Ante a pasión coa que a dereita conservadora radicalizada pretende elevar aos altares ao señor Fraga Iribarne (grazas a deus a consigna de "santo subito" non callou) convén facer algo de memoria, non vaia ser que a poder de insitir o convirtan nun demócrata precoz, nun bo e xeneroso e mesmo nun brillante gobernante que sacou a Galiza do atraso secular e situouna na vangarda do progreso e do benestar. Obviamente, reivindicar ese pasado idealizado de Fraga é unha calculada campaña de autobombo dos actuais gobernantes dun Partido Popular que o pasaron pola súa dereita en conservadurismo neoliberal e tamén en antigaleguismo.
Non merece ese discurso un gran tratado para desmantelalo pero si pode merecer a pena rememorar algún balance feito xusto cando remataba a súa longa etapa de máis de 15 anos á fronte da Xunta de Galicia.
Para quen o considere de interese ofrézolle a continuación a leitura dun fragmento do último capítulo do meu libro O fracaso neoliberal en Galiza, publicado en 2005 pola editorial A Nosa Terra. Certo que, por desgraza, a súa leitura segue a ser tremendamente actual.
Para quen teña ánimo velaí vai a miña despedida.
Discursos
- autogoberno (2)
- Banca Pública (26)
- Caixas de aforro (24)
- ciencia (3)
- Crise (79)
- Crise e conflitos de clase (62)
- Crise ecolóxica (3)
- Discursos (23)
- Economía galega (2)
- Estado do benestar (29)
- Galiza (101)
- innovación (5)
- medios de comunicación (4)
- Nacionalismo (75)
- Política europea (44)
- recentralización (1)
- Soberanía (89)
terça-feira, 24 de janeiro de 2012
quarta-feira, 18 de janeiro de 2012
Os grandes buratos da débeda que Krugman parece ignorar
Diante da obscena submisión dos países ás ditaduras das finanzas que poñen contra as cordas as contas públicas e os propios gobernos hai algunhas voces que cifran toda a estratexia para remontar a crise a unha audaz política de creación de diñeiro e aumento da débeda pública. Tal é a recorrente receita de algúns economistas progresistas, entre os que destaca o ben coñecido entre nós Paul Krugman. Sen dúbida, a súa opinión compre lela sempre como a dun economista americano, cunha confianza cega no poder do dólar e da FED, como emisores da divisa clave da economía mundial. Máis alá diso o seu discurso vai ao encontro das receitas máis agresivamente neoliberais. Con todo eu creo que ten unha excesiva confianza na mera aplicación de políticas macroeconómicas activas –tanto monetarias como fiscais- como solución á crise. Do meu ponto de vista non acaba de comprender -ou non quere asumir- que estamos diante do esgotamento dun modelo e que, en consecuencia, compren transformacións moito máis profundas nas regras de xogo, tanto a nivel interno de cada economía como a nivel global.
segunda-feira, 9 de janeiro de 2012
A demagoxia neoliberal co déficit e os impostos
No debate actual sobre o déficit e a débeda xógase abusivamente con algunhas simplificación torpes e demagóxicas. Os propagandistas da dereita tratan de identificar déficit con despilfarro. Obviamente, non teñen nada que ver. Pode haber xestión pública eficiente de recursos xestionados en orzamentos con déficit e xestión ineficiente con orzamentos equilibrados. Outros tratan de identificar gasto público con déficit e dan por feito que para reducir o déficit a única vía é a redución do gasto público. Obviamente, tampouco é iso. O asunto está en ter sempre presente que o déficit depende tamén dos ingresos públicos en xeral e dos impostos en particular. É unha trapela interesada falar exclusiva e machaconamente dunha das follas da tesoira como se a outra non entrase no xogo.
A liña política antes de nada
(Publicado no Xornal de Galicia en maio de 2009)
O fracaso electoral
de marzo pon ao BNG nun escenario inédito e para o que está mal entrenado. O continuado
goteo electoral ao longo da presente década conviviu paradoxalmente cun aumento
das cotas de poder vía coalicións nos concellos e na Xunta. Iso anestesiou
calquera malestar e impediu os debates que deberan ter diagnosticado as causas.
O certo é que esa falta de engraxe nótase agora cando a reflexión sobre a
debacle se fai ineludíbel. Esta asemblea apresurada, forzada pola dimisión da
Executiva en pleno, podería ser a ocasión para esa reflexión en profundidade
sobre a liña política e sobre a organización. Pero, á hora da verdade, non o
está a ser. Ou éo tan só a medias. Unha parte do BNG chegou á conclusión de que
a liña emprendida hai unha década fracasou e compre mudala recuperando os
sinais de identidade do nacionalismo e da esquerda; porén, outra parte aínda
non foi quen de saír da “nube” dun fracaso inesperado e comprender que este ten
unhas causas cifrábeis nunha acción política que desvalorizou o esforzo de
xestión. Esa parte, a máis involucrada en responsabilidades de goberno, non
acabou de ver aínda que é o que fallou e, en consecuencia, persevera na senda
emprendida, se cabe con máis afouteza.
BNG: nova era, nova síntese
(texto publicado en Xornal de Galicia en 2009)
O BNG naceu en 1982, xusto no momento no que estaba arrancando a longa éxida do neoliberalismo no mundo. O BNG medrou e madurou o proxecto nacionalista nese tempo de progresiva hexemonía neoliberal e abafante pensamento único.
O BNG naceu en 1982, xusto no momento no que estaba arrancando a longa éxida do neoliberalismo no mundo. O BNG medrou e madurou o proxecto nacionalista nese tempo de progresiva hexemonía neoliberal e abafante pensamento único.
Nese período viviu
un proceso de consolidación na sociedade e de ascenso na súa influencia e
adhesión eleitoral, sen facer cesións significativas no seu ideario. En todo
caso o cénit desa expansión acadouse en 1997-1999, despois de absorber outras
formacións nacionalistas. Co comezo de século, coincidindo cos primeiros pasos
á fronte dalgunhas cidades, empezou un paulatino devalo até a posición actual.
Durante eses anos,
o BNG sufriu, coma todos os partidos, o embate da ideoloxía neoliberal convertida
no “sentido común” abafante de todas as políticas, o molde no que se cociñaban
todas as receitas, que co paso do tempo parecía naturalizarse como algo inamovíbel
e chamado a permanecer. De xeito comprensíbel moitos militantes e, sobre todo,
aqueles que acadaron posicións de poder institucional -local ou autonómico- víronse
tentados a amoldarse á realidade vixente e predominante, temerosos de caer na
marxinación e na negación de calquera posibilidade de “tocar” poder. Porén,
outros moitos mantiveron ben arraizada unha ideoloxía crítica co modelo de
capitalismo neoliberal.
Nesta nova era que
se abre co fracaso dese modelo, o BNG está en fase de reconsideración, tomando consciencia
da desafección dunha parte da súa base social. Esa desafección deriva, en
parte, dunha valoración crítica do que eses sectores sociais consideran
coqueteos excesivos da dirección última coas políticas de moda e co
rexionalismo. Axudaron tamén certas maneiras de “parvenu”, certo empoleiramento
inxenuo na periferia dos círculos do poder, aínda que fose como convidados.
segunda-feira, 28 de novembro de 2011
A crise sen fondo na Galiza de Feijóo: ¿austeridade ou desleixo?
Nos anos 2009-2011 a economía
móvese entre a recesión e o estancamento (o PIB amosa taxas negativas ou nulas
en máis da metade dos trimestres), cae lixeiramente o consumo das familias e
afúndese o investimento (Formación Bruta de Capital) de xeito continuado nestes tres anos; o índice de produción industrial
caeu fortemente no trienio (con excepción do primeiro semestre de 2010). A caída é igualmente intensa na industria que na construción
ou na produción enerxética; é algo máis moderada no sector primario e nos
servizos, onde a tónica é o estancamento.
¿Gobernos técnicos ou Golpe de palacio das finanzas?: unha UE en malos pasos
O omnímodo poder estruturado arredor da alta finanza, os bancos centrais
cinicamente cualificados como “independentes”, as servís institucións
internacionais, as grandes corporacións globais dos sectores oligopolísticos e
os grandes grupos mediáticos globais actúa como o verdadeiro poder que se impón
e ningunea os demais poderes da sociedade, singularmente os que emanan da representación
democrática da cidadanía, provocando unha inédita deslexitimación das
institucións, da política e dos partidos gobernantes.
Sacrificados no altar das finanzas
Nos últimos tempos é tan trepidante o
ritmo das noticias económicas catastróficas que resulta difícil non perder a
perspectiva da secuencia que van describindo os feitos, esquecendo onde
residían as causas e esquecendo tamén as medidas que foron adoptadas, as razóns
dos que denunciaban o seu previsible fracaso, os motivos polos que a pesar de
todo se adoptaron e como acabaron efectivamente en fracaso real. Do mesmo xeito
pérdense no barullo todas aquelas medidas anunciadas pero que, sen que se diga
e se explique por que, acaban non aplicándose nunca (control dos paraísos
fiscais, control dos movementos especulativos dos fondos, das posicións curtas
e en descuberto, das remuneracións dos directivos, etc., etc.). Europa, a
cámara lenta, escenifica o fracaso catastrófico dun proxecto urdido sobre molde
neoliberal; a lentitude da secuencia permite vivir con dramatismo e tensión
cada paso, sancionado con roldas de prensa dunha Merkel e un Sarkozy que
decidiron erixirse no comité central da eurozona ou... da grande banca e fondos
da eurozona e, particularmente, da súa. Cada día que nos anuncian a bancarrota
definitiva de Grecia é un día máis en que se nos escamotea a referencia á causa
real e verdadeira da crise da débeda que non é outra que a burbulla de débeda
acumulada durante anos por unhas finanzas especulativas así como por ter
construído un euro e un Banco Central Europeo á medida das necesidades desa
banca e non dos países da área euro, nin dos seus cidadáns, nin tan sequera do
seu tecido produtivo.
Subscrever:
Mensagens (Atom)