1. O déficit público español en 2012, en proporción ao PIB, está efectivamente entre os máis altos da UE, despois de Irlanda e ao mesmo nivel de Grecia.
3. O gasto público español medido en relación ao PIB está 4 puntos por debaixo da media, fronteao que tenta inculcarse á poboación,
Máis ben habería que pensar que nese baixo gasto público (e eventualmente a súa incorrecta distribución e aplicación) está unha das raíces do problema.
De novo, só algúns dos países do leste (5) recadan unha proporción menor do PIB.
Está claro que non poden manterse niveis de gasto público e gasto social sen a correspondente recadación de ingresos públicos.
Entón, a cuestión é: por que se recada tan pouco en relación ao PIB que producimos?. Hai diferentes causas:
- baixos impostos ás rendas altas
- baixos ou inexistentes impostos ás grandes fortunas e patrimonios
- a evasión fiscal e a fraude fiscal
-etc
A conclusión é bastante clara: non ten ningún sentido pretender reducir o déficit e a débeda cunha espiral destrutiva de recortes no gasto público. pilarro, para reducir o déficit e resolver a crise fiscal cómpren tres liñasde actuación esenciais (mesmo sen plantexarse mudanzas de máis envergadura):
a) reactivar a economía incrementando o gasto público (e o gasto social),o que non significa defender o mal gasto público, o desbalde, a ineficiencia ou o clientelismo. Máis ben todo o contrario.
a) reactivar a economía incrementando o gasto público (e o gasto social),o que non significa defender o mal gasto público, o desbalde, a ineficiencia ou o clientelismo. Máis ben todo o contrario.
b) aumentar a capacidade de recadación de impostos mediante unha reforma fiscal progresiva, eliminar o "gruyere" fiscal das grandes empresas (que lles permite pagar menos impostos que as pequenas, obter bonificacións fiscais por investir fóra favorecendo a deslocalización, etc...) e
c) unhas medidas de persecución da evasión e a fraude fiscais rigorosas.
Para rematar, a simple comparación dos datos anteriores debería ser suficiente para desacreditar esa vulgata neoliberal de que o problema é o gastos público. Os países europeos máis dinámicos son os que teñen niveis de gasto público superiores e niveis de recadación impositiva tamén superiores. Ser máis dinámicos e máis xustos non é contraditorio. Máis ben todo o contrario, un exceso de desigualdade frea o crecemento, ademais de converter a vida de moita xente nun inferno.

Sem comentários:
Enviar um comentário