Ou como xustificar
un golpe de man no réxime laboral
Nesta crise, coma nas guerras, a primeira que perde é a verdade. Levamos escoitado moitas mentiras nos últimos anos e calquera pode percatarse que o uso e abuso da mentira reiterada é un dos elementos clave da estratexia intoxicadora e dominadora da dereita neoliberal e conservadora, que redescubriu as técnicas máis agresivas do adoutrinamento de masas. Goebels e Orwell en estado puro. Pero as que se están a suceder para dar cobertura á radical reforma laboral impulsada polo PP son de antoloxía.
Baste como botón de mostra estas declaracións da Ministra de Traballo cando o 13 de febreiro afirma que “teniamos una regulación laboral que produjo 2,7 millones de parados y había que hacer algo”. Outros igual de ousados e abusando da ignorancia propia e allea afirman que a reforma laboral vai crear emprego e, desde logo, frear o aumento do paro. O presidente Feijóo, tan audaz como temerario no uso –e abuso- das palabras, atreveuse a dicir que era a reforma feita e pensada para favorecer aos parados, aínda que puidera requirir algún sacrificio dos que tiñan o privilexio de ter emprego (porque nesas estamos, chegamos a un portentoso modelo socioeconómico neoliberal no que ter un emprego, mesmo precario, é un privilexio case abusivo!).
Para que seguir...
despois de catro anos de crise, recesión, estancamento, paro galopante e
políticas equivocadas (ou deliberadamente pensadas para satisfacer á banca e só
a ela), despois de anos en que non lles quedaba outra que admitir que o
problema estivera na especulación financeira e inmobiliaria e un modelo
produtivo centrado no ladrillo e nas actividades de baixo valor engadido, van
ter agora o valor para darlle a volta aos argumentos e aos feitos para acabar
afirmando con total descaro que o problema está no modelo laboral, na rixidez
laboral, nos dereitos laborais, nos salarios excesivos e nas indemnizacións por
despedimento.
Realmente, pola
desmesura e o burdos que resultan os argumentos da propaganda gobernamental e
da banca/patronal que acompañan esta reforma laboral, merecen figurar como
exemplo nos manuais da manipulación das conciencias e do adoutrinamento de
masas. Pero así é e deben facelo bastante ben porque, de momento, parece que
surte efecto.
Vendo a capacidade
de atordamento da poboación, un estaría tentado a pensar que se a presión
mediática aterradora e culpabilizadora continua coa intensidade destes meses
non tardaremos en ver a traballadores con contrato indefinido e salarios medios
acudir ao psiquiatra ou aos xulgados a autoinculparse por privilexio e inmoralidade.
O certo é que o paquete
completo da reforma laboral integral aprobada polo Goberno como Decreto-Lei e
que se tramitará de inmediato no Congreso, supón un cambio total de base no
modelo de relacións laborais no estado español. Compre dicir con totla
claridade que non se trata dunha simple reforma laboral, pola contra é unha
inversión total do modelo. É unha ruptura das bases do modelo instaurado
despois da transición democrática e asentado na constitución, que á súa vez se
situaba na lóxica dos modelos de relacións laborais da Europa da posguerra. E
iso é así porque:
a. non se trata só de reducir as indemnización por despedimento ou a flexibilización interna dos cadros de persoal etc, senón que se fai unha voadura do sistema da negociación colectiva como elemento central das relacións laborais.
b. Permite e da cobertura legal á fixación unilateral de salarios e instaura o despedimento libre e sen indemnización para a maior parte do tecido empresarial. En particular establece un contrato indefinido “de apoio aos emprendedores” que permite o despido totalmente libre e 100% gratis durante o primeiro ano para empresas de menos de 50 traballadores, que son o 99,5% do total. Ademais, permite encadear sen límite este tipo de contratos, co único requisito de cambiar de funcións ao traballador; obviamente, abonda con que se cambien no papel. Por se iso non fose suficiente concédeselle como incentivo unha bonificación fiscal para a empresa de 3.000 euros e no caso de contratar a un parado poderá deducirse fiscalmente o 50% do que estivera cobrando o parado durante un ano.
c. Facilita o despedimento individual e colectivo por causas económicas en todos os casos, cuns requisitos para acreditar esas causas económicas (tres trimestres de reducción na facturación ou vendas ou coa simple previsión de perdas) que son facilmente “pintábeis” co sistema contábel a mercede dos intereses da dirección da empresa.
d. Rompe a unidade da negociación colectiva supraempresarial (sectorial, provincial, autonómica ou estatal).
e. Pon aos sindicatos fóra de xogo á hora de negociar condicións xerais para os diferentes colectivos de traballo. Os ámbitos de negociación e consenso con acordos de obrigado cumprimento para as empresas redúcense á mínima expresión.
a. non se trata só de reducir as indemnización por despedimento ou a flexibilización interna dos cadros de persoal etc, senón que se fai unha voadura do sistema da negociación colectiva como elemento central das relacións laborais.
b. Permite e da cobertura legal á fixación unilateral de salarios e instaura o despedimento libre e sen indemnización para a maior parte do tecido empresarial. En particular establece un contrato indefinido “de apoio aos emprendedores” que permite o despido totalmente libre e 100% gratis durante o primeiro ano para empresas de menos de 50 traballadores, que son o 99,5% do total. Ademais, permite encadear sen límite este tipo de contratos, co único requisito de cambiar de funcións ao traballador; obviamente, abonda con que se cambien no papel. Por se iso non fose suficiente concédeselle como incentivo unha bonificación fiscal para a empresa de 3.000 euros e no caso de contratar a un parado poderá deducirse fiscalmente o 50% do que estivera cobrando o parado durante un ano.
c. Facilita o despedimento individual e colectivo por causas económicas en todos os casos, cuns requisitos para acreditar esas causas económicas (tres trimestres de reducción na facturación ou vendas ou coa simple previsión de perdas) que son facilmente “pintábeis” co sistema contábel a mercede dos intereses da dirección da empresa.
d. Rompe a unidade da negociación colectiva supraempresarial (sectorial, provincial, autonómica ou estatal).
e. Pon aos sindicatos fóra de xogo á hora de negociar condicións xerais para os diferentes colectivos de traballo. Os ámbitos de negociación e consenso con acordos de obrigado cumprimento para as empresas redúcense á mínima expresión.
En definitiva, é a voadura
dun modelo laboral que, mal que ben e cunha prolongada perda de poder da parte
sindical/traballadora, estaba asentado na idea dun certo equilibrio entre o
poder discrecional da empresa e os dereitos individuais e colectivos do
traballador. Desmonta ese modelo no que os sindicatos e a negociación colectiva
eran a peza base das relacións laborais. A idea da negociación e o acordo entre
partes cun poder e capacidade negociadora recoñecida, aínda que desigual, abre
paso a un mundo no que as empresas teñen marxes de discrecionalidade case
absoluta en materia de horarios, asignación de postos, mobilidade entre centros
de traballo, fixación de salarios, decisión de despedimento, etc.
É dicir,
radicalizando a tendencia dos últimos tempos, consagra un poder absoluto nas
mans do empresario e desprové aos traballadores de case todos os seus dereitos
colectivos (e, en consecuencia, desarbora tamén os seus dereitos individuais ao
facelos inefectivos na práctica).
A cuestión é: e
todo iso para que?, cal é o obxecto?.
O discurso orquestrado
é que se trata dunha reforma necesaria para crear emprego e reducir o paro. Non
é preciso recordar aquí o que desde Keynes todos os economistas saben: que o
nivel de emprego ven determinado, non polo mercado laboral, senón pola demanda
efectiva e polas oportunidades de investimento, produción e vendas que esta
xera. Polo tanto, non é pola reforma laboral que se vai crear emprego. De
feito, cando no estado español se crearon varios millóns de postos de traballo
foi con esa lexislación e réxime laboral –abondo precario- que agora se quere
desmantelar –para precarizalo até o extremo-. Do mesmo xeito que o País Vasco ten
unha taxa de paro que é a metade da media española a pesares de ter un mesmo
marco laboral e os salarios máis altos do estado español. A verdadeira
diferenza é que o País Vasco tiña e foi consolidando a cada paso un modelo
produtivo diferente, con industria, tecnoloxía e coñecemento.
Argúese tamén por
parte dos defensores desta reforma que é o que as empresas demandan para saír
da crise. O certo é que cando un fala cos directivos das empresas estes sempre din
que ese non é o seu problema neste momento, nin é iso o que lles vai resolver
os verdadeiros problemas de viabilidade, que o seu verdadeiro problema é que non hai demanda. Máis aínda, como evidencian os
resultados da enquisa de Eurostat en vinte países da UE, as empresas produtivas
españolas non ven os salarios e a lexislación laboral como unha limitación para
crecer no período 2011-2013. O 87% consideran os seus problemas para crecer
derivan da marcha xeral da economía e o 70% consideran que é especificamente a
falta de demanda interna e externa a principal limitación.
Non é difícil
concluír que, dado que o mercado para o 98% das empresas é o mercado interno, a
evolución da súa demanda e as vendas van depender en boa medida da capacidade
de compra dos consumidores do país. E a inmensa maioría dos compradores finais
son as familias (e o sector público), de xeito que a demanda depende do nivel
de ingreso desas familias, é dicir, depende dos salarios, pensións e outros
subsidios. Polo tanto, os empresarios da economía produtiva saben –que
estúpidos non son- que o seu mercado e o seu futuro depende do nivel de
ingresos dos traballadores. Por iso saben que unha estratexia de depresión
salarial, como a posta en marcha pola UE e o estado español, conduce á ruína e
peche a miles e miles de empresas. Non por culpa de salarios demasiado altos
senón por culpa de salarios insuficientes.
A reforma laboral e as demais medidas do goberno non resolven os verdadeiros problemas económicos das empresas produtivas pero, a cambio, o que si fan é darlle un poder omnímodo dentro da empresa. É a mesma filosofía de Esperanza Aguirre que precariza as condicións laborais e salariais dos profesores pero invísteos da consideración de "autoridade pública". Xa que non dan solucións aos problemas reais de fondo o que fan é repartir látigos a esgalla. Autoritarismo como sucedáneo de economía.
A reforma laboral e as demais medidas do goberno non resolven os verdadeiros problemas económicos das empresas produtivas pero, a cambio, o que si fan é darlle un poder omnímodo dentro da empresa. É a mesma filosofía de Esperanza Aguirre que precariza as condicións laborais e salariais dos profesores pero invísteos da consideración de "autoridade pública". Xa que non dan solucións aos problemas reais de fondo o que fan é repartir látigos a esgalla. Autoritarismo como sucedáneo de economía.
Pero e entón,
insistimos, cal é o motivo desta reforma precarizadora e depresiva?. Pois o
verdadeiro motivo é satisfacer as necesidades da banca. Si, de novo, a banca. E
ademais reclama a reforma con urxencia porque quere acelerar o proceso de
concentración e reestruturación bancaria. Calcúlase que ao final dese proceso
de concentración bancaria van sobrar entre 20-30.000 empregados no sector
financeiro. Dado que a vía das xubilacións e pre-xubilacións como mecanismo de
axuste xa está practicamente esgotado, a partir de agora “non quedará máis
remedio” que recorrer aos despedimentos. Para iso compre que isto sexa máis
fácil e máis barato. Os cálculos que se fan no sector é que coa nova norma o
sector financeiro reduce os custes, como mínimo, nun 50% con respecto á vía das
prexubilacións ou os despedimentos coa lexislación actual. No canto de uns
6.000 millóns para o conxunto do sector financeiro o custe pode quedar nos
3.000 millóns de euros. Ademais, os bancos poderán reorganizar funcional e
territorialmente os seus cadros de persoal con total liberdade e, sobre todo,
aplicar unha drástica redución salarial para reducir os custes.
Ese é o motivo de
curto prazo para a banca. De aí, ademais, a urxencia. Pero a banca busca a
deflación salarial a longo prazo no conxunto da economía por outras razóns
adicionais. Por un lado, a redución de custes salariais é unha vía de que eles
e as demais empresas –sobre todo as cotizadas- poidan repartir dividendos máis
substanciosos no futuro, que irán aos bancos e fondos inversionistas; tamén
interesa que sexan quen de soportar custes financeiros –xuros- máis elevados.
Por outro lado, tamén interesa esa deflación salarial para reducir os custes do
sector público e liberar a presión sobre o orzamento a fin de que os gobernos
poidan facer fronte con maior soltura e solvencia aos pagos da débeda pública.
Dado que a banca
non queda atada á marcha do mercado interior habida conta da súa fluidez e
mobilidade a través dos mercados financeiros globais, non se senten
especialmente comprometidos coa marcha da economía produtiva do país. Si for
ben perfecto pero si non vai a banca pode orientar o seu negocio cara os
mercados globais máis rendíbeis en cada momento.
Con estas claves
posibelmente podemos entender mellor todo o paquete de reformas que o PP ten en
marcha neste momento: a “reforma” financeira, os recortes do gastos público, a “reforma”
fiscal e a propia “reforma”/golpe laboral. Todas elas confirman os paquetes
centrais da radicalización neoliberal que campa polos seus repetos por toda a
Unión Europea desde que se asinou o Pacto
polo Euro en 2010 e que o Estado Español aplica como alumno avantaxado ou,
mellor dito, castigado. É o gran proxecto da radicalización neoliberal que
tenta dar a “puntilla” definitiva ao chamado modelo social europeo, convertendo a precariedade en norma. No fondo é un paso máis, un paso decisivo, na ruptura do pacto social que caracterizara un día o capitalismo da posguerra europea. Unha guerra
social de alcance cuxa primeira batalla empezara coa aprobación do Tratado de
Maastricht e o Pacto de Estabilidade e que agora aproveita a crise para dar un
paso non definitivo pero si de envergadura. O chama Pacto polo Euro de 2010 é a nova folla de ruta do neoliberalismo radicalizado.
A grande incógnita
–ben incómoda, por certo- é onde están os sindicatos europeos, onde está metida
a esquerda europea. É unha auténtica guerra social pero parece non haber ninguén
enfronte. Obviamente, a mesma incógnita compre poñela no estado español ou noso
país. Afortunadamente, a CIG ten a audacia de lanzar a convocatoria dunha folga
xeral en Galiza cara fins de marzo. É unha decisión que demostra clareza de
visión da fondura do desafío que están a plantexar as forzas conservadores aquí
e no continente. Pero tamén é certo que a envergadura do embate obriga a pensar
na necesidade doutra escala á hora de encarar ese batalla. Pero, ao igual que
os gregos e portugueses non puideron agardar por ninguén tampouco nós
deberiamos facelo.
ANEXO: Acaso ten España un problema de custes excesivos?. Velaí os contundentes dados do informe de Patrick Artus, da banca NATIXIS, publicado o dia 13 de febreiro.
ANEXO: Acaso ten España un problema de custes excesivos?. Velaí os contundentes dados do informe de Patrick Artus, da banca NATIXIS, publicado o dia 13 de febreiro.
Tableau 1. Salaire horaire dans l'industrie yc charges sociales (en euros) 1999
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
2004
|
2005
|
2006
|
2007
|
2008
|
2009
|
2010
|
2011
|
||||||||||||||
Allemagne
|
26,30
|
27,60
|
28,50
|
29,20
|
29,80
|
30,00
|
30,10
|
31,30
|
31,70
|
32,47
|
33,00
|
33,10
|
34,18
|
||||||||||||
France
|
23,86
|
24,98
|
26,17
|
27,17
|
27,98
|
29,01
|
29,96
|
30,96
|
31,97
|
32,92
|
32,92
|
34,17
|
35,31
|
||||||||||||
Espagne
|
15,05
|
15,12
|
14,15
|
14,86
|
15,64
|
16,29
|
16,87
|
17,56
|
18,24
|
18,92
|
21,54
|
21,70
|
22,29
|
||||||||||||
Italie
|
18,09
|
18,28
|
18,69
|
19,37
|
19,84
|
20,63
|
22,21
|
22,63
|
23,12
|
23,88
|
24,58
|
25,23
|
25,80
|
||||||||||||
Grèce
|
10,00
|
10,39
|
11,00
|
11,80
|
12,65
|
12,71
|
12,18
|
13,13
|
14,32
|
15,70
|
16,30
|
16,75
|
15,67
|
||||||||||||
Portugal
|
6,72
|
6,94
|
7,30
|
7,70
|
8,10
|
8,50
|
8,80
|
9,01
|
9,23
|
9,60
|
10,10
|
10,28
|
10,32
|
||||||||||||
Irlande
|
16,05
|
17,25
|
19,17
|
20,18
|
21,06
|
21,99
|
22,82
|
21,83
|
24,84
|
26,23
|
30,29
|
29,57
|
n.c.
|
||||||||||||
Belgique
|
27,39
|
28,44
|
29,88
|
31,33
|
32,92
|
32,30
|
33,03
|
33,93
|
35,78
|
36,79
|
38,31
|
40,08
|
41,22
|
||||||||||||
Tableau 2. Coût horaire du travail dans l'industrie corrigé de la productivité (en euro) 1999
2000
|
2001
|
2002
|
2003
|
2004
|
2005
|
2006
|
2007
|
2008
|
2009
|
2010
|
2011
|
||||||||||||||
Allemagne
|
26,30
|
25,63
|
25,87
|
26,93
|
27,15
|
26,72
|
26,22
|
25,31
|
24,63
|
26,88
|
33,40
|
30,19
|
28,85
|
||||||||||||
France
|
23,86
|
23,46
|
24,17
|
25,44
|
26,39
|
26,88
|
27,29
|
27,84
|
28,21
|
30,44
|
33,00
|
33,06
|
33,51
|
||||||||||||
Espagne
|
15,05
|
14,52
|
13,15
|
13,78
|
14,29
|
14,81
|
15,32
|
15,68
|
16,11
|
17,15
|
22,44
|
22,42
|
22,87
|
||||||||||||
Italie
|
18,09
|
17,33
|
17,79
|
18,66
|
19,57
|
20,44
|
21,88
|
21,48
|
21,64
|
23,39
|
28,52
|
28,03
|
28,32
|
||||||||||||
Grèce
|
10,00
|
9,63
|
10,09
|
11,52
|
11,60
|
11,75
|
10,10
|
11,53
|
12,42
|
13,15
|
13,04
|
15,20
|
15,56
|
||||||||||||
Portugal
|
6,72
|
6,78
|
7,05
|
7,44
|
7,87
|
8,25
|
8,63
|
8,74
|
8,73
|
9,18
|
10,56
|
10,48
|
10,83
|
||||||||||||
Irlande
|
16,05
|
15,69
|
16,37
|
15,48
|
16,17
|
16,51
|
16,79
|
15,52
|
16,03
|
16,98
|
19,17
|
17,55
|
-
|
||||||||||||
Belgique
|
27,39
|
27,14
|
28,50
|
30,15
|
31,76
|
30,28
|
30,86
|
31,27
|
32,40
|
33,20
|
37,40
|
27,93
|
36,73
|
||||||||||||
Adenda (23 febreiro): Ninguén mellor que Antolín Alcántara (dirixente da CIG) transmite con tanta brillantez e vibrante oratoria o alcance desta malchamada reforma laboral, en plena concordancia co espíritu deste artigo.
Recoméndovos adicarlle un cuarto de hora a ver este vídeo e a difundilo, polo seu caracter pedagóxico e tamén para reconfortármonos coa calidade intelectual, humana e política do sindicalismo nacionalista.
http://www.youtube.com/watch?v=DYPwJp8mxJs
Noraboa por un artigo que permite termos unha radiografía da situación que se deriva desta reforma laboral. Creo que neste rearme de argumentos que precisamos para enfrontar esta ofensiva, artigos coma éste son moi necesarios.
ResponderEliminarLamento, eso sí, que os comentarios sobre este artigo non teñan o nível de participación coma tivo o anterior.
Polo que se vé, algúns son máis dados a todo aquelo que contribúe ao desgaste interno que ao que axuda ao reforzamento externo. Eu, desde logo, apúntome ao último; que é o mellor xeito de ser útiles socialmente.
Parabéns, pois, novamente.
Son a única que estou morta de medo? Grazas polo artigo, Xavier. Concordo co comentario de Manuel Doval. Estaría ben mirarse algo menos o embigo...
ResponderEliminarObrigado Xavier pola análise.
ResponderEliminarEssa esquerda que comentas, anquilosada e desparecida, já não pode voltar à vida. As sua forma de situar-se no mundo e as suas estruturas estão enferrujadas polo contacto com o sistema de domínio, fam parte dele. Outra nova esquerda é a que poderia tentar a confrontação, e talvez a vitória. Ou isso, ou o abismo para Europa.
P.S.: Acho que foi por isso que houve quem se ergueu e marchou. ;)
Obrigado polos comentarios.
ResponderEliminarEsta claro que parece que atravesamos un momento en que a principal inquedanza dos que circulan por este país virtual é a política. Por desgraza non tanto pola política no sentido de confrontación de proxectos sociais alternativos senón máis ben pola política rosa, a endogámica política de cadeiras, que desperta tantas pasións e tanto morbo pero que contribue pouco ao avance das alternativas na sociedade.
Para frear o belixerante e radical proxecto neoliberal e conservador precisamos unha esquerda con ideas e proxectos claros pero tamén con forte presencia social. Iso require forzas políticas ben implantadas, sindicatos fortes e movimentos sectoriais de resposta (usuarios servizos públicos, sanitarios, ensino, ecoloxistas, etc). Isto require sumar forzas para os grandes obxectivos e deixar a un lado as pequenas diferencias ou as cativas ansias de protagonismo.
Nese sentido, é claro que a esquerda europea maioritaría está perdida para esa batalla. A tradicional socialdemocracia en Europa hai tempo que deixou de ter un programa económico socialdemócrata. No mellor dos casos é social-liberal e nos últimos anos nin iso, aplica un neoliberalismo tout-court (británica, alemaña, italia, españa, portugal, grecia, etc). A esquerda comunista esmoreceu en case todos eses países. Nalgúns reemerxe igual que reemerxe unha socialdemocracia con programa coerente (Die Linke...).
En Galiza temos a sorte de contar cunha formación que foi quen de reaccionar con clarividencia e lucidez á crise neoliberal. Non é perfecta nin estivo en todos os momentos a altura, sobre todo se pensamos na maior parte da década pasada. Pero conservou dentro unha fonda capacidade crítica, unha capacidade organizativa notábel e un relevante (non marxinal) peso social e eleitoral. Compre non minusvalorar o que temos. XA quixeramos que por europa adiante houbera algo semellante. Hai que melloralo, reverdecelo, sacudilo de vez en cando pero sobre todo compre agrandalo, reforzalo. Non gañar tamaño para acomodalo ao ritmo deses partidos que xa só serven para facer o xogo da alternancia, pero sí gañar tamaño porque sen iso non é posíbel gañar á apabullante maquinaria do poder neoliberal. Non é o momento de dividir nin de fixarse só nos defectos (máis pequenos ou máis grandes, que sempre serán corrixibles polo impulso de todos e do sentido común). É o momento de saber valorar o que temos e o importante de reforzalo. O BNG foi quen de erguer unha bateria de inciativas contra a crise nas institucións, mobilizou moita xente contra medidas concretas e mesmo apoiou dous folgas xerais, sendo axente activo nelas. Apoiou a folga xeral convocada pola CIG con outros sindicatos minoritarios no noso país. Agora a CIG volve convocar outra folga xeral para marzo, ademais de outras moitas iniciativas en diferentes frontes. Sinceramente, iso non o hai na maioría dos países europeos (se deixamos a un lado Grecia e Portugal, polas razons sabidas).
Descorazona ver que algunhas persoas non son quen de explicar moi ben por que se separan, máis que por estados de ánimo ou falta de aprecio... sinceiramente, dividir forzas por certas suceptibilidades ou arroutadas non é facilmente comprensible. E menos neste momento. E, desde logo, a respeito das persoas que Miguel dí que se ergueron e marcharon non teño tan claro que fora precisamente por querer ir máis lonxe nisto. Desde logo, teño a impresión de que o discurso de fuga non conta con especial seguimento no eido sindical. Por algo será.
Cando o instrumento para o cambio non existe está claro que o primeiro paso é inventalo, pero cando existe o que hai que facer é reforzalo, melloralo e agrandalo. Nunca debilitalo. Nin ser tan esquisitos para pensar que só o que un di vai a misa (por desgraza é unha ben coñecida enfermidade da esquerda). O dito, non minusvaloremos o que temos, porque non é tan fácil construír novas ferramentas... para acabar no mesmo sitio.
Moitas grazas Xavier, pola túa clarividencia e por intentar darnos esa boa dose de autoestima que tantos necesitamos moitos dos que apostamos por seguir no BNG, por continúar a loita desde unha forza política nacionalista e de esquerdas que ten que dar unha resposta a esta barbarie conxuntamente coa CIG e coas demais organizacións nacionalistas que queiran sumarse.
ResponderEliminarParece-me perfeitamente legítima a tua defesa da permanência e da unidade organizativa.
ResponderEliminarPorém, pode ser igual de injusto questionar a honradez das motivações para constituir uma nova ferramenta de ação social (falo, intuitivamente, polo lado de EI, que é do que me considero mais próximo) como considerar ilegítima a decisão de permanência no BNG. Ambas as duas posturas contarão com o meu respeito.
Concordo em que é horrenda a fascinação atual, certamente morbosa, sobre quem marcha e quem fica, os insultos e as desqualificações mútuas, cousas todas que não contribuem a assumir o que já é um feito, e a procurar as vias de trabalho comum que tarde ou cedo hão de vir (polo bem do nosso povo). Também é certo que para poder alicerçar realidades (organizativas, mas também de alternativas socioeconómicas) há que fazer recomposições na arquitetura.
Tes razão que o que aqui tínhamos (e temos!) era melhor que o doutros territórios da Europa (ainda que manifestamente pior do que noutros: Islândia, Noruega, Pais Basco,...). Mas a questão importante não é se era mais ou menos bom, mas se era suficiente. E digo suficiente para oferecer uma defesa contundente da maioria social, e de propor uma alternativa à ofensiva dos amos do mundo neoliberais.
Honestamente, penso que o BNG já não podia aportar mais que resistencialismo, no melhor dos casos. Que é algo mui importante, mas que é uma postura apenas defensiva e o que é muito pior, nas atuais coordenadas era uma capaciade de resistência com tendência descrescente.
Comentas “Non é o momento de dividir nin de fixarse só nos defectos (máis pequenos ou máis grandes, que sempre serán corrixibles polo impulso de todos e do sentido común) “ Com todos os meus respeitos (que são muitos), isto é o que se chama um “pio desejo.” Não mui longe do postulado neoliberal da “autorregulação do mercado”. Pensar que problemas estruturais, com consequências no funcionamento, se podem resolver apenas com vontade e sentido comum é algo próximo da metafísica. Mas a física não tem nada a ver com a boa vontade das pessoas.
É um momento onde há que colocar à sociedade em posições de luita e de (re)construção. Há que incorporar muitas pessoas que estavam desligadas da organização social e sobretudo há que ilusionar e captar a mocidade. A mocidade, por baixo dos 30 anos, é profundamente desafecta ao projeto nacional galego. A manifesta incapacidade por parte amplos setores do BNG (e do nacionalismo em geral) não já de conectar e integrar (o que é gravíssimo) mas de entender os desejos sociais que se expressarom, por exemplo, no 15 M, e polo tanto de converter-se em referente para essa corrente de simpatia social, fala do certo anquilosamento, da fossilização, da ferramenta BNG.
Os desafios são novos, logo há que procurar novas posições. Eu estarei em todas as greves que a CIG convocar, mas cabe considerar se a greve geral dum dia está a altura das ciscunstâncias, ou é mais uma ferramenta fóssil herdada doutros tempos. Mercê as sucessivas reformas laborais, quantos são os trabalhadores que realmente podem fazer greve? Afecta uma greve dum só dia ao sistema produtivo? Que capacidade de modificar politicas tem? É importante não só dar boas respostas, mas também estar num espaço, não viciado por dinámicas prévias, que permita fazer-se as perguntas correctas.
Creio que estamos ante uma das últimas oportunidades de supervivência (económica, cultural, vital) do nosso povo, polo que serão apropriadas apostas fortes (o que não significa cair necessariamente em maximalismos) mas meditadas. E sobretudo, agora, fugir de debates ágrios e centrar-se naqueles construtivos. Sendo todos mais, muitos mais, e mais fortes espero que sim, acabemos juntos no mesmo sítio.
Enfim, desculpa por meter este rolho, tão mal fiado, no teu blogue. Desde certa discordância ocasional ler as tuas análises sempre é um prazer necessário.
Miguel, non cuestiono a honradez dos que decidan marcharse, o que si creo é que están equivocados. E, desde o meu punto de vista, as razóns que esgrimen publicamente non xustifican unha decisión tan grave e con consecuencias tan serias para a loita política do nacionalismo e a esquerda deste país. Unha nova opción política só se xustifica se responde a un proxecto político claro e diferenciable daquel do que se sae. Por razóns subxectivas non pode fundamentarse un novo proxecto. Se alguen criase un partido de centro galeguista eu podería entendelo, e sen acompañalos alegrariame de que alguen tivese capacidade para montalo e disputarlle un certo espazo á dereita españolista. Pero para o nacionalismo de esquerdas creo que nos chega co que hai. Certo que en calquera opción só pode haber un portavoz e no seu caso un único candidato á presidencia da xunta e mesmo un número limitado de postos para ser deputados, alcaldes, etc. Pero as insatisfaccións con iso non xustifican socialmente unha nova opción política. Si nos concellos fan máis ou menos o mesmo, si no parlamento fan máis ou menos o mesmo, si na loita política noutros frentes tamén fan cousas semellantes, como xustificar a ruptura?. En todas as declaracións, entrevistas, documentos que lin nos últimos tempos non alcanzo a ver cais son realmente as diferencias programáticas. Nin tan siquera se van dunha fronte para crear un partido senón...para crear outra fronte. Imos ser o país con máis frontes por kilómetro cadrado do mundo!. Que eu saiba xa debemos ter polo menos tres, pero parece que aínda hai sitio para máis. Eu, sinceramente, prefiro un monte veciñal en man común.
ResponderEliminarNiso, se te entendo ben, comparto contigo que parte do problema témolo nese tipo de estruturas que favorecen o "leirismo" nacional. Pero o labor estará en simplificar e non en multiplicar o ruído. En todo caso, o importante e estar unidos naquelas formulacións organizativas que conciten máis consenso (e iso decídese por maioría). Eu son optimista e sei que acabará impoñéndose un certo pragmatismo en materia organizativa. Porque todo o mundo quere avanzar. Pero é un proceso de aprendizaxe, proba e erro... até que a maioría vaia vendo claros os pasos. As rutinas pesan, pero os feitos son decisivos.
Concordo contigo tamén en que o grande desafío que ten hoxe o nacionalismo de esquerdas é a renovación xeracional. Levamos demasiado tempo sen sementar pensamento nacionalista (nin nos noventa nin na década pasada). E iso nótase. Moita xente é hoxe consciente diso. As urxencias e a loita institucional levan absorbido demasiados esforzos. Non temos medios de creación de opinión e conciencia. HAi un certo número de iniciativas en marcha (a nivel nacional e con asociacións e foros a nivel local) para remexer algo ese pantano.Para min é a primeira prioridade, porque na política de longo prazo as ideas son a materia prima esencial.
ResponderEliminarTamén comparto contigo, igual que outra moita xente, a sensación de que case ningún método de loita ten a eficacia que tivo no pasado. Nin a greve xeral. Pero si o teñen, si conseguimos gañar a cabeza da xente. O sistema é un unha esponxa ou unha goma que absorbe case todos os golpes e segue máis ou menos nas mesmas. Esa fortaleza, voceada agresivamente polos seus medios de masas, é a principal arma de desmobilización. As cousas mudarán pouco si non chegamos máis a fondo á cabeza da xente. Compre velo como un batalla de fondo, sen por iso descoidar o inmediato e o curto prazo, sen perder ocasión para ir tomando cada centímetro cadrado posíbel, pero sen regodearnos nel.
Por iso me da tanta pena que moita xente esté adicando tanto tempo e tantas enerxías a poñer podre aos que están ao lado, en vez de repartirse un pouco os papeis para bourear cada un nunha póla pero todos coordinados e na mesma dirección.
E, sobre todo, admitir que si nalgún sitio hai mal ambiente nunca é por culpa dun só. Certa autocrítica é moi recomendábel antes de lanzarse á crítica despiadada e mordaz dos demais. XA teño certa perspectiva para entender que todos somos humanos e uns máis humanos que outros. Tamén teño xa perspectiva suficiente para entender que as águias son águias e as galiñas galiñas, pero por veces as águias voan tan baixo coma as galiñas. Como viña dicir aquel refrán ruso que citaba o Vladimir Ilich Ulianov a propósito da Rosa Luxemburgo.
En fin, destruir é moi fácil e moi rápido, construír é difícil e tarda moito tempo. É como queimar un bosque. Para queimalo basta un misto, para que medre cómpren décadas.
Eu prefiro plantar arbores! Aínda que me arrinquen ou tumben algún!.
Concordo, todos eses insultos mútuos na rede são lamentáveis, precisamente por isso os que eu mais lamento são os que vão contra a gente da UPG. Por outra parte suponho que fam parte dum processo psicológico de gestão do trauma necessário para algumas personalidades, e que por mui numerosos que aparentem, não parecem percentualmente relevantes. Estamos ainda pouco acostumados a perceber bem os outputs da web 2.0, e poucos pés podem fazer mais poeira do que parece.
ResponderEliminarO importante é que BNG parecia ter perdido essa capacidade de conectar com a gente, especialmente com a mais nova. A sua política estava mui ritualizada e homologada, e agora, ao pretender dar respostas ante o ataque brutal do neoliberalismo (com feitura espanholizante, por riba) não lhe sai algo parecido a uma auténtica confrontação e só é capaz de falar numa linguagem do século XX, à que agente nova fai ouvidos xurdos. Efectivamente, o assunto da renovação geracional, um dos grandes problemas. Penso que nos anos 90 os movimentos sociais (de todo tipo, desde o estudantil até uma comissão de festas horizontal) eram a escola de formação na mocidade de quadros “politizados”, acabaram estes ou não no BNG. Também geravam bulsas grandes de população semi-activa mui afim ao projecto nacional. Estes são os grandes capitais humanos que uma sociedade galega vertebrada tem que cuidar, para ser capaz de defender-se e eleger o seu futuro. Alguns asistíamos tristes ao intento de controlo e submissão destes âmbitos pola UPG (sub BNG) desde finais dos 90 e sabíamos que este proceder, tarde ou cedo, ia passar uma factura geracional.
Polo tanto, já temos um comportamento a evitar em qualquer novo projecto na hora de relacionarmo-nos e impulsionar uma “canteira galega”. Era possível corrigir este comportamento desde dentro? Muitos pensarom que não. De todas maneiras, quando se criticam as praticas de entrismo e dirigismo dos movimentos sociais por parte dum partido leninista, que na Galiza levarom em último térmo à quase desaparição destes movimentos (por suposto, somado a questões conjunturais) costuma fazer-se desde categorias morais. Não tem sentido entrar nesses aspectos, quem tenha feito parte dum partido leninista sabe que não há outra possibilidade de proceder. Não é uma questão de perversidade moral (polo tanto, tampouco é corrigível com boa vontade), e um mecanismo estrutural, muitas vezes executado com a melhor das intenções, olho. Mas que adoita produzir efeitos negativos.
O BNG como partido convencional. Centrar-se em aspectos insitucionais só tem sentido (desde a esquerda) para dotar de certo acesso ao control sobre as suas vidas ás classes que não têm o poder económico. A tentativa de homologação num jogo (o eleitoral) onde todas as cartas estão marcadas para que ganhe a banca, estava condenada ao fracasso a meio prazo, sobretudo se careces duma sociedade fortemente movimentada, que é a que alimenta o desejo de mudança e contribui poderosamente a financiar os custos económicos, como no País Basco.
ResponderEliminarPolo tanto, vemos que sim existem importantes diferenças à hora de concebir o relacionamento com a cidadania activa, de criar essa cidadania e de repsentá-la. Entendo que, na hora da verdade, os procederes definem melhor cara a onde se tende que os eslogans (estes podem ser mui semelhantes, tes razão).
Enfim, o caso é que se produziu uma ruptura, com a que se pode estar de acordo ou não, mas talvez tes que conceder que fai parte dum processo histórico inevitável, que responde a demandas reais. Se estão algo alimentadas também por baixezas pessoais dalguma Águia (Vhttp://pt.wikipedia.org/wiki/%C3%81guia-de-cabe%C3%A7a-branca), não cho sei. Reconheço que manter sempre o tom de grandeça é impossível, mas neste caso sim mo parece. Porém, pola tua proximidade ao ninho, tes uma perspectiva mais ornitológica. Mas bom, mesmo assim, penso que a tentativa é interessante para Galiza.
Aliás, com respeito ao Bloque, um projecto, se é forte de veras, não é fácil de destruir. Uma carvalheira não arde cum misto (nem com mil), arde uma plantação de eucaliptos. E estes ardem com dano porque não são um hábitat funcional no ecossistema galego, polo tanto, não pagam a pena. Não creio que seja o caso do BNG, polo menos de momento.