segunda-feira, 30 de janeiro de 2012

Recortes, Recesión e Paro


Coa publicación polo INE dos dados de evolución do PIB no cuarto trimenstre xa é oficial que volvemos entrar en periodo de recesión, que as previsións auguran até 2013. Cando saian os dados por Comunidades Autónomas confirmaremos que Galiza tamén volve estar en recesión.
Isto xunto cos resultados da EPA (Enquisa de Poboación Activa) do cuarto trimestre de 2011 feita pública polo INE o venres pasado é o mellor test do fracaso das políticas de austeridade impostas pola dereita europea e aplicadas con irresponsable obediencia polo Goberno central e con clamorosa frivolidade polo Goberno de Núñez Feijóo.
O paro acada cifras record no Estado Español (5,3 millóns) e tamén en Galiza (240.000).

O problema no noso caso é máis grave, si cabe, por un duplo motivo: a) porque presenta nos dous últimos anos o ritmo de aumento máis intenso de todas as CCAA, até o punto de que con 72.000 novos parados a intensidade do aumento duplica a media estatal (un 42,2% fronte a 21,9%); e b) porque nese mesmo lapso de tempo perdemos poboación en idade de traballar, aproximadamente 12.000 persoas de máis de 16 anos, que desaparecen do país e, polo tanto, do mercado de traballo.
Iso quere dicir que o aumento do paro non se produce porque haxa novas incorporación ao mercado laboral senón sobre todo porque se produce unha drástica e brutal caída do emprego. Efectivamente, tamén na destrución de emprego estamos no pelotón de cabeza, bastante por riba da media estatal (un 5,8% dos empregos destruídos fronte ao 4,5%). O volume total de empregos netos perdidos nestes dous últimos anos alcanza, segundo a EPA, a preocupante cifra de 66.000 ocupados. Uns 635 empregos destruídos por semana.
Con isto non só a taxa de paro se dispara até niveis inauditos (18,2%) senón que cae significativamente a xa de por si baixa taxa de ocupación, que se sitúa no 45%. Como sabemos, isto significa que do total da poboación en idade de traballar só o fai efectivamente un 45%, o resto está parado ou inactivo (moitos deles como revela a enquisa por atender necesidades familiares e outros moitos porque xa desistiron de buscar emprego na semana de referencia da enquisa ante as escasas espectativas de atopalo). Este tipo de proporcións distanciannos dos parámetros europeos e dos propios obxectivos marcado a ese nivel pola Estratexia de Lisboa ou pola Estratexia 2020. Obxectivos estes que deberan ser tan vixiados e prioritariamente recomendadados como os de déficit ou débeda pública, porque deles depende en realidade a sustentabilidade futura da economía e das propias contas públicas.
O certo é que esa situación está a provocar un problema social e humano cada vez máis agudo e insoportábel. Tanto pola prolongación ininterrumpida da situación de parado/a coma pola concentración nos mesmos grupos sociais, territoriais e mesmo familiares.
Efectivamente, o prolongado e case interminábel estancamento económico fai que o paro de longa duración vaia en aumento acelerado. De feito, xa son máis de 61.000 os parados que levan máis de dous anos de xeito ininterrumpido nesa situación e outros 60.000 que xa superan o ano. Iso significa que a metade dos parados que temos nos país son parados de longo duración e, nunha alta proporción, o problema voltouse crónico. Esa é a antesala da exclusión laboral e social; e económica tamén porque a partir dese momento esgótanse tamén os dereitos á percepción dos subsidios de paro.
Estes problemas agrávanse porque van asociados a familias nas que a maioría ou todos os seus membros están en paro. Segundo a EPA, hai en Galiza 72.000 fogares nos que todos os seus membros están en paro.
Se a isto engadimos que hai outros 250.000 fogares nos que todos os seus membros son inactivos, entón xa temos máis pezas para comprender a fraxilidade do tecido económico da nosa sociedade e, sobre todo, a extrema vulnerabilidade dunha inmensa parte das familias do noso país ante as incertezas dos mecanismos de redistribución do estado do benestar.
Algo de consecuencias dramáticas está a ocorrer nos segmentos mozos da poboación. A taxa de paro xuvenil alcanza ao 47,2% entre os menores de 20 anos e ao 36,4% dos que están entre 20-24 anos. A situación destas persoas, que xa non estudan e que tampouco teñen oportunidade de insertarse nun mercado laboral estrangulado, representa un auténtico drama, non só individual senón de imprevisíbeis consecuencias sociais. Ademais, na súa inmensa maioría aínda non tiveron traballo no pasado e, en consecuencia, tampouco teñen dereito a subsidios de paro e están absolutamente dependentes do amparo familiar (familias que en moitos casos estan nas situacións anteditas: todos eles en paro). Ese é, sen dúbida, un caldo de cultivo para calquera proceso de degradación social e da convivencia. Políticamente ese cóctel explosivo reclama unha política alternativa que cree as condicións para a súa integración laboral e social; pero tamén poden ser pasto de procesos dexenerativos que reforcen a súa exclusión. Conxurar tanto a súa perda pola vía da sangría migratoria, que xa está en marcha, como a súa marxinación debera ser o obxectivo central das políticas económicas e sociais. Eis un grande reto social e, en especial, para a esquerda. 
Claro está, iso require mudar por completo o panorama e o futuro da economía produtiva porque, como podemos ver nos gráficos adxuntos, a caída no emprego segundo a EPA non ten lugar só no sector da construción senón que é moi intensa tamén na industria, na agricultura e pesca e nos servizos (ver gráficos máis abaixo).
Os dados da EPA podemos complementalos coas cifras de afiliados á Seguridaded Social que nos permite un desglose por ramas de actividade moito máis pormenorizado. Con elas podemos comprobar as ramas industriais claves no noso país son as que veñen experimentando nestes dous anos unha destrución máis intensa do emprego (para máis detalle ver táboas ao final). Estas son as que experimentan maior caída por orde de intensidade:
77 Actividades de aluguer
41 Construción de edificios
78 Actividades relacionadas co emprego
24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes
58 Edición
23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos
59 Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical
43 Actividades de construción especializada
30 Fabricación doutro material de transporte
95 Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico
31 Fabricación de mobles
42 Enxeñaría civil
22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos
08 Outras industrias extractivas
33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento
16 Industria da madeira e da cortiza, salvo mobles; cestaría e espartaría
14 Confección de roupa de vestir
51 Transporte aéreo
25 Fabricación de produtos metálicos, salvo maquinaria e equipamento
17 Industria do papel
35 Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n
01 Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas
21 Fabricación de produtos farmacéuticos
18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

Estes dados son expresivos da profundidade e prolongación da crise, claro que si, pero, sobre todo, son reveladores do desacerto das políticas aplicadas ao longo destes anos que, como vemos, non só non contribúen a atallar a crise senón que a agravan.
Os dados son unha enmenda á totalidade da política de acompañamento da crise (porque sería inxusto calificalas de anticrise) aplicadas polos diferentes niveis de goberno nestes anos. O paquete de medidas incluídas no “pacto polo euro”, consistentes esencialmente nun purgante de recortes e deflación sistemática dos ingresos das familias está conducindo a un duro sufrimento de amplas capas da poboación e, ao mesmo tempo, esté destruindo unha grande parte do tecido produtivo, en todos os sectores de actividade. Diante deste panorama e vendo o proceso destrutivo do tecido produtivo, arrastrado pola caída da demanda e a libre competencia global, resulta difícil de entender que o eixo central e exclusivo da dereita europea -e a nosa- consiste en adelgazar salarios, gasto público e contas das familias para cadrar e re-inchar as contas da banca e das finanzas.
Os avantaxados discípulos da dereita austérica que nos tocou en sorte, por decisión da metade dos votantes do noso país, están colleitando os resultados da súa sádica disciplina e, tamén hai que dicilo, da súa incapacidade manifesta de goberno. Porque haberá que empezar a dicir ben alto que gobernar non é ocupar o sillón para comunicar aos súbditos a gravidade da situación e presentar como decisións valentes as renuncias a usar os resortes competenciais do goberno (e do poder) para tomar medidas e aportar solucións aos problemas.
A seguir vans uns gráficos cos dados máis relevantes para calibrar a a evolución do emprego e o paro nestes últimos anos, incorporando os resultados da última EPA.
Agardo que, ademais de exclarecedores, vos resulten de utilidade.


 Taxa de paro (%) no IV Trimestre de 2009 e IV trimestre de 2011 por CCAA














Afiliados á SS por ramas. Galiza. Decembro 2011 e variación no último ano e nos tres últimos (respecto de decembro de 2008)

2011/Decembro
Dec2011-Dec2008
Dec2011-Dec2010
01 Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas
44109
-8081
-2032
02 Silvicultura e explotación forestal
2306
-344
37
03 Pesca e acuicultura
21247
-1751
-373
05 Extracción de antracita, hulla e lignito
11
-23
-7
07 Extracción de minerais metálicos
130
53
49
08 Outras industrias extractivas
2707
-750
-175
09 Actividades de apoio ás industrias extractivas
14
-6
-3
10 Industria da alimentación
24156
-32
11
11 Fabricación de bebidas
2741
-124
-87
13 Industria téxtil
1765
-61
-171
14 Confección de roupa de vestir
10452
-2536
-691
15 Industria do coiro e do calzado
378
-34
43
16 Industria da madeira e da cortiza, salvo mobles; cestaría e espartaría
9191
-2448
-477
17 Industria do papel
1156
-227
-3
18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados
3418
-600
-247
19 Coquerías e refinación de petróleo
758
-29
6
20 Industria química
2584
-91
-49
21 Fabricación de produtos farmacéuticos
934
-165
-24
22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos
3217
-918
-143
23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos
9144
-3656
-1085
24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes
4608
-2134
-653
25 Fabricación de produtos metálicos, salvo maquinaria e equipamento
15485
-3326
-1178
26 Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos
683
342
27
27 Fabricación de material e equipamento eléctrico
1351
-172
-144
28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n
4593
-885
11
29 Fabricación de vehículos e motor, remolques e semirremolques
14520
-1237
-946
30 Fabricación doutro material de transporte
6648
-2337
-624
31 Fabricación de mobles
4173
-1270
-403
32 Outras industrias manufactureiras
1196
271
37
33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento
5594
-1503
-250
35 Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
2434
-470
-116
36 Captación, depuración e distribución de auga
1363
0
2
37 Recolla e tratamento de augas residuais
207
4
-4
38 Recolla, tratamento e eliminación de residuos; valorización
4085
277
-152
39 Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos
108
-2
-4
41 Construción de edificios
31144
-18353
-7140
42 Enxeñaría civil
5251
-1546
-678
43 Actividades de construción especializada
50268
-18665
-6631
45 Venta e reparación de vehículos de motor e motocicletas
22307
-1944
-757
46 Comercio por xunto e intermediarios do comercio, salvo de vehículos de motor e motocicletas
48400
-5348
-885
47 Comercio ao retallo, salvo de vehículos de motor e motocilcetas
109206
-406
-259
49 Transporte terrestre e por tubaxe
31727
-3691
-1397
50 Transporte marítimo e por vías navegables interiores
824
30
-13
51 Transporte aéreo
323
-74
-33
52 Almacenamento e actividades anexas ao transporte
9990
-66
-234
53 Actividades postais e de correos
3221
44
28
55 Servizos de aloxamento
7857
-246
-177
56 Servizos de comidas e bebidas
58487
2076
567
58 Edición
2755
-1200
-196
59 Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical
1246
-465
-235
60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión
1761
191
115
61 Telecomunicacións
4747
-253
-214
62 Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática
6119
923
447
63 Servizos de información
683
213
95
64 Servizos financeiros, salvo seguros e fondos de pensións
12995
-1587
-1123
65 Seguros, reaseguros e fondos de pensións, salvo Seguridade Social obrigatoria
1935
-265
-92
66 Actividades auxiliares dos servizos financeiros e aos seguros
5675
303
48
68 Actividades inmobiliarias
3021
-355
-76
69 Actividades xurídicas e de contabilidade
13193
-15
-13
70 Actividades das sedes centrais; actividades de consultoría de xestión empresarial
3067
-73
5
71 Servizos técnicos de arquitectura e enerxía, ensaios e análises técnicas
11378
-1579
-628
72 Investigación e desenvolvemento
2217
296
-39
73 Publicidade e estudos de mercado
4020
-645
-224
74 Outras actividades profesionais, científicas técnicas
4916
1997
963
75 Actividades veterinarias
1328
-59
-47
77 Actividades de aluguer
4538
-4030
-660
78 Actividades relacionadas co emprego
4824
-2489
-1064
79 Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes
1599
-224
5
80 Actividades de seguranza e investigación
5326
-208
-296
81 Servizos a edificios e actividades de xardinaría
25180
-756
-367
82 Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares das empresas
9065
3061
961
84 Administración pública e defensa; Seguridade Social obrigatoria
60896
-2607
-1287
85 Educación
31780
1335
241
86 Actividades sanitarias
56327
-1500
-109
87 Asistencia en establecementos residenciais
9262
1896
680
88 Actividades de servizos sociais sen aloxamento
9215
150
54
90 Actividades de creación, artísitcas e espectáculos
1767
40
-31
91 Actividades de bibiotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais
540
31
44
92 Actividades de xogos de azar e apostas
1439
-87
-54
93 Actividades deportivas, recreativas e de entretemento
7413
486
221
94 Actividades asociativas
7902
-488
73
95 Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico
5174
-1630
-320
96 Outros servizos persoais
17858
91
97
97 Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico
20657
-632
-191
99 Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais
28
15
2
Non clasificados
8206
8200
-546
Total
956525
-84374
-31188





Afiliados á SS por ramas en Galiza e variacións, ordenadas polo % de variación nos tres últimos anos

2011/Decembro
Dec2011-Dec2008
Dec2011-Dec2010
Var11/08 %
77 Actividades de aluguer
4538
-4030
-660
-47,0
41 Construción de edificios
31144
-18353
-7140
-37,1
78 Actividades relacionadas co emprego
4824
-2489
-1064
-34,0
24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes
4608
-2134
-653
-31,7
58 Edición
2755
-1200
-196
-30,3
23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos
9144
-3656
-1085
-28,6
59 Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical
1246
-465
-235
-27,2
43 Actividades de construción especializada
50268
-18665
-6631
-27,1
30 Fabricación doutro material de transporte
6648
-2337
-624
-26,0
95 Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico
5174
-1630
-320
-24,0
31 Fabricación de mobles
4173
-1270
-403
-23,3
42 Enxeñaría civil
5251
-1546
-678
-22,7
22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos
3217
-918
-143
-22,2
08 Outras industrias extractivas
2707
-750
-175
-21,7
33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento
5594
-1503
-250
-21,2
16 Industria da madeira e da cortiza, salvo mobles; cestaría e espartaría
9191
-2448
-477
-21,0
14 Confección de roupa de vestir
10452
-2536
-691
-19,5
51 Transporte aéreo
323
-74
-33
-18,6
25 Fabricación de produtos metálicos, salvo maquinaria e equipamento
15485
-3326
-1178
-17,7
17 Industria do papel
1156
-227
-3
-16,4
35 Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
2434
-470
-116
-16,2
28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n
4593
-885
11
-16,2
01 Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas
44109
-8081
-2032
-15,5
21 Fabricación de produtos farmacéuticos
934
-165
-24
-15,0
18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados
3418
-600
-247
-14,9
73 Publicidade e estudos de mercado
4020
-645
-224
-13,8
02 Silvicultura e explotación forestal
2306
-344
37
-13,0
79 Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes
1599
-224
5
-12,3
71 Servizos técnicos de arquitectura e enerxía, ensaios e análises técnicas
11378
-1579
-628
-12,2
65 Seguros, reaseguros e fondos de pensións, salvo Seguridade Social obrigatoria
1935
-265
-92
-12,0
27 Fabricación de material e equipamento eléctrico
1351
-172
-144
-11,3
64 Servizos financeiros, salvo seguros e fondos de pensións
12995
-1587
-1123
-10,9
68 Actividades inmobiliarias
3021
-355
-76
-10,5
49 Transporte terrestre e por tubaxe
31727
-3691
-1397
-10,4
46 Comercio por xunto e intermediarios do comercio, salvo de vehículos de motor e motocicletas
48400
-5348
-885
-10,0
15 Industria do coiro e do calzado
378
-34
43
-8,3
45 Venta e reparación de vehículos de motor e motocicletas
22307
-1944
-757
-8,0
29 Fabricación de vehículos e motor, remolques e semirremolques
14520
-1237
-946
-7,9
03 Pesca e acuicultura
21247
-1751
-373
-7,6
94 Actividades asociativas
7902
-488
73
-5,8
92 Actividades de xogos de azar e apostas
1439
-87
-54
-5,7
61 Telecomunicacións
4747
-253
-214
-5,1
11 Fabricación de bebidas
2741
-124
-87
-4,3
75 Actividades veterinarias
1328
-59
-47
-4,3
84 Administración pública e defensa; Seguridade Social obrigatoria
60896
-2607
-1287
-4,1
80 Actividades de seguranza e investigación
5326
-208
-296
-3,8
19 Coquerías e refinación de petróleo
758
-29
6
-3,7
20 Industria química
2584
-91
-49
-3,4
13 Industria téxtil
1765
-61
-171
-3,3
55 Servizos de aloxamento
7857
-246
-177
-3,0
97 Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico
20657
-632
-191
-3,0
81 Servizos a edificios e actividades de xardinaría
25180
-756
-367
-2,9
86 Actividades sanitarias
56327
-1500
-109
-2,6
70 Actividades das sedes centrais; actividades de consultoría de xestión empresarial
3067
-73
5
-2,3
39 Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos
108
-2
-4
-1,8
52 Almacenamento e actividades anexas ao transporte
9990
-66
-234
-0,7
47 Comercio ao retallo, salvo de vehículos de motor e motocilcetas
109206
-406
-259
-0,4
10 Industria da alimentación
24156
-32
11
-0,1
69 Actividades xurídicas e de contabilidade
13193
-15
-13
-0,1
36 Captación, depuración e distribución de auga
1363
0
2
0,0
96 Outros servizos persoais
17858
91
97
0,5
53 Actividades postais e de correos
3221
44
28
1,4
88 Actividades de servizos sociais sen aloxamento
9215
150
54
1,7
37 Recolla e tratamento de augas residuais
207
4
-4
2,0
90 Actividades de creación, artísitcas e espectáculos
1767
40
-31
2,3
56 Servizos de comidas e bebidas
58487
2076
567
3,7
50 Transporte marítimo e por vías navegables interiores
824
30
-13
3,8
85 Educación
31780
1335
241
4,4
66 Actividades auxiliares dos servizos financeiros e aos seguros
5675
303
48
5,6
91 Actividades de bibiotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais
540
31
44
6,1
93 Actividades deportivas, recreativas e de entretemento
7413
486
221
7,0
38 Recolla, tratamento e eliminación de residuos; valorización
4085
277
-152
7,3
60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión
1761
191
115
12,2
72 Investigación e desenvolvemento
2217
296
-39
15,4
62 Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática
6119
923
447
17,8
87 Asistencia en establecementos residenciais
9262
1896
680
25,7
32 Outras industrias manufactureiras
1196
271
37
29,3
63 Servizos de información
683
213
95
45,3
82 Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares das empresas
9065
3061
961
51,0
74 Outras actividades profesionais, científicas técnicas
4916
1997
963
68,4
07 Extracción de minerais metálicos
130
53
49
68,8
26 Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos
683
342
27
100,3
99 Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais
28
15
2
115,4
Total
956525
-84374
-31188
-8,1

Sem comentários:

Enviar um comentário