Co gallo dos 40 anos da publicación d'O Atraso de Beiras, o Faro de Vigo envioume un cuestionario para publicar como entrevista. O resultado xornalístico esta aqui http://www.farodevigo.es/galicia/2012/06/03/reto-aprovechar-recursos-o-completar-cadena-productiva-cumplio/654051.html
As preguntas coas miñas respostas literais foron estas outras, obviamente en galego.
PREGUNTAS:
-¿Qué
supuso, según tu punto de vista, esta obra en su momento para Galicia?
XV: Foi unha obra clave
para mudar o enfoque dos problemas económicos de Galiza. Tivo un grande impacto
nunha sociedade que espertaba da noite da ditadura e que precisaba repensarse
doutro xeito. Tivo unha grande difusión por proceder do ámbito académico nun
momento de grande inquedanza, de rebulir universitario e intenso debate
político e social do amplo movemento antifranquista e o rexurdir nacionalista.
En particular, significaba pensar Galiza desde si mesma, vítima dunha historia
feita e escrita por un estado central incapaz de promover o desenvolvemento e,
sobre todo, incapaz de recoñecer e atender os nosos intereses. Permitiu romper
os mitos centralistas e provincianos que debuxaban unha Galiza intrínsecamente
incapacitada para o seu desenvolvemento.
-¿Qué
denunciaba, básicamente? Defectos y virtudes de la comunidad en los 70.
XV:
Denunciaba a situación de atraso económico provocado polas políticas da
ditadura pero sobre todo como resultado dunha longa historia de dominación e
espolio levados a cabo por un poder centralizador, centrípeto. Denunciaba os
mecanismos de expulsión do excedente xenerado en Galiza a través da dependencia
comercial, industrial e financeira. A emigración. Denunciaba as consecuencias
de non termos poderes autóctonos consolidados e de non termos institucións
propias. En definitiva, aínda que non sexa algo explícito no libro, eu creo que
invitaba a unha lectura da nosa situación e da nosa historia desde a
perspectiva da soberanía, é dicir, das consecuencias da ausencia de soberanía.
-Fue
el germen del nacionalismo gallego, o le dio fuerza?
XV:
Máis ben entronca coa tradición nacionalista, contribue a reformulala, dándolle
unha máis sólida fundamentación económica. O Atraso entronca directamente,
aínda que non o explicita, coa obra de Paz Andrade, que este ano homenaxeamos,
en particular coa sua obra “La marginación de Galicia”, publicada un par de
anos antes. Nesa altura había un certo reverdecer da análise económica e social
do e no noso país, en particular desde o eido nacionalista, e o Atraso foi sen
dúbida a peza central, a síntese creativa de todo ese fervedoiro de ideas. O seu caracter compacto, en formato
ensaístico, asequíbel para o grande público converteuno na obra de referencia
do nacionalismo dos anos setenta. Sen dúbida, contribuiu a reforzar o
nacionalismo e a súa visión mesmo transcendeu alén dese ámbito.
-¿Qué
postulaba sobre Galicia para el futuro? ¿Se cumplió?
XV:
Propugnaba un desenvolvemento autocentrado, no marco dunha economía de
planificación descentralizada, unha economía máis virada cara o aproveitamento
integral dos nosos recursos, endoxeneizando no país o conxunto das cadeas
produtivas. Tamén pretendía a superación da dependencia política. Obviamente,
non se cumpriu o que el propugnaba. En realidade, desde aquela houbo unha serie
de cambios moi importantes no país que eran difíciles de entrever a partir do
diagnóstico do Atraso pero, ao mesmo tempo, moitas cousas que o Atraso
formulaba como necesarias non ocorreron. Quizais
as máis profundas son xustamente as que seguen aínda sen mudar.
-¿Qué
piensas hoy sobre lo que Beiras dijo en dicha obra? ¿Tiene vigencia, todavía?
¿Queda todavía alguno de dichos atrasos?
XV: Como diagnóstico da
situación concreta actual é obvio que o Atraso non pode estar ao día. Permanece
en cambio como unha obra que ofrece un marco interpretativo da nosa historia
longa, dos factores explicativos que nos permiten comprender como chegamos até
aqui, que papel xogamos no marco do estado español, que atrancos estruturais
impediron o noso desenvolvemento.
Eses factores da
dependencia, colonización financeira, falta de poder político soberano,
insolidaridade institucional seguen a estar aí. Seguimos a sufrir os efectos da
súa persistente influencia histórica, porque a historia segue estando con nós,
é imborrrábel, pero é que, ademais, moitos deses factores seguen claramente
actuantes, mutatis mutandis, no momento presente.
-¿Cómo te influyó a ti
este libro?
XV: Eu tropecei co libro
de moi novo, sendo case un rapazolo de doce-trece anos e serviume de
espertador. Máis tarde, traballeino máis a fondo na carreira e, sen dúbida,
marcou a miña traxectoria como economista, como investigador, coma moitos
outros economistas saídos da facultade de económicas de Santiago. Aínda que a
evolución da realidade, a da propia disciplina e a propia creación persoal
fagan que aquelas raices sexan menos perceptíbeis co paso do tempo, o certo é
que o Atraso contribuiu a moldear a miña visión da economía e dos problemas do
país.
Penso que deberías exixir que as resostas fosen publicadas en galego, tal e como ti o fixeches. En caso contrario non deberías deixar que se publicase.
ResponderEliminarUnha aperta