos despois, no canto de levantar cabeza resulta que o foxo vai facéndose máis grande cada día. A crise afectaba a aspectos máis esenciais do que o establishment quixo admitir pero, sobre todo, as malas respostas acaban facendo que as solucións sexan cada vez máis estreitas e, continuando co mesmo patrón, as medidas son cada vez máis agresivas e os efectos máis graves.
O peor de todo, como xa levamos dito, é que os sacrificios impostos lonxe de alumar unha saída acaban labrando chanzos dunha dantesca baixada aos infernos. O irresponsable rescate da banca en 2008, sen acompañalo de reformas radicais nos mercados –controis de capitais, paraísos fiscais– acabou desbaratando as contas públicas, disparando a débeda pública para dar cobertura á privada e auxiliar aos grandes lobby’s; a liquidez xerada polos bancos centrais serve para alimentar burbullas especulativas polo mundo adiante (mercados de débeda, de futuros de materias primas, alimentos, Brasil, México, India, África...) ao tempo que seca o crédito á economía produtiva e actividades innovadoras de futuro, colapsando a economía e os ingresos públicos, agravados polas reformas fiscais regresivas.
Os plans de axuste impostos pola dereita europea a Grecia, Irlanda, Portugal e España xa vemos que non funcionan; arrastran estas economías á recesión e o estancamento e, como consecuencia, o problema da débeda non só non se reduce senón que se engorda até facer perigar toda a zona euro, dinamitando o fráxil e inconsistente edificio do euro neoliberal e dun BCE que non é realmente un banco central. Pero ante a evidencia do fracaso dun duro axuste non emendan, senón que impoñen novos axustes aínda máis severos, nunha espiral sen fin cara ao colapso, a menos que o estourido social obrigue a poñer freo a esa miope estratexia.
A dereita e o poder financeiro non acepta o fracaso do modelo neoliberal de economía global financiarizada e resístense a introducir as reformas necesarias para ensaiar outros modelos. Abrir esa vía pode obrigar a romper o statu quo na distribución da renda e do poder e por iso pode parecer en exceso difícil ou mesmo idealista pero, aínda que tarden, seguramente acaben sendo as únicas realistas se do que se trata é recuperar a economía produtiva e o emprego. Para non perder o norte na marabunta dos estres bancarios, de débeda e recortes infinitos, cómpre insistir nas liñas mestras dunha reforma en positivo: 1. Reforma do sistema e dos mercados financeiros para reducir a súa exuberancia especulativa, penalizando fortemente os movementos de capital de curto prazo (taxa Tobin), eliminando os paraísos fiscais, para forzar a canalización dos investimentos e do crédito cara investimentos produtivos, innovadores e sustentábeis.
2. Reforzar o investimento público en educación, investigación e saúde.
3. Redución progresiva do déficit e da débeda mediante aumento dos ingresos públicos, non en base a rendas do traballo e o consumo senón das rendas do capital e das grandes fortunas, perseguindo a fraude e a evasión fiscal, eliminando paraísos fiscais e a competencia á baixa; eliminar as bonificacións fiscais aos fondos de investimento, hedge funds e SICAV...
4. Devaluación do euro, reforma da eurozona e do Banco Central Europeo para que sexa un verdadeiro banco central que cubra o financiamento dos gobernos e creación dun tesouro europeo cun sistema tributario común.
5. Regulación do comercio internacional para limitar os efectos da competencia en sectores clave, impedir desequilibrios prolongados da balanza comercial e evitar o desmantelamento dos sectores productivos e a destrucción masiva do emprego.
6. Soberanía alimentar, agroecoloxía e consumo de proximidade.

Sem comentários:
Enviar um comentário