O desembarco de Rajoy no seu primeiro cumio europeo non puido ser máis "colosal", como a el lle gustaría dicir.
Para empezar, facendo gala das súas dotes idiomáticas, entrou pola sá de reunións falando a diestro e siniestro en español. Sen complexos!. Porque había de telos sabendo, como el ben sabe, que para iso é home de mundo, que o español é a lingua universal, a que fala todo o mundo. Porque é de sentido común. Cal ía ser senón?.
Por iso o miraba tan atento o primeiro ministro finlandés cando Rajoy lle explicaba con grande convicción e mirando para unha cámara que estaba a poucos metros, que a situación en España era moi difícil pero que non se precupen os finlandeses que a el non lle tremerá a man para meter aos españolitos en cintura. Xa avisou que vai convocar unha folga xeral. Si, "ya sé que la reforma laboral me va a costar una reforma laboral". A ver que gobernante da perifería europea pode aspirar a algo se non é quen de pasar pola verdadeira proba iniciática dunha folga xeral. É requisito imprescindíbel para ter credenciais e credibilidade no clube dos retalladores. Por iso canto antes esa folga xeral mellor. El xa avisa para que a a vaian convocando. Non vaia ser que Cándido Méndez e Toxo non estean a altura das espectativas. Despois de que Rajoy anuncia que o normal é que haxa folga, a ver que argucias van poder encontrar os dirixentes de CCOO e UGT para dicir que non, que a responsabilidade histórica reclama máis sacrificios.
En fin, en tres palabras e en inglés: "colosal".
Pero a cousa non acaba aí. Na rolda de prensa no aerópago comunitario Rajoy estivo brillante e convincente. Reiterou o seu xa sabido profundo diagnóstico da crise que trae de cabeza ao mundo e aos economistas: "compartimos que estamos delante de una crisis de confianza". Vaia, agora xa entendemos porque a UE leva dando páus de cego tres anos. O diagnóstico é realmente profundo: crisis de confianza.
Menos mal que Rajoy o remedia rapidamente. Para inspirar confianza nada mellor que anunciar unha folga xeral (no ben entendido que é unha para empezar, logo xa poderán vir máis, unha vez que nos entrenemos un chisco e desenferruxemos as pancartas).
Claro está que a vista dese despropósito non cabe outra que pensar que o tipo de confianza no que estaba pensando Rajoy todo este tempo era doutro tipo. A crise de confianza era a timidez de Zapatero que o mantiña atoutiñado nos cumios europeos e esa proba de confianza Rajoy sabía perfectamente como vencela: "hola chavales, aqui estoy, soy uno de los vuestros, más chulo que ravachol, sin complejos, estoy ducho en manejar el látigo y si hace falta el capote y la espada como aprendí en la plaza de toros de mi pueblo, y olé!". No cumio europeo quedaron impresionados da audacia de Rajoy. Si fai falta baixar o déficit do 8,2% ao 4,4% nun ano baixase e xa está, onde está o botón?. Que vai ser ano de recesión cunha caída do PIB do 1,5%, e que máis da?. Con confianza, con dous pares, que botón hai que premer?.
Os nórdicos marcharon para a casa pasmados. Que tipo tan simpático!. Que confianza inspira!. Que confianzas se gasta!. Que pena que non entenderamos antes o secreto da confianza. Coma sempre, os nórdicos, tan frios, tan calculadores. Nunca pensaran que o futuro de Europa estaba no sur, na "confianza torera". Si, asi, dito en inglés. Que gran lección!. Colosal!
Sem comentários:
Enviar um comentário