65.000 millóns de
euros en recortes adicionais en 30 meses, 2,5% do PIB anual, 400.000 empregos
menos. Estas serían, traducidas, as cifras grosas do anunciado por Rajoy no
Congreso. Unha caída xeneralizada da capacidade de compra e do nivel de vida da
poboación, levando ao estremo de privación as rendas modestas, parados, pensionistas e dependentes. A
caída directa de ingresos e o aumento dos impostos regresivos van deprimir a
demanda, arrastrando de xeito inducido a produción e o comercio, minando a un
tempo o emprego e os ingresos privados e públicos, nunha auténtica espiral
destrutiva.
Ese é un novo chanzo do rescate do sistema
financeiro -español e europeo- a costa da economía produtiva e das rendas
modestas do país.