Discursos
- autogoberno (2)
- Banca Pública (26)
- Caixas de aforro (24)
- ciencia (3)
- Crise (79)
- Crise e conflitos de clase (62)
- Crise ecolóxica (3)
- Discursos (23)
- Economía galega (2)
- Estado do benestar (29)
- Galiza (101)
- innovación (5)
- medios de comunicación (4)
- Nacionalismo (75)
- Política europea (44)
- recentralización (1)
- Soberanía (89)
Mostrar mensagens com a etiqueta Caixas de aforro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Caixas de aforro. Mostrar todas as mensagens
quinta-feira, 21 de novembro de 2013
domingo, 24 de março de 2013
preferentes e subordinadas
Declaración do BNG diante do inminente anuncio da
quita sobre as preferentes e subordinadas
O BNG manifesta o
seu respaldo aos aforradores estafados pola banca con produtos complexos como
as preferentes e subordinadas e expropiados finalmente por unha decisión
inxusta do Goberno do Partido Popular imposta a través dunha lei de excepción
económica.
Reclama unha
urxente reconsideración das medidas aprobadas polo Goberno e polo FROB.
O FROB anunciou
onte (19.03.2013) que vai facer público o venres dia 22 os termos do canxe das
Participacións Preferentes e Débeda subordinada.
Ese día
coñeceranse definitivamente as condicións e a contía da quita a aplicar aos
diferentes títulos. A contía da quita reflicte de feito a vontade de
expropiación dos aforradores populares por parte do Goberno Popular e da
Troika, tal como foi recollido no “Memorandum
de entendemento” aprobado o ano pasado.
O BNG rexeita –e
rexeitou sempre- a fraude e a ilegalidade na que incorreu a banca e as caixas
colocando produtos complexos a aforradores que non reunían os requisitos para
iso e que foron enganados con información falaz ou simplesmente con
desinformación. O BNG tamén denunciou sempre a colaboración e vista gorda do
Banco de España, do Goberno central e da Xunta de Galicia diante desa política
agresiva e fraudulenta das entidades financeiras.
Rexeitamos as
sucesivas decisións adoptadas polo Partido Popular e Bruxelas que buscan
detraer recursos dos aforradores para colmar as necesidades do enorme burato
das entidades financeiras.
De feito, esa
quita vai anunciarse o mesmo dia en que se dicide canto recursos
destinar para o
rescate da entidade falida madrileña Bankia.
Denunciamos o “trileiro”
e mentirán xogo realizado polo goberno de Núñez Feijóo xogando
irresponsabelmente coa confianza dos afectados e vendendo falsas esperanzas aos
aforradores estafados.
Quedan máis de 62.000 familias afectadas no noso país. Ameazados pola inminente aplicación
dunha quita inxusta que consagra a estafa.
Resulta
absolutamente inxusto que a crise e as débedas bancarias sexan enxugadas incautándose dos aforros das
familias. Os aforradores non poden ser os grandes perdedores da
irresponsabilidade dunhas entidades que dispararon a súa débeda para entrar no
negocio especulativo.
O BNG comprende a
indignación e desesperación dos afectados ante ese arbitrario desenlace.
Comprende ademais
a frustración e indignación cos responsábeis das entidades e cos responsábeis
políticos do PP que respaldan as decisións do Goberno deste partido.
Diante da
evidente situación de indignación dos afectados e da poboación en xeral, que
corre o risco de dar lugar a situacións dramáticas, o BNG reclama unha urxente
reconsideración dos acordos de conversión e canxe de preferentes e subordinadas
establecidos polo Goberno Central e o FROB.
Reclamamos a
devolución íntegra dos aforros aos seus propietarios.
O problema das preferentes e subordinadas
evidencia a importancia da soberanía para enfrontar as decisións inxustas da
banca e do Eurogrupo e protexer os intereses da cidadanía e dos aforradores. O BNG chama a cidadanía a reflexionar
sobre a diferenza substancial na resolución dos problemas da crise bancaria en
países soberanos como Islandia e mesmo en Chipre. O Parlamento soberano de
Chipre ven de rexeitar o plan do Eurogrupo para impoñer unha quita aos
depositantes. Esa decisión soberana paraliza e impide o plan do Eurogrupo. No
caso de Galiza, o Parlamento pronunciouse por unanimidade a favor de atopar
unha solución diferente e xusta para os afectados polas preferentes e subordinadas.
Ese acordo acaba sendo un brinde ao sol porque o noso Parlamento non é soberano
e as súas resolucións non teñen eficacia xurídica nesa materia. Un Parlamento
non soberano é un parlamento irresponsábel, cuxas resolucións son meros
pronunciamentos nunha materia tan importante para nós.
Esta é unha boa
razón pola que o BNG defende a necesidade de que o noso país sexa soberano,
para que as decisións do noso Parlamento non sexan papel mollado e teñan plena
eficacia xurídica.
Declaración feita
pública en Tui polo Portavoz Nacional do BNG o 20 de marzo de 2013.
domingo, 13 de janeiro de 2013
Explotación financeira dos aforradores e contribuíntes
O acordo do Banco
de España de impoñer un límite do 1,75% aos xuros anuais que os bancos pagan
aos aforradores polos seus depósitos é un escándalo dun calibre monumental.
Sería considerado un despropósito se non fose porque está inscrito na lóxica
das decisións españolas e europeas de entregar todo -si todo- á banca e as
finanzas. Contribuíntes, usuarios de servizos públicos, traballadores públicos
e privados, economía produtiva e... aforradores, todos están sendo obrigados a
entregar parte dos seus ingresos e do seu benestar para repoñer as contas da
banca que no conxunto da UE chegaron a ter un burato que máis do 30% do
PIB. Imos co tema dos aforradores.
Que significa e que
consecuencias ten esta medida?
Primeiro, impoñer
un límite do 1,75% aos xuros pagados polos bancos é unha medida destinada a
abaratar os custes do diñeiro para as entidades financeiras (que por outra
parte, cando menos as grandes, xa están beneficiando de diñeiro prestado polo
BCE con xuros de 0,75% a tres anos).
Segundo, os
aforradores percibirán uns xuros que están por debaixo do aumento da inflación
(este ano foi do 2,9%). Polo tanto, imponse unha desvalorización en termos
reais do diñeiro aforrado. Isto afecta sobre todo ao aforro popular que, a
diferenza dos acaudalados, non teñen outras opcións para colocar o seu diñeiro.
Terceiro, é unha
vulneración do seu sacrosanto principio de liberdade de mercado que só se
aplica para os xuros dos depósitos pero non se pon ningunha limitación
equivalente para os xuros dos créditos (para empresas e comercios hoxe pode roldar
entre 8-10%, cando teñen a ben conceder o crédito). O Banco de España failles o
favor de impedir a competencia na captación de depósitos pero déixalles plena
liberdade para prestar ou non prestar dentro do país e ao tipo de xuro que
consideren (obviamente nunca menor do que poida obter nos negocios
especulativos e, por exemplo, na débeda pública que como se sabe anda arredor
do 5-6%). De forma que o BdE regula contra os aforradores para garantir un bo
prezo do diñeiro para os bancos pero logo estes son plenamente libres para levar
ese diñeiro fóra do país, cara os mercados globais, e plenamente libres para establecer
os marxes que consideren oportunos. Realmente, a banca que se move nos mercados
globais non podía aspirar a ter mellores condicións para aumentar beneficios.
Cuarto, o argumento
do Banco de España de que esa medida acabará indirectamente abaratando o
crédito tería algo de verdade se estiveramos diante dun modelo de banca de
intermediación de verdade. Como o modelo de banca no que estamos e van reforzar
é o da gran banca global o único que imos facer e entregarlle a esa banca
recursos a menor custe para que eles fagan negocios máis gorentosos nos
mercados globais.
Quinto,
curiosamente o Banco de España autorizou aos bancos a aumentar todo tipo de
comisións aos aforradores (por ter contas abertas, por tarxetas,
domiciliacións, por depósitos de títulos, por transferencias, por descubertos,
etc etc). Esa é a outra gran liña de ganancias que ten unha banca inútil que
apenas concede crédito.
Sexto, o tope do 1,75% é unha
medida que ten como principais beneficiarios aos grandes bancos e os bancos con
menos vocación minorista. Busca asfixiar á banca pequena e o que queda das
caixas para expulsalos do mercado e entregar esas entidades a mellor prezo aos
grandes bancos. Os grandes bancos son os que poden financiarse no Banco Central
Europeo e no interbancario internacional a tipos de xuros moi baixos; en cambio
os bancos pequenos non poden utilizar esa vía, polo que para obter liquidez a
única vía que lles queda é captar depósitos e para conseguilo compiten pagando
tipos de xuro máis elevados que os grandes. Se non poden competir por esa vía
perden a capacidade para captar aforro e desaparecerán antes.
Sétimo,
curiosamente o Banco de España imponlle isto tamén ás entidades controladas
polo FROB (é dicir, con recursos dos contribuíntes); na medida en que esta
estratexia lles corta o acceso á captación de aforro dos clientes, iso provocará
un colapso máis rápido destas entidades. Coa particularidade que a súa
desvalorización traducirase nunha reducción do seu preso de venta, o que permitirá á
gran banca adquirilos no seu momento a prezo de saldo. De xeito que esta medida
prepara o terreo para o desenlace por eles desexado, co maior beneficio para o
comprador e o maior coste para o sector público (os contribuíntes).
Oitavo, esta medida
do BdE contra os aforradores súmase ás anteriores relativas a comisións e,
sobre todo, á autorización deliberada e dolosa no seu momento para a colocación
de preferentes e subordinadas entre os aforradores minoristas -como vía de
capitalizar as entidades- así como a final decisión de consumar a estafa cunha
“expropiación” (quita) do valor deses títulos.
Non cabe dúbida que
esta medida inscríbese na liña de usar os aforradores –o aforro popular- como
unha das fontes de recursos para sanear a banca. Os aforradores convértense, vía
decisión do Banco de España e do Goberno, nos rescatadores obrigados dunha
banca endebedada até o inimaxinábel (a súa débeda representa arredor do 135% do
PIB: un 105% directamente e outro 30% vía sector promotor).
Noveno, os
aforradores non só fan esa contribución directa ao rescate da banca, senón outras
moitas igualmente claves. Para empezar son os que a manteñen en pé cos seus
depósitos e, ademais, contribúen tamén cos seus impostos, coma todos os demais
contribuíntes, a financiar os fondos de rescate para a banca e os elevadísimos
xuros da débeda pública que van ás mans dos especuladores do cupón dos bonos da
débeda.
En definitiva,
estamos diante dunha medida que revela a vontade de continuar salvando a banca
a costa de todo o demais. Favorecendo aos que fan negocios operando nos
mercados con productos financeiros especulativos, a costa de sacrificar a todos
aqueles que producen bens e servizos e os que xeran rendas modestas a partir
dos aforros do seu traballo. Teimando de xeito irresponsábel no prolongamento do modelo de economía financiarizada que nos
arrastrou a este marasmo e que nunca vai permitir unha saída en positivo desta
crise.
(Publicado en Sermos Galiza 12.01.2013)
domingo, 16 de dezembro de 2012
Paz Andrade e a batalla contra o centralismo abafante
A persistente marxinación de
Galiza e a tarefa económica de Valentín Paz Andrade
Xavier
Vence
Conferencia
no Congreso Valentín Paz Andrade, organizado
pola Real Academia Galega e Concello de
Pontevedra. 13-15 de decembro de 2012
Don
Valentín Paz Andrade (1898-1987) é un home de pegada longa, que cruzou tempos
como cruzou océanos. Viviu nas luces e nas sombras do nacionalismo galego do
atormentado e tráxico século XX e viviu desde as exuberantes labaradas daquel
capitalismo liberal dos “loucos anos 20”, o seu crack e o seu dooroso e
violento estertor e tamén a longa noite do cutre capitalismo orgánico da
autarquía franquista.
Pero
nin a negra noite política e cultural nin a negra noite da autarquía falanxista
esmoreceron a súa iniciativa, a súa permanente inquedanza, a súa vocación ao
servizo dunha tarefa, a tarefa de Galiza. El foi un militante. Quer no
cultural, quer no político, quer no empresarial. Desde o goberno non, porque
nunca tivo tal oportunidade e por iso non parou de argallar e impulsar iniciativas
desde abaixo. A empezar polo xornal Galiza
(1922-26), que pon a andar con apenas 24 anos, consciente como era da
importancia crucial da información no mundo moderno e da necesidade de espertar
activamente a conciencia do país, participando con decisión na loita diaria de
ideas.
Foi
xornalista, avogado, economista, empresario, poeta, ensaísta, político. Un
animador, un axitador. Un home total, home inquedo, curioso, ao que ningunha
faceta da vida, da cultura e do país o deixaron indiferente.
Foi
home de proxecto, con visión de país e con proxecto de país. De conxunto,
holístico, completo. Un patriota galego, moi pegado ao terreo, centrado sempre
no que era posíbel, a “ruda adversidade urxente” pondaliana, porque creia que
non había que agardar por nada e por ninguén para dar un paso na dirección do
albo permanente: a liberación do país. O seu pragmatismo e posibilismo, sobre
todo baixo a bota da dictadura franquista, podía aparentar moderación pero o
seu norte era claro.
Foi
fillo do seu tempo, dos seus tempos radicalmente interrompidos por grandes
sismos históricos pero tamén foi un adiantado ao seu tempo. Cun fío e un alento
permanente, que nace dun pensamento sólido, aberto e moderno desde o principio
ao fin.
Foi
un home de mundo. Foi un patriota pero nunca foi provinciano ou precisamente
por ser nacionalista nunca caeu no provincianismo tan común na Galiza do
franquismo. A militancia política primeiro e as pescas despois levárono polo
mundo adiante. A América da Galiza da diáspora e a América do noso idioma
estendido polo “continente” brasileiro foron dous vectores de
internacionalización. A porta aberta ao mar sen cancelas foi outra das fírgoas
que lle permitiu osixenar as súas neuronas polo mundo adiante e en institucións
internacionais tan relevantes e anovadoras na época coma a FAO.
Non
me corresponde a min falar nesta breve intervención de todas as facetas da súa
intensa, creativa e xenerosa vida de home de pensamento e acción, para o que
outros colegas, desde outras disciplinas, con máis e mellores coñecementos ca
min neses eidos, viñeron debullando nos últimos tempos e neste mesmo Congreso.
Eu,
coa vosa licenza, vou facer un breve comentario da súa obra económica e a súa
actividade emprendedora, poñendo de manifesto a actualidade que, por desgraza,
teñen algúns dos factores claves da nosa marxinación por el analizados. Sobre
ese paralelismo veremos tamén a pertinencia da súa aposta política por romper
os vectores desa marxinación.
sábado, 6 de outubro de 2012
Banca Pública Galega, piar dun novo modelo
A proposta de banca
pública galega que hoxe formula o BNG nace como resposta ao fracaso de Núñez
Feijóo no manexo da crise das caixas e a súa submisión á estratexia de
desmantelamento das mesmas emprendida polo PSOE e o PP centrais, seguindo as
consignas da gran banca española e do seu brazo executor que é o Banco de
España. A propia crise de liquidez e de solvencia das caixas deriva da
combinación letal duns xestores que a partir dun certo momento adoptaron un
modelo de negocio idéntico ao da banca privada virada cara a especulación
financeira e dun irresponsábel descontrol por parte da Xunta de Galiza e do
Banco de España, que lles permitiron unha irresponsábel e temeraria política de
endebedamento no exterior e investimento especulativo inmobiliario nas zonas
máis desbocadas do levante e centro españois. Por máis que eses directivos
actuaron cegados por unha desmesurada ambición persoal e cun abuso de poder á
hora de fixar as súas remuneracións inmorais, o certo é que ocorrido non se
explica por razóns de carácter subxectivo senón polo fracaso dun modelo de
banca que se foi impoñendo nas tres últimas décadas e que nos últimos quince
anos contaminou e minou de xeito mortal ás propias caixas de aforros.
terça-feira, 4 de setembro de 2012
O PP desenmascarase e expropia aos aforradores
O
Real Decreto Lei 24/2012 de “reestruturación e resolución de entidades”
aprobado o 31 de Agosto supón un salto cualitativo na concreción da política de
salvación das finanzas a costa da sociedade.
Tres
notas xerais definen este decreto. Primeiro, é un decreto que define un estado
de excepción económico porque dálle un estatus legal ao novo FROB (e ao Banco
de España e o ao Ministerio de Economía nese ámbito) que o sitúa por riba da
legalidade ordinaria, tanto no administrativo coma no mercantil, á marxe dos
mecanismos de control parlamentario e mesmo xudiciais ordinarios.
Segundo,
é un decreto de espolio dos contribuíntes porque unha das medidas estrelas
contemplada é a creación do chamado “banco malo” que absorberá unha grande
parte dos activos inmobiliarios tóxicos e iso farase cos 100-120.000 millóns de
euros do rescate que vai sobre as costas de todos os contribuíntes españois.
Terceiro,
é un decreto que regula e faculta ao FROB para consumar a expropiación dos
aforradores que previamente as entidades lles colocaran con engano e abuso de
confianza “participacións preferentes e débeda subordinada”. Compre dicir e
enfatizar que este desenlace non se deriva directa e inexorabelmente das
condicións orixinais dos propios produtos (contratos das preferentes e
obrigacións subordinadas). É este decreto-lei o que determina este desenlace. É
este decreto o que decide e establece que os posuidores de preferentes e
subordinadas serán obrigados a asumir unha quita do capital inicial.
domingo, 10 de junho de 2012
Rescatar a banca, afundir o país
O anuncio do
rescate por unha contía de 100.000 millóns de euros preséntase por De Guindos
como unha axuda xenerosa do eurogrupo á banca española. Afirma que non é
rescate ao país pero na realidade é o estado español o que se endebeda, neste
caso non nos mercados pero si ante o Fondo de Estabilidade Financeira (FEEF).
Polo tanto, compre dicir que a axuda redúcese á que o FROB vai poder conseguir
os recursos endebedándose pedindo prestado ao (FEEF) en lugar de facelo nos
mercados financeiros. Iso, aparentemente, facilita o acceso a un monto inxente
de recursos cando non serían conseguíbeis pola vía ordinaria de tentar de
colocar débeda nos mercados, porque con certeza non atoparía compradores.
Ademais, dísenos que as condicións en termos de xuros é moito máis xenerosa que
a do mercado. Aínda que non se nos di cales van ser os tipos xuro aplicábeis.
Claro está, polo
antedito, é obvio que no mercado non sería colocábel ese volume de débeda
española e caso de conquerilo sería a uns tipos moi superiores aos actuais.
Niso consiste a xenerosidade: o FEEF garante o financiamento do rescate da
banca cando os mercados privados non o farían. Pero é o estado español o que se
endebeda directamente para obter ese monto que logo inxecta na banca a través
do FROB.
sexta-feira, 8 de junho de 2012
Banca Pública Galega, por que si?
A proposta de banca
pública galega nace dun diagnóstico da natureza da actual crise financeira e do
fracaso dun modelo de banca virada cara a especulación; da análise das
dificultades estruturais para o financiar o investimento nunha economía
periférica e da análise da experiencia da banca pública europea e mundial.
A crise actual
certifica o fracaso dunha economía financiarizada, na que a maior rendibilidade
está no negocio veloz e especulativo nos mercados globais, abandonando o
investimento produtivo de longo prazo como fonte primordial de beneficios. A
desregulación converteos na vía máis lucrativa: beneficios máis rápidos, recursos
máis líquidos e con mellor tratamento fiscal. A banca privada e os fondos
convertéronse no vehículo que desvía os aforros do país cara ese investimento
especulativo, minguando os recursos orientados ao investimento produtivo. Isto
levou á erosión continua da industria e dos sectores primarios en moitos países
-como é o caso da periferia europea- e, finalmente, levounos á profunda crise
actual.
A BPG responde á necesidade de romper ese
círculo vicioso do colapso do crédito ao que ten conducido o actual modelo de
banca. Sería erro descomunal rescatala para manter o mesmo modelo.
sexta-feira, 1 de junho de 2012
MAFO, o centralismo cruel e nós
MAFO marcha
humillado e denigrado polo PP. De súpeto, o PP descubriu que non xestionou ben
a crise bancaria española e decidiu impedirlle mesmo facer uso da palabra
diante do Congreso.
Certamente, o plan
de reforma do sistema financeiro español foi un fracaso se do que se tratara
con ela fose sanear as entidades con problemas dixeríbeis e reconfigurar un
sistema financeiro nunha dirección apropiada para servir de soporte á economía
produtiva. Desde o FROB de 2009 até os cinco -si cinco máis- decretos que foron
remendando con novos detalles o longo proceso empezado en 2009, non serviron
máis que para conducirnos até un 2012 no que os problemas estritamente
financeiros están por resolver; os problemas de fondo do sistema financeiro
español seguen podrecendo nos balances dunhas entidades zombies que ao lixo
inmobiliario e a degradación de activos foron engadindo unha integración
complexa en entidades de tamaño ciclópeo que, mesmo de ser feita en condicións
normais, tería sido moi difícil. O certo é que o resultado desa parte remexida
do sistema acaba sendo de creba técnica xeneralizada. Polo tanto, se aquel fora
o obxectivo das reformas habería que concluír que o resultado foi certamente un
calamitoso fracaso.
segunda-feira, 21 de maio de 2012
Banca Pública, por que non?
Artigo publicado na Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2012/05/21/span-langglbanca-publica-nonspan/0003_201205G21P13993.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2012/05/21/span-langglbanca-publica-nonspan/0003_201205G21P13993.htm
domingo, 20 de maio de 2012
Banca pública galega-Entrevistas en GC e ECG
Por que a banca pública é unha opción de futuro. Banca ética, profesional, ao servizo dos aforradores e da economía produtiva. E de paso gañar soberanía, reducir espazos de especulación e camiñar cara a desglobalización.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/10487.html
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/banca-publica-galega-non-posibilidade-algo-necesario-decataremos-axina/idEdicion-2012-05-20/idNoticia-746936/
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/10487.html
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/banca-publica-galega-non-posibilidade-algo-necesario-decataremos-axina/idEdicion-2012-05-20/idNoticia-746936/
sábado, 19 de maio de 2012
Paz Andrade e a actual marxinación financeira de Galiza
Con grande lucidez,
Valentín Paz Andrade definiu como “nó gordiano” do noso desenvolvemento o
problema financeiro, o investimento e o aforro. Na súa brillante e actual obra La marginación de Galicia Paz Andrade
considera que o noso problema non está do lado dos recursos e dos factores
humanos, porque “Galicia atopará vantaxes do lado dos seus factores inmanentes”;
o problema está en que Galiza foi “quedando á marxe, ou participando escasamente
nos grandes despregues financeiros que comandan os núcleos favorecidos pola
polarización do poder económico, o oligopolio da enerxía e a transmigración do
aforro”.
sábado, 28 de abril de 2012
Banca Pública Galega (I): crise financeira e banca pública no mundo
UNHA ALTERNATIVA GALEGA Á REFORMA DO SISTEMA FINANCEIRO ESPAÑOL
A NECESIDADE REDEFINIR O SISTEMA FINANCEIRO GALEGO E A CREACIÓN
DUNHA BANCA PÚBLICA
Banca Pública Galega (II): a proposta do BNG
II.3. ALTERNATIVA PARA REDEFINIR O SISTEMA FINANCEIRO GALEGO: A BANCA PÚBLICA E NOVA CAIXA DE AFORROS
II.3.1. Marco legal da banca pública na UE e no Estado Español
Como vimos existen múltiples exemplos de
bancos públicos en Europa e máis concretamente dentro da Unión Monetaria. Máis
alá das preferencias ou opcións políticas imperantes o certo é que non hai
ningún impedimento legal e xurídico a nivel comunitario para a existencia ou
creación de entidades financeiras públicas.
quarta-feira, 26 de outubro de 2011
Caixas: o prezo do silencio
Por fin esta semana tivemos algunha
“información” sobre as idemnizacións e xubilacións dalgúns dos exdirectivos de
Caixa Galicia e Caixa Nova. Xa puidemos comprobar a indignación e a ira que
esas cifras escandalosas provocan nunha poboación esgazada económica e
moralmente por unha crise interminable. O sorprendente, unha vez máis, é o
estoicismo co que a sociedade recibe tais noticias, polo menos de momento.
Aínda que poida parecer irrelevante diante da
magnitude do escandalo levantado compre sinalar tres constatacións obvias. A
primeira é que non as coñecemos por un exercicio de transparencia nin da propia
entidade, nin do Banco de España nin da Xunta de Galicia -que por imperativo
legal tiñan que coñecelas-, senón que nos chegan por filtracións en
determinados medios. A segunda é que, como consecuencia do anterior, non
sabemos se as cuantías filtradas son as reais ou aínda quedan sorpresas. E,
terceira, non sabemos das demais, tanto dos outros exdirectivos de menor rango que
tamén recibiron “premios” importantes, nin tampouco temos información dos
contratos e plans de xubilación dos que aínda seguen sendo directivos da
entidade neste momento.
sexta-feira, 21 de outubro de 2011
Caixa: espolio sen responsabilidades
Cando algúns denunciamos a estratexia bancarizadora das caixas como un espolio do país mal podiamos imaxinar que a envergadura do espolio ía ser deste calibre. Case do cento por cento. O FROB-Banco de España toma o control absoluto do novo banco NCG (93%) coa inxección de 2.465 millóns de euros, quedando a participanción da Caixa NCG tan só nun 7%. Iso é o resultado dunha valoración do capital da NCG por un 10,56% do seu valor contable (1.714 millóns).
A patria, a rúa e as institucións
Non é preciso ser un avezado economista para comprender que Galiza afronta un escenario económico particularmente incerto, como corresponde a un momento de cambios profundos. Pero non é esa a principal ameaza que pendura sobre o noso futuro.
O auténtico motivo de preocupación é a ausencia de estratexia para facer fronte á situación ou, peor aínda, a cada vez máis clara evidencia de que as institucións están a sufrir un esvaecemento acelerado das competencias e capacidades para dar resposta aos retos que como sociedade temos diante.
O auténtico motivo de preocupación é a ausencia de estratexia para facer fronte á situación ou, peor aínda, a cada vez máis clara evidencia de que as institucións están a sufrir un esvaecemento acelerado das competencias e capacidades para dar resposta aos retos que como sociedade temos diante.
Derradeira elexía polas Caixas
Cando un está diante dun paso irreversible do alcance que significa entregar –ou que entreguen por nós– unha entidade financeira cuxos activos equivalen a 1,5 veces o PIB de Galiza, con máis de 2,5 millóns de clientes, 23.250 pemes, 140.000 microempresas, 132.000 autónomos, participando no capital dunhas 250 empresas... Non se pode máis que sentir unha profunda sensación que mestura vertixe, decepción e carraxe a partes iguais.
Galiza non se pode abster
Xa coñecemos o peso da folla da guillotina coa que se vai decapitar a caixa coa que nos quedamos despois de que ataran man con man as dúas que tiñamos coa promesa de que era para unilas: 2.622 quilos de euros. Se acepta un cambio de sexo, de caixa a banco, entón poden rebaixar o peso até 1.527.
Cada vez somos máis os que percibimos que o proceso de desmantelamento das caixas é unha das decisións de maior alcance político e económico da última década, despois da entrada no euro. Éo nun duplo sentido: é un punto de inflexión no modelo territorial-autonómico e no modelo socio-financeiro.
Cada vez somos máis os que percibimos que o proceso de desmantelamento das caixas é unha das decisións de maior alcance político e económico da última década, despois da entrada no euro. Éo nun duplo sentido: é un punto de inflexión no modelo territorial-autonómico e no modelo socio-financeiro.
Para que serve a autonomía?
Son moitas as cousas que están a acontecer que obrigan a repensar o que deu de si o sistema autonómico ou quizais de xeito máis dramático que é o que queda del, da súa letra e das súas promesas. Non o digo unicamente polo feito de que a dereita estea desatada no seu ataque ás autonomías como expresión da desvertebración de España, do dispendio insostible e da inviabilidade do Estado. Non o digo polo feito de que a dereita que nunca se apeou dunha idea cerrilmente centralista e cateta de España se destape agora con toda a radicalidade que verbaliza Aznar e todo o seu inmenso coro.
Subscrever:
Mensagens (Atom)