Impresionante
esta asemblea
Somos moitas
persoas e somos moi diversas
Estamos aquí
moitos nacionalistas, galeguistas e tamén non nacionalistas
Somos plurais,
queremos ser moi plurais
Pero todos
compartimos algo que nos une: Galiza.
Queremos unha
candidatura galega que teña voz propia e soberana nas Cortes.
Estamos aqui
xuntos homes e mulleres que compartimos un sentido da dignidade como pobo.
Somos persoas que non nos resignamos ante o estrago dos nosos recursos nturais,
hídricos, enerxéticos, agrarios, pesqueiros e, sobre todo, humanos por culpa
dunhas políticas e un corsé que nos limitan e esganan.
Estamos xuntos nacionalistas e tamén non nacionalistas que sabemos que defender a maioría social pasa por defender o país, defender a capacidade para aproveitar os nosos recursos para crear emprego e acabar co paro e a emigración, as dúas causas máis claras da pobreza e as desigualdades.
Estamos xuntos e
xuntas porque compartimos a defensa das conquistas sociais, un réxime laboral
xusto, uns servizos públicos de calidade.
Non imos permitir
que nos arrebaten esas conquistas e daremos o nos apoio a quen as defenda de
verdade.
Estamos xuntas e
xuntos porque todos estamos orgullosos do noso idioma e da nosa cultura e
queremos que florezan e poidan vivir nelas os nosos fillos e fillas.
Non coincidimos
en todo, pero coincidimos no esencial: este país ten futuro e temos que
defendelo con todas as armas, en todos os foros. E de cara as elección xerais
cunha candidatura unitaria de amplo espectro.
Os nacionalistas
aspiramos ao pleno autogoberno, á plena soberanía como a mellor maneira de
construír un futuro de prosperidade e xustiza. Como a precondición para iso.
Outros aspiran a
un estatus diferente, é lexítimo e sabemos respectarnos.
Desde logo esa
non é a disxuntiva que temos diante de nós a día de hoxe e, polo tanto, non
debe separarnos.
Nas eleccións de
decembro xogámonos cuestións máis inmediatas:
1-defensa dos
intereses do noso país, poñendo coto á políticas que nos cercenan e destrúen
2-A urxencia de
parar e reverter a centralización invasiva en marcha e defender o pleno
autogoberno
3-Batallar e
sumar para darlle a volta as políticas neolibeais que destrúen as nosas
conquistas históricas
4-acabar coa
corrupción, empezando pola gran corrupción ligada á centralización
5-Defender os
dereitos de Galiza como nación e o dereito a decidir, no marco desa reforma
constitucional que imos impulsar e que con toda certeza vai ter lugar, como
desenlace do proceso catalán que hoxe sube un chanzo máis no camiño da súa
soberanía
Son asuntos
esenciais que hai que poñer enriba da mesa. É urxente e é o momento.
Soplan ventos de
mudanza e nós somos abandeirados da mudanza en todos os eidos, no nacional e no
social.
A nosa xente xa
non se conforma, xa non se resigna. Cada vez máis xente pide mudanzas de calado
e as forzas políticas temos que responder con ambición e xenerosidade. Temos
que ser quen de sintonizar ben coa súa lonxitude de onda. Son milleiros os que
están ilusionados cunha candidatura de unidade.
Estou certo que a
candidatura que queremos construír entre todas e todos os que aquí estamos vai
estar na vangarda. Defendendo Galiza e defendendo a mudanza.
Nós, o BNG,
aportamos aquí xenerosidade para construír esa candidatura unitaria.
Estámolo a facer
con sinceridade e asumindo riscos. Isto é unha aventura pero estou seguro que
vai saír ben.
Renunciamos ás
nosas siglas e poñemos a nosa organización ao seu servizo.
Poñemos tamén a
experiencia de 20 anos demostrando a importancia de representación propia e non
subordinada no Congreso.
É momento de
reforzar a representación. Queremos sumar para reforzar esa capacidade de
presión e negociación.
Conseguir un
grupo parlamentar galego é posíbel se sumamos todas as enerxías.
Un grupo
parlamentar que negocie coas mans libres nunhas Cortes que, ben seguro, van
estar moi fragmentadas e iso vai dar moitas oportunidades.
Galiza e a
maioría social do noso país terá unha voz poderosa que permitirá logros
importantes.
Non os teriamos
se aceptaramos a tutela e o filtro dun grupo parlamentar dunha forza estatal.
Os nosos votos e os nosos apoios queremos negocialos nós directamente, co noso
propio programa enriba da mesa. Como país, con dignidade!!! Sen pedir
permiso!!!
Non imos delegar
noutros para que xoguen cos noso votos e as nosas aspiracións.
Co 25 de xullo
unitario empezou unha aventura, seguiu no Banquete de Conxo
e queremos
partillar esa pluralidade até o final, pero non podemos paralizarnos agardando
por quen non quere vir.
Temos un reto
enorme para os 2 meses e medio que quedan: montar unha estrutura ex novo,
plural e áxil para preparar programa e candidaturas e logo afrontar unha
campaña que vai ser dura-dura!
Todo en tempo
record
Todas as persoas
e forzas políticas que aquí estamos imos ter que andar moi espilidas, ter
grande dose de xenerosidade, para entendérmonos, para comprender as eventuais
deficiencias dun proceso que imos construír en tan pouco tempo.
Imos poñer todas
as enerxías.
É unha aventura
ilusionante. Sumar para erguer unha voz propia e potente de Galiza nas Cortes.
Somos quen,
queremos e farémolo. A tea dos teus soños, Galiza, vai moverse.
O esforzo e os
sacrificios van merecer a pena
Moito ánimo, Forza
Galiza
Como dixo Mini,
Imos?, pois imos!!!
Compostela, 27 de
setembro de 2015.
Asemblea de
Iniciativa pola Unión
Sem comentários:
Enviar um comentário